Defender os nosos dereitos e liberdades fronte ao Réxime Mordaza

Asistimos nos últimos meses a un máis que evidente xiro autoritario no Estado español. Os casos de persecución política e ideolóxica sucédense a distintos niveis e contra diferentes expresións da disidencia social e política. Multas, detencións, procesos penais, encarceramentos preventivos ou investigacións policiais e xudiciais son os diversos mecanismos que o Estado e seus diferentes aparatos está empregando para impor un Estado de persecución e de excepción encuberto que supón a liquidación efectiva de dereitos e liberdades.

O procesamento de rapeiros, tuiteiros, sindicalistas (incluíndo o ataque ás “caixas de resistencia” do sindicato ELA), activistas sociais de diferentes loitas, o caso dos mozos de Altasua ou os casos dos presos políticos cataláns e a aplicación dun “dereito penal do inimigo” que xa ata xustifica, sen ningún pudor, encarceramentos por motivacións ideolóxicas ou do contexto político mostra ata qué punto esta deriva autoritaria é xa máis que unha simple ameaza. Xa non é só a acumulación de casos individuais, senón que responde a cuestións diferentes. Tratase, por tanto, dun ataque global ás liberdades e os dereitos democráticos básicos que busca atacar a todos aqueles sectores que expoñemos un modelo social e político diferente ao das elites e as súas institucións. As que se enchen a boca de “réxime de liberdades” e separación de poderes son as que están, na práctica, asumindo a liquidación dalgúns preceptos democráticos elementais. Na liquidación destes dereitos á protesta, á crítica e á liberdade de expresión o PP non está só. Non só conta coa amigable complicidade da maioría dun aparato xudicial de extrema dereita, senón que tamén está contando co apoio ou a pasividade de C’s e PSOE.

A aplicación da Lei Mordaza xoga, neste sentido, un papel fundamental para tratar de anular a disidencia e a protesta social. A aplicación indiscriminada de multas a activistas está sendo unha lousa para a actividade de denuncia dos movementos sociais e un intento claro, por parte do Estado, de anular calquera tipo de práctica contestataria e desobedente. Derogar dita lei é cada vez máis urxente. As que sabemos que só coa desobediencia poderemos cambiar de verdade as cousas e arrancar novas vitorias non podemos permitir que se impoña esta política de criminalización, de recorte de dereitos e liberdades e que, en última instancia, o medo se impoña tamén entre os movementos e as organizacións sociais.

Dende Anticapitalistas Galiza queremos trasladar nosa máis intensa solidariedade a todas aquelas persoas, colectivos e movementos que enfrontan neste momento proceso xudiciais, multas ou, directamente, penas de cárcere. Cremos que fronte a este xiro represivo toca responder de forma unitaria e masiva nas rúas e combater tamén no terreo das ideas esta ola de ataque á liberdade de expresión e ao dereito a protesta. Non só están en xogo os dereitos de agora, seón as nosas mesmas posibilidades para enfrontar os moitos combates que aínda están por vir.

 

LIBERDADE PRESXS POLÍTICXS

DEROGACIÓN LEI MORDAZA

STOP CRIMINALIZACIÓN DA PROTESTA

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s