Cara á apertura de procesos constituíntes pola ruptura democrática 

Dende Anticapitalistas Galiza saudamos a presentación do preacordo político entre Anova, EU e Podemos Galiza como un primeiro paso cara á converxencia dos actores políticos e sociais que apostan por unha creba democrática do réxime do 78, e como continuación necesaria do proceso aberto o 24 de maio a través das mareas cidadás, coa vista posta na apertura dun novo escenario de oportunidades que poida concretarse na creación dun espazo novo, plural e dinámico que ilusione e vaia máis alá dunha suma de siglas que se limite a a plantexar a desputa só no terreo electoral. Este novo espazo ten que estar caracterizado pola horizontalidade, por permitir e fomentar a participación masiva da cidadanía e pola súa permanente apertura e reapropiación. Seguir lendo

Advertisements

Declaración de ANTICAPITALISTAS tras o 24M

Na rúa e nas urnas:

Impulsar e organizar a UNIDADE POPULAR

1.- O escenario político tras as eleccións Municipais e Autonómicas do 24 de maio iniciou un cambio que pode ser irreversíbel. Un cambio que non é todo o que desexaramos pero que se levou por diante gran parte do poder político e institucional do PP. Máis de dous millóns e medio de votos e numerosos gobernos autonómicos e municipais é o que se deixa polo camiño, o máis fiel representante das clases dominantes. A dereita política de ámbito estatal, o PP, experimenta un amplio descrédito e unha grave crise interna nas portas dunhas eleccións xerais. De xeito máis limitado tamén CiU experimentou un duro revés. Por otra banda, irrumpeu con forza limitada un novo partido de ámbitocropped-10358558_1408150529483598_3821729787987962451_n.png estatal, Ciudadanos, que se ofreceu como “rexenerador” político da política neoliberal. Soamente o PNV e Coalición Canaria manteñen o melloran as súas posicións. Pero en termos xerais podemos afirmar que a dereita política entrou nunha fase de crise e recomposición nun marco no que o balance electoral indica que o voto xirou á esquerda, rompendo a tendencia anterior.

Pola súa parte, o outro gran partido sobre o que se sostén o bipartidismo necesario do Réxime do 78, o PSOE, perdeu máis de setecentos mil votos e se sitúa nos niveis máis baixos da súa historia. É tal o descrédito dos vellos partidos que, perder menos que o outro, xa o consideran coma unha victoria. O PSOE poderá gobernar onde ate o de agora non o facía, pero a cambio, terá que dar un xiro de 180 grados ás súas políticas de colaboración co PP e os poderes financieiros.

Seguir lendo

Comunicado urxente de Anticapitalistas sobre as eleccións do 24 M

Estas eleccións amosan que algo cambiou xa. A derrota histórica do Partido Popular é unha impugnación contundente ás políticas de recortes de dereitos, de democracia, unha aucropped-10358558_1408150529483598_3821729787987962451_n.pngténtica labazada ás políticas que levaron á maioría social traballadora a unha situación de empobrecemento continuo mentres as elites se enriquecían. É natural porque o electorado está composto maioritariamente pola xente que xera todos os días riqueza co seu traballo e que sufriu a crise. Hai un avance fundamental nestas eleccións: a consolidación de ferramentas políticas como as Candidaturas de Unidade Popular e Podemos, a través das cales a xente se puido expresar. O mandato popular é claro: botar ao PP de todas as institucións sen permitir que o PSOE articule un recambio superficial.

O mapa non obstante, é complexo. As particularidades territoriais demostran que o Estado Español, dada a súa natureza plurinacional, é un territorio multiforme, a nivel social, cultural e político e que iso se expresa tamén nos resultados electorais. Non obstante, podemos resaltar unha lección de calado que se reflicte nos resultados de Madrid, Barcelona, Cádiz, Coruña ou Compostela A implantación territorial, a superioridade da organización dende abaixo sobre maquinarias meramente electorais. Isto permitiunos plantar cara á dereita e conquistar posicións importantes para as clases populares.

