Comunicado de Anticapitalistas ante o Día Internacional contra as violencias machistas

25N Yo tambien lucho contra el machismo GAL

90 son as mulleres e nenas que caen sobre as nosas costas no que levamos de ano. A punta do iceberg de todo a armazón de violencias que sufrimos día a día, como vimos este ano con Juana Rivas ou o caso de San Fermíns. Violencias institucionais, xudiciais, sexuais, físicas. Tanto nas rúas e nas aulas, como nos centros de traballo ou no fogar. Un machismo que se alía co racismo, coa LGTBIfóbia, coa explotación para manternos na súa orde en todas as esferas da nosa vida.

O 25 de Novembro non é só un día de conmemoración, é un día de loita, un día en que visibilizamos todas as resistencias cotiás que tece o feminismo ante as violencias machistas. Para as mulleres, cada día é 25N, cada día respondemos ao acoso, a que se nos poña en cuestión, a que nos tenten silenciar. Pero sobre todo, cada día é 25N, por que cada día somos máis as mulleres organizadas, aquí e en todo o mundo.

O movemento feminista foi motor de transformacións históricas, é dende aí de onde hai que abordar as insuficiencias do «pacto de estado»: unha lei que parta da elaboración, esixencias e dinamismo do movemento. O movemento feminista hoxe con toda a súa amplitude e diversidade é a peza crave para millóns de mulleres en todo o mundo. Lugar común de apoio mutuo, prácticas transformadoras e acción colectiva. Deas dos protocolos en festas organizados polo movemento, ata a visibilización da nosa historia e herdanzas. Lugar común que pon en valor todas as tarefas e actividade que levamos a cabo as mulleres, un dique á infravaloración que sufrimos na sociedade.

Por iso, este 25N debe ser un pistoletazo de saída para organizar a folga xeral do próximo 8 de marzo. Unha folga que o movemento xa empezou a construír e que debe pór sobre a mesa que se nós, as que somos violentadas, humilladas, infravaloradas, nós as que sostemos a crise, as condicións de vida, a precariedade… que se nós queremos, paramos o mundo.

Por que nos vai a vida nelo, eu tamén loito.

Advertisements