Comunicado de apoio ás detidas en relación á manifestación do CSOA Escarnio e Maldizer

Ante a detención de 9 persoas en Compostela, A Coruña e Ourense en relación coa manifestación de apoio ao Centro Social Escarnio e Maldizer, dende Anticapitalistas Galiza queremos denunciar a brutal campaña de criminalización que están a vivir as activistas sociais e manifestar a nosa solidariedade coas detidas.

Estamos a asistir a unha ofensiva en toda regra que ten como obxectivo os movementos de cuestionamento do réxime e que persigue desacreditar calquera alternativa ao sistema vixente. En primeiro lugar, o despexo do Centro Social Escarnio e Maldizer, que estaba a desenvolver unha importante labor cultural e social recuperando un inmoble histórico compostelán. Ese mesmo día, o ataque das forzas policiais contra unha manifestación que se estaba a desenvolver pacificamente. O sábado 10, cunha cidade tomada polos efectivos antidisturbios, as cargas violentas contra unha manifestación totalmente pacífica en apoio ao centro desaloxado. E hoxe atopámonos coa detención nos seus domicilios de persoas que participaron na primeira manifestación polo simple feito de ter estado participando nela, tras o anuncio feito polo delegado do goberno en Galicia, de que se estaba a fichar activistas e que se ían tomar represalias masivas contra as manifestantes. Mentres, os medios de comunicación principais aplauden a actuación policial e acusan aos okupas e as defensores dos centros sociais de toda caste de maldades.

Esta ofensiva non é casual, non se trata de feitos illados, existen obvios condicionantes políticos que cómpre denunciar. Existen claras orientacións dende o PP para estender o medo e reprimir calquera atisbo de custionamento da propiedade, calquera alternativa as súa ofensiva desposuidora contra as de abaixo. Nesta estratexia de criminalización dos movementos sociais e da mocidade se pode ver unha clara converxencia entre o PP, as forzas policiais, algúns medios de comunicación e a fiscalía. Uns apuntan e outros golpean. Uns dirixen e outros difaman. Uns sinalan e outros deteñen. Non poden consentir que se poñan na práctica outros modelos de propiedade, nin que saian a rúa persoas que defendan o carácter social da propiedade urbana. E nesa estratexia de sementar o medo e o caos, teñen tamén un obxectivo: as cidades rebeldes que formulan outra forma de gobernar. As elites, doídas por perderen fai dous anos institucións que consideraban a súa propiedade particular a mans de movementos cidadáns xurdidos dende abaixo. Non é casual que