Agora é o momento de abrir un debate masivo e democrático no movemento popular para gañar as eleccións xerais que veñen. Necesitamos seguir expandindo e organizando a marea de cambio, con asembleas abertas en todos os rincóns do Estado. A unidade popular, unha ruptura radical coa lóxica de xestionar a austeridade, unha aposta clara por facer participar á xente en todas as decisións que están por vir, incluída a política de pactos, son o camiño para gañar.

Seguimos. Irrumpimos nas urnas, agora toca implantarnos en todos os rincóns da sociedade.

Dada a importancia da situación que se abriu e da profundidade dos cambios que están por vir, ao longo desta semana sacaremos análises máis detalladas sobre resultados e perspectivas. 24 horas do 24 de maio de 2015.

8 DE MARZO: SEN FEMINISMO NON HAI CAMBIO

O 8 de marzo, día internacional da muller, é unha xornada combativa e reivindicativa. Unha data idónea para pór o foco de atención nas opresións sufridas polas mulleres e a desigualdade do sistema no que estamos inmersas. É un día de loita feminista.femi


Este 8 de marzo dende Anticapitalistas queremos lembrar que a crise segue afectando de forma específica ás mulleres, que seguen sendo responsábeis de soster mediante enormes cantidades de traballo de coidados non remunerado un sistema que sen nós e o noso labor reprodutivo tería as horas contadas. Nós seguimos reali
zando os traballos menos valorados socialmente, ocupando as posicións máis precarias no mercado laboral e facéndonos cargo de forma invisíbel do sostemento da vida. En definitiva o traballo das mulleres é infravalorado e, como demostran as estatísticas, máis flexíbel e precario. As políticas de austeridade impostas por uns poucos tradúcense en recortes en servizos públicos e prestacións sociais, paro, desafiuzamentos e pobreza para a maioría. Fronte ao retroceso do Estado do Benestar pídese aos fogares que se fagan cargo de forma privada do que debería ser unha responsabilidade social: atender as necesidades básicas da poboación, garantir unha vida digna ás persoas dependentes, asegurar a escolarización en centros públicos para os nosos nenos e nenas, garantir comedores sociais, etc. O que tería que ser atendido por políticas públicas acaba recaendo, unha vez máis, sobre as mulleres no ámbito privado. Seguir lendo

VENCEU SYRIZA, PERDEU O MEDO [Comunicado]

O 25 de xaneiro de 2015 abriu unha nova etapa política en Grecia. A victoria electoral de Syriza cun amplísimo marxe, non deixa dúbidas sobre os profundos cambios que se teñen vivido e que poden chegar a producirse nos próximos anos no sur de Europa. Anticapitalistas celebra xunto co pobo grego a victoria de Syriza, sendo conscientes de que se trata dunha victoria inestábel, chea de dificultades e desafíos e, nun escenario internacional donde a correlación de forzas segue a ser favorábel ás forzas reaccionarias do neoliberalismo.
1.- Non pode explicarse o éxito de Syriza ó marxe do sucedido nos últimos cinco anos. Grecia foi vapuleada e saqueada pola Troika pero, a diferenza doutros países, a resposta do pobo e as clases traballadoras foitsipras constante. Trinta folgas xerais, experiencias numerosas de control de empresas e hospitais; autogxestión social na asistencia ós desfavorecidos… O triunfo de Syriza o 25 de xaneiro é froito deste proceso de mobilizacións sociais que botou ó goberno de Nova Democracia e curtou o paso da chegada ó poder do novo fascismo.
2.- Syriza representa unha esquerda non vinculada á socialdemocracia internacional; por iso a súa chegada ao goberno ten relevancia e levantou tantas expectativas. As mesmas que no seu día levantaron os eurocomunistas de Enrico Berlinguer en Italia ou a chegada ao poder da Unidade Popular en Chile na década dos setenta. Agora falta saber se todas esas expectativas non se verán fustradas a consecuencia das presións e o acoso que van recibir, tanto por parte das institucións supranacionais como o FMI, Banco Mundial e BCE, coma tamén dos Mercados internacionais que intentarán crear un clima de inestabilidade política e social.
3.- Fronte a todo tipo de presións por parte dos Mercados Financeiros, Anticapitalistas, sempre se situará ao lado das forzas sociais emancipadoras, dos traballadores e da propia Syriza. Para iso impulsaremos e participaremos da solidariedade internacional co pobo grego e cos seus representantes libremente elixidos. Respectaremos a súa vontade e o dereito lexítimo a decidir sobre os seus compromisos en materia económica e moi particularmente, o aprazamento, restructuración ou non pagamento da débeda aos bancos e toda a armazón baseada na especulación financeira.
4.- Pero o mellor xeito de frear o acoso dos Mercados e a Troika é afondar -e non parar- a “revolución” que supón a chegada de Syriza ao poder. O programa co que conquistou unha maioría social deberá poñerse en marcha o antes posible: medidas de urxencia social, rematar coa corrupción ou reverter as desigualdades sociais a favor dos desocupados, os traballadores e as clases medias pauperizadas. Pero para que o Goberno de Alexis Txipras poida poñelo en marcha, deberá vencer enormes resistencias e iso será máis facil afianzando, afondando e desenvolvendo a mobilización social, a auto-organización e as experiencias autoxestionarias que actuaron de acicate para a vitoria.
5.- Sen extrapolar a experiencia de Grecia ao Estado español faise evidente que existen coincidencias e diferenzas. Non nos deteremos nelas, senón en resaltar a oportunidade histórica e ilusionante que se está a abrir para millóns de traballadores, xente nova e afectados pola gran crise social. Non obstante, da mesma forma que os gregos fixeron os seus “deberes”, nós debemos facer os nosos: mantendo o pulso da mobilización social e sumando forzas ao cambio político necesario que se abrirá ao longo do 2015 coa celebración de eleccións á case totalidade das nosas institucións políticas. O reto aquí non é outro que rematar co goberno das elites políticas e económicas que representan o PP, PSOE, CiU e PNV como partidos do IBEX 35.
6.- Grecia é hoxe o laboratorio central do conflito social e político a escala europea. Todas as miradas se centran aí. Os esforzos do capitalismo internacional concéntranse en derrotar, dobregar ou humillar a Syriza. Se Syriza perde, perdemos todos; se Syriza gaña, gañamos as forzas sociais e políticas empeñadas en construír unha sociedade europea e internacional máis xusta, igual e solidaria.
7.- Menten os que din que Grecia lle debe aos “españois” 36.000 millóns de euros. Non é o pobo, senón os Bancos os que queren cobrar un diñeiro prestado baixo uns intereses e nunhas condicións de usura e espolio inadmisibles. Os traballadores do Estado español non facemos causa común cos “nosos” Bancos, senón coas vítimas das súas políticas. As clases traballadoras e populares de todo o Sur de Europa estamos dando pasos para crear lazos de solidariedade. Para avanzar espazos de traballo común de novas forzas políticas como Syriza e Podemos.
8.- Dende Anticapitalistas somos conscientes de que a chegada ao goberno de Syriza é un gran paso. Pero soamente un paso. E hai medidas como o pacto con Gregos Independentes e a exclusión de mulleres do gabinete ministerial que non entendemos. Pero os principais retos, perigos e desafíos están aínda por chegar. A historia ensínanos que non é o mesmo chegar ao goberno que tomar o poder. Hoxe, como todos e todas sabemos, o verdadeiro poder reside -cada vez máis- nunhas elites que gobernan o mundo. Queda un longo camiño por andar. A loita entra agora nun escenario máis difícil.
Non seremos alleos a este. Estaremos como sempre, ao lado dos e das de abaixo. Co pobo de Grecia. Cos traballadores e as traballadoras. Na nova etapa que se abriu o 25 de xaneiro.

Xaneiro, 2015

Marchas da Dignidade: Tod@s a Madrid o 22 de marzo

Imaxe

Dende o 1 ata o 22 de marzo, milleiros de persoas están a marchar por todo o estado contra o pagamento da débeda, polos dereitos sociais e contra a represión. Culminará así unha iniciativa de acción que pretende mobilizar a centenares de miles de persoas e ser un impulso na conciencia de millóns máis, cunha mensaxe clara: non te lamentes, mobilízate. As Marchas pretenden tamén visibilizar o drama do paro, dos desafiuzamentos, da emigración xuvenil, dos despedimentos… intentando incorporar a acción aos diferentes sectores en loita. A iniciativa persegue ademáis dar un protagonismo especial ás diferentes redes de acción e denuncia das persoas paradas. Seguir lendo

Declaración 8 de marzo de Esquerda Anticapitalista Galega

1524906_426778350781887_329092455_nEste 8 de marzo non nos felicitedes, porque estamos fartas. Porque o 8 de marzo é un día de celebración, pero hoxe máis que nunca é fundamentalmente un día de loita. As mulleres traballadoras, as que traballamos por un salario e as que traballamos coidando de balde, non imos tolerar que nos digan como debemos vivir as nosas vidas, que nos impoñan a súa forma de ser “verdadeiras mulleres”, que nos neguen os dereitos sociais e económicos básicos, que nos insulten por vivir a nosa sexualidade libremente. Seguir lendo

Ante a nova reforma da lei do aborto

1524906_426778350781887_329092455_nO NOSO CORPO, A NOSA DECISIÓN

Volvemos ter que explicar onde se sitúa o debate. De novo a Igrexa e os sectores máis conservadores volven sinalar a aquelas que facemos uso da nosa liberdade, criminalizándonos. Non se trata de cando empeza a vida. Para iso, a ciencia ten máis que dicir que a Igrexa.

Eles non defenden a vida. Non se preocupan das mulleres que morren por abortos clandestinos, daquelas que non poden permitirse quedar embarazadas por non ter traballo, nin do dereito á educación, á sanidade, a unha vivenda, a unha vida digna, dos que estamos no mundo. Calan fronte ás políticas de austeridade e de desmantelamento das conquistas sociais. Non é a vida o que lles preocupa: é o control do corpo da muller, da súa capacidade de reprodución. Trátase da posta en cuestión da capacidade de decisión das mulleres sobre o seu corpo e a súa sexualidade, da recuperación dos roles tradicionais nos que a muller ha de ser submisa, da imposición dun modelo de sexualidade ligado á reprodución, reducindo a sexualidade á heterosexual.

NON QUEREMOS VOLVER ATRÁS, TAMPOUCO CONTINUAR COMO ATA AGORA

Mentres o PP nos ameaza cunha nova lei, proposta dende o Ministerio de Xustiza e non polo de Sanidade, que eliminaría as 14 semanas de aborto libre e establecería un sistema de supostos, máis restritivo que o da lei anterior, do 85, encontrámonos nunha situación de despenalización parcial do aborto. O PSOE deu algúns pasos pero non se atreveu a plantarse fronte á presión da Igrexa nin rompeu coa lóxica de privatización. Seguir lendo

Ante a represión da manifestación contra a LOMCE en Vigo

20131120_133342Ante a represión da manifestación contra a LOMCE en Vigo de hoxe, que rematou coa detención de varias e varios estudantes, queremos salientar:

-Expresamos toda a nosa solidariedade coas detidas e detidos e pedimos a súa inmediata liberación.

-A policía, a súa actitude arrogante a as sucesivas cargas foron as principais responsábeis da violencia que se deu na manifestación, lembremos, na que participaban na súa meirande parte estudantes de instituto e bacharelato que sufriron porrazos e detencións, todo iso nun contexto de aumento da criminalización das protestas e da violencia policial.

-Lamentamos a actitude do Sindicato de Estudantes durante a manifestación, erixíndose como garante do orde nela impedíndolle o paso á asemblea de institutos polo túnel de Praza dos Cabalos co seu servizo de orde, e enfrontándose as compañeiras e compañeiros dos primeiros detidos namentres estes se encaraban coa policía, levando ata o final a manifestación e a parte dos manifestantes e deixando a correlación de forzas das que quedaban sentadas ou esixindo a liberación dos detidos de fronte a policía seriamente danada.

-Cremos que as diversas organizacións da cidade, asembleas e colectivos sociais deberían convocar unha concentración en solidariedade coas detidas e unha asemblea co obxectivo de demostrarlles que non están sós e continuar a loita en defensa dos dereitos de todas e todos. Tamén contribuiría a construír espazos democráticos en oposición a estruturas burocráticas que só tratan de preservarse.
Estudantes de Esquerda Anticapitalista.