Paradoxos do populismo

Un dos problemas do discurso populista é que, dende o seu interior, non é posible situar socialmente a ningún movemento que use esta linguaxe. Podería dicirse con Wittgenstein que “os límites da miña linguaxe son os límites do meu mundo”. A lóxica do significante e do pobo recorre explicitamente a unha universalidade abstracta da que esta non pode saír para particularizarse como posición na orde social. Para o populismo, en termos de Mao Zedong: “dous concílianse en Un”. Fóra do Un non hai un verdadeiro Outro, senón un residuo, un “case nada”, un 1% ou unha casta, cando non se trata de realidades por definición invisibles como a conspiración financeira ou a “sinarquía” cara ao xeneral Perón e ao mariscal Pétain. Seguir lendo

A crenza neoliberal / Manuel Garí

“Os tipos de agora non son financeiros, senón alquimistas, moi a miúdo charlatáns”. (Amparao Estrada e outros, Que facemos coa política económica)

1. O grao de decisión co que os capitalistas e os seus economistas, avogados, políticos, publicistas e capataces toman decisións que levan á miseria a millóns de seres humanos non é mera consecuencia da súa avaricia, senón que require unhas relacións sociais que o permitan, un ordenamento xurídico que o ampare e un cadro de pensamento que o xustifique. Hai avaricia? Si. Hai corrupción? Si. Pero ambas poden darse e desbocar porque o sistema económico as sustenta e alenta. E ese sistema require dun corpus de ideas e valores que o lexitime, polo menos ante os ollos do propio 1%, e do 9% que se beneficia como servidor e fiel gardián, e, se é posíbel, engane ao maior número de persoas do restante 90% da sociedade. Seguir lendo

Entrevista a Daniel Bensaïd: Actualidade do marxismo

Imaxe

Respostas de Daniel Bensaïd ás preguntas de mozos militantes da organización política marxista Vpered, tras o seu congreso levado a cabo en Moscú en novembro de 2006.

Vpered: Que partes da herdanza marxista pertencen claramente ao pasado, e cales che parece que conservan hoxe en día a vixencia de sempre ?

Daniel Bensaid: Gustaríame comezar por matizar ou precisar a idea mesma de herdanza. Non hai unha herdanza, senón moitas: un marxismo “ortodoxo” (de Estado ou de Partido) e marxismos “heterodoxos”; un marxismo cientifista (ou positivista) e un marxismo crítico (ou dialéctico); ou mellor aínda, o que o filósofo Ernst Bloch chamou as “correntes frías” e as “correntes cálidas” do marxismo. Non se trata de simples diferenzas de lecturas ou interpretacións, senón máis ben de discursos teóricos que, en ocasións, sustentan políticas antagónicas. Como a miúdo insistía Jacques Derrida, unha herdanza non é un ben que pode ser transmitido ou conservado. É o que fan con ela, así como o que farán, os herdeiros. Seguir lendo

O desafío catalán e o medo á democracia / Jaime Pastor

ImageSe xa desde polo menos o estoupido da crise sistémica en 2008 e a irrupción do 15M en 2011 estamos vivindo a crecente perda de credibilidade do relato dominante en torno ao “proxecto europeo” e, con el, da mitificada Transición española, é agora cando estamos comprobando as dificultades para traspasar o limiar necesario que axude a demostrar que é posíbel un proxecto alternativo e ilusionante tanto a escala europea como do Estado español. Seguir lendo

Enerxías fósiles: os xigantes do sector exercen persión sobre os sindicatos

Imaxe

A prensa fixo eco da noticia: os presidentes dunha decena de empresas enerxéticas europeas esixen a fin dos subsidios para as… enerxías renovábeis. Declarárono publicamente nunha conferencia de prensa que tivo lugar a comezos de outubro. A francesa GDF-Suez, as alemás EON e RWE, as españolas Gas Natural Fenosa e Iberdrola, as italianas ENI e Enel, a neerlandesa Gas Terra e a sueca Vattenfallt representan aproximadamente a metade da capacidade instalada no conxunto da Unión. No nome de todas elas, Gérard Mestrallet, presidente de GDF-Suez, declarou: “Temos que reducir o ritmo ao que Europa instala parques eólicos e paneis solares. Isto é hoxe por hoxe insostible”. Seguir lendo

Dereito penal do inimigo ou estado de excepción permanente | Manuel A. Fortes

xuss[Artigo do noso compañeiro Manuel A. Fortes publicado en Praza Pública]

1, Dereito penal do inimigo

Con este tipo de Dereito Penal o lexislador non trata ou se refire aos cidadáns, senón que ameaza aos seus inimigos, aos que así considera, castigando os seus delictos con penas draconianas, recortando as garantías procesuais e ampliando as posibilidades de sancionar condutas moi afastadas da lesión dun ben xurídico[Pie de página]; deste modo, estase a lexitimar a creación dun Dereito policial no que rexe, non a evitación de resultados lesivos, senón a persecución da condición do autor, da “maldade” dos inimigos do ordenamento xurídico[Pie de página]. Así pois, articúlase a noción do Dereito penal do inimigo como unha categoría do Dereito que considera inimigo a todo aquel que fuxiu, ou se entende que fixo tal cousa, que se sitúa ben apartado, e de modo duradeiro, non circunstancial ou accidental, do Dereito, fronte a quen a sociedade reacciona, até o extremo de contrapoñer un Dereito para cidadáns e un Dereito para inimigos. Seguir lendo

Desvío ao líder | Miguel Romero

miguel romero1. A soada sentenza de Warren Buffet, “Claro que hai loita de clases. Pero é a miña clase, a dos ricos, a que empezou esta loita. E imos gañando”, expresa moi claramente quen ten a iniciativa e quen vai gañando. Pero, quen son, quen somos, os que imos perdendo? A dificultade para atopar unha expresión (“os de abaixo”, “o 99%”, “o pobo”…) capaz de facer que se recoñeza a toda esa maioría social, con identidades sociais fragmentadas (“clases medias” que non queren recoñecer o seu declive, traballadores activos, a maioría deles baixo o temor ao despedimento, parados, pensionistas, precarios…), con escalas de ingresos que van dende os que aínda son “consumidores solventes”, pero menos que onte e máis que mañá, ata quen están no bordo ou caeron xa no pozo da pobreza… reflícte un problema político fundamental, en realidade o problema político fundamental: a desarticulación social e política da maioría, que é o que en última instancia explica que “vaian gañando”.
Seguir lendo

Pensións: un novo golpe de man | Manuel Garí

7-bragard-latil_big

En escasas horas o debate político sobre o sistema público de pensións reanimouse, caeron as caretas dos sabios e o sofisticado veo dos cálculos actuariais resultou ser un kleenex usado. Esa foi a única e gran virtude que ha ter o Informe do Comité de Expertos sobre o factor de sostenibilidade das pensións públicas encargado polo goberno do PP en consonancia co previsto na Lei 27/2011 (era pre Rajoy, final de época Zapatero). Seguir lendo

Formas “redes” e formas “partidos” | Pierre Rousset e Samuel Johsua

A discusión sobre as formas de organización dos que loitan contra o sistema capitalista é antiga (ver por exemplo o debate entre Marx e Bakunin), e sempre estivo presente. Toma con todo un novo vigor baixo o impacto do fracaso do “vello” movemento obreiro para cambiar o mundo, das iniciativas orixinais do movemento altermundialista do último decenio (e antes, dos debates que acompañaron aos combates zapatistas) e tamén da afirmación do individuo como figura social central. No momento en que un novo partido anticapitalista está en vías de creación, non é sorprendente que todos estes debates tomen un novo vigor. Seguir lendo