Queiman Galiza, lumes nunca máis.

A terrible vaga de incendios que asolou Galiza este domingo amosou varias cuestións que cómpre sinalar, así coma aos seus responsables.

  1. A desaparición da Xunta e do Estado. Ante a ausencia de medios para facer fronte aos incendios, as veciñas e veciños tiveron que autoorganizarse para cubrir as evidentes carencias en tarefas de extinción, formando cadeas solidarias, reténs e equipos sen apenas medios. Sen ese esforzo solidario hoxe poderiamos falar dunha traxedia de dimensións insoportables, polo que o primeiro recoñecemento ten que ser cara ó pobo galego que soubo estar a máis altura que os seus gobernantes.
  1. A incompetencia da Xunta e do goberno do Estado á hora de informar, de coordinar e, en suma, de facer fronte ás tarefas ás que en teoría están obrigados: salvagardar vidas, infraestruturas, vivendas e o medio natural. Non é a primeira vez que nos atopamos ante unha situación deste tipo, polo que non poden evadir responsabilidades e botar balóns fóra. Mentres o noso País arde polos catro costados, boa parte dos efectivos de seguridade, Policía Nacional, Guardia Civil e Exército, están destinados en Catalunya ou nas súas inmediacións. Isto é o Estado na súa forma máis acabada: un instrumento ao servizo dos intereses das clases dominantes pero incapaz de cumplir as súas obligacións co pobo. Para rescatar á banca e invertir en represión nunca hai ningún problema: para protexer a nosa terra, sempre hai excusas lamentables e recortes.
  1. A nefasta política de prevención e extinción de incendios que leva anos practicando o Partido Popular, privatizando os servizos de extinción, concedendo contratos a dedo a empresas con vínculos con altos cargos da Xunta (coma cos avións e helicópteros), precarizando aos traballadores e traballadoras públicos , facendo da extinción do lume un negocio para os seus amigos. Unha parte moi importante do dispositivo público contraincendios foi despedido a pesares de que se coñecía o altísimo risco ao que se enfrontaba Galiza coas condicións metereolóxicas destas semanas. Por desgraza, onte amosouse unha vez máis que os recortes custan vidas.
  1. O modelo forestal depredador herdeiro do réxime franquista e practicado polos seus herdeiros, que eucaliptiza os montes, deixa á súa sorte os montes en man común e privilexia os usos forestais e enerxéticos fronte a unha explotación sostible que respete o medio natural e poña o acento no comunal. O medio rural está abandonado e só importa cando chegan as citas electorais coma caladeiro de votos.

Hoxe toca lamentar as vítimas, solidarizarse coas que perderon as súas casas, laiarse da catástrofe que reduciu a cinzas espazos moi valiosos do noso patriomonio natural que tardarán ducias de anos en recuperarse. Pero tamén toca erguer unha marea de dignidade, de raiba e de mobilización popular contra os responsables desta catástrofe, que teñen nomes e apelidos concretos. Son as estruturas do poder político e económico as responsables de que Galiza viva nunha catástrofe ecolóxica permanente. Hoxa estamos orgullos@s da nosa xente, da xente traballadora que fai que a vida funcione día a día e que é quen salvou e coidou unha vez máis a nosa terra, as nosas ciudades e as nosas vilas.

Dicímolo claramente. Estamos fart@s de que isto se repita unha e outra vez sen consecuencias para os responsables. Endexamáis esqueceremos, endexamáis perdoaremos.

Urxe recuperar Galiza para a xente traballadora, os de arriba continuarán a saqueala e destrozala. Lumes nunca máis!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s