EAG: “aprender e recuperar Outubro, fóra de dogmas e mitos”

060a[Publicamos a entrevista que nos fixeron as compañeiras de contrapoder.info co gallo do aniversario da Revolución de Outubro. Na súa web podedes ver as respostas de outras organizacións ás mesmas preguntas.]

1 – O 7 de novembro cúmprense 96 anos da Revolución de Outubro que deu orixe á primeira experiencia de Estado operario estendida no tempo. Que significa esta data para vós como organización? Marcou a Revolución de Outubro a historia da humanidade tan decisivamente como se ten dito?

Outubro fica como unha data chave na historia da empancipación e organización das masas de oprimidas e oprimidos, da súa capacidade de acción colectiva e consciente para tomar o poder e organizar as súas vidas de xeito colectivo. A pesar da dexeneración burocrática posterior e transformación da Revolución na ditadura staliniana, provocada por múltiples factores (principalmente o illamento que sufre polas derrotas revolucionarias no continente), abriu a fiestra a unha época na que a clase traballadora tivo na súa man cambiar o mundo de base. Aínda que como dicía Daniel Bensaïd, as experiencias emancipatorias saíron gravemente feridas do século XX, aprender e recuperar Outubro, da súa vitoria e da súa dexeneración, fóra de dogmas e mitos, é fundamental para as e os que queremos cambiar o mundo de base no século XXI. Seguir lendo

Advertisements

Esquerda Anticapitalista: QUEN SOMOS

Comunicado post-congresual:

1) No II Congreso de Izquierda Anticapitalista o 82% da militancia aprobou as teses presentadas pola dirección saínte. Izquierda Anticapitalista abandona a forma xurídica de partido adoptando a forma legal de asociación, apostando por construír un movemento anticapitalista.

cropped-10358558_1408150529483598_3821729787987962451_n.png 2) Non nos disolvemos: mutamos. Pasamos a denominarnos movemento “Anticapitalistas”.

3) Seguimos apostando por construír Podemos como cando o fundamos xunto con outros compañeiros e compañeiras; un instrumento electoral útil para a maioría social traballadora, que ten como obxectivo ser a ferrame
nta que permita construír un goberno ó servizo d@s de abaixo, con moitos máis actores políticos e sociais. “Anticapitalistas” ten como obxectivo contribuir a esa victoria.

 4) Non é suficiente gañar las eleccións para conquistar o poder. Por iso traballamos por un programa rupturista coas políticas das elites económicas e políticas que nos gobernan, coa tarefa de repartir a riqueza entre @s que a crean. A creación dun poder popular e o fortalecemento de movementos sociais autónomos é fundamental para “Anticapitalistas” e imprescindible para botar ás elites: auto-organización dende abaixo, transferencia do poder de facer e decidir a institucións formadas pola xente.

5) Esquerda Anticapitalista Galega, como organización confederada dentro de Izquierda Anticapitalista, cambia o seu nome polo de “Anticapitalistas Galiza”, mantendo a súa total soberanía e o seu compromiso político e financeiro coas actividades, a liña estratéxica e a orientación politica de “Anticapitalistas”.