Comunicado de Anticapitalistas ante a situación en Catalunya

1- O 27 de outubro, cumprindo o mandato do referendo do 1O no que
participaron máis de 2 millóns de persoas a pesar da represión policial, o
Parlament de Catalunya proclamou a República Catalana. Nunha España cunha
monarquía sucesora directa do ditador Franco, unha República que abre un
proceso constituínte é sen dúbida unha proposta que rompe co réxime do 78,
cos seus consensos políticos e cunha orde constitucional ao servizo das elites.
Esta proclamación prodúcese nun contexto de ameazas constantes para aplicar
o 155 e darlle unha saída autoritaria a un conflito que ten que ter unha saída
eminentemente política e democrática. De feito, nos últimos días chegouse a
ameazar coa aplicación do 155 pasara o que pasara, fixésese o que se fixese.
Chamamos a rexeitar a aplicación do artigo 155 e a súa defensa democrática,
pacífica e desobediente da vontade do pobo catalán e o seu dereito a decidir.
2- É importante, nestes tempos de exacerbación das pasións patrióticas,
definir correctamente os responsables dos feitos. O Partido Popular, esporeado
por Ciudadanos, co apoio do PSOE e a presión dos aparatos do Estado, tiña
decidido aplicar o artigo 155 da Constitución. O obxectivo desta medida non foi
outra que imposibilitar un diálogo entre Catalunya e o resto do Estado,
criminalizando ao pobo catalán, negándose a abrir a solución do referendo
pactado e xustificando o uso da forza para solucionar un problema político.
Unha medida irresponsable, que busca reorganizar a unidade do Estado en
base a relacións autoritarias.
3- Somos conscientes de que se abren moitas incógnitas e incertezas.
Narcotizar ao pobo con eslóganes fáciles é propio dunha concepción da política
que elude o debate democrático e que se considera protagonista dunha historia
que en realidade protagoniza a xente común. A nova República Catalana
enfróntase a retos internos que non pode pasar por alto, nun país no que un
sector importante da poboación non se sinte representado polo
independentismo. O primeiro reto do proceso é traballar por suturar esa
división, integrando aos sectores populares non independentistas no seu
proxecto de país, evitando un desagarro social que só beneficia ás forzas
reaccionarias, mentres organiza un movemento capaz de resistir á represión
do Estado. O proceso constituínte debe servir para ir nesa dirección,
integrando demandas das clases populares que van máis alá do tema nacional,
que poñan as cuestións sociais no centro e que democraticen radicalmente
Catalunya.
4- No Estado Español, vivimos unha ondada de reacción complexa. Moita xente,
incluída xente de esquerdas, síntese ferida e desgarrada ante os feitos de
Catalunya. Se ben é certo que boa parte deste sentimento é canalizado por
unha reacción catalanofóbica, herdeira dos peores sentimentos do franquismo,
cando non pola expresión violenta da extrema dereita nas rúas, hai un amplo
sector da poboación que observa con honesta preocupación o que acontece en
Catalunya e que aposta polo diálogo e a negociación, pola volta da política.
Dende o noso punto de vista, o que está en xogo fundamentalmente é a
posibilidade da xente de decidir o seu futuro. Se o pobo catalán sufre unha
derrota e é esmagado polo PP e os seus cómplices, cando un territorio, un
concello, unha comunidade, ou un sector social decida decidir con vontade
sobre calquera asunto, será esmagado coa mesma lóxica coa que hoxe o PP e
o Estado busca esmagar a Catalunya. Este é o asunto central, que vai máis alá
do tema nacional e que pon no centro a cuestión da soberanía popular: é a
xente a que ten dereito a decidir, esa é a base da democracia, e a lei debe
estar ao servizo da democracia e non ao revés.
Por outra parte, hai outras solucións e formas de relación entre pobos que
superan as tradicionalmente impostas no Estado Español. A estratexia de abrir
procesos constituíntes ten como idea central compoñer un proxecto de
sociedade protagonizado polas clases traballadoras e populares, polas mulleres,
polas migrantes, por todas as persoas que non teñen hoxe o poder político e
económico pero que son as imprescindibles. Máis tamén pode ser un método
para resolver os problemas históricos do Estado Español no terreo nacional,
unha forma de rearticular as relacións entre os pobos en igualdade, onde
dende o respecto ao dereito a decidir e aos seus resultados, procúrese
reconstruír as pontes de unión que a actual relación impositiva e autoritaria do
estado central dinamita, creando formas de cooperación e diálogo entre a
xente de abaixo para construír unha sociedade alternativa á das elites políticas
e económicas. Unha oportunidade para construír un novo marco de convivencia
fraterna que nos permita aspirar, non só recuperar, senón tamén a conquistar
novos dereitos sociais e democráticos para as clases populares.
5- Sabemos que a nosa é unha posición difícil nun contexto como este. Por iso,
parécenos fundamental debater, dialogar entre as diferentes posicións
democráticas, pero tamén opoñerse á involución autoritaria que planea o
Estado coa escusa (podería ser calquera outra) da cuestión catalana. Defender
ao pobo catalán que vai a sufrir a aplicación brutal do 155 non é defender só
aos independentistas, se non tamén estar xunto a ese 80% da poboación que
dende Catalunya leva reclamando un referendo e unha saída democrática as
súas demandas e a o outro 20% que vai a perder o seu autogoberno. É
defender a posibilidade dunha saída democrática fronte ás imposicións do
Estado. É o momento de (re)iniciar a construción paciente dun proxecto que
supere o réxime do 78, capaz de construír relacións fraternas entre os
diferentes pobos do Estado Español. As elites mostráronse incapaces de
resolver os problemas do Estado Español; hoxe máis que nunca, urxe
recuperar o protagonismo da política para as de abaixo

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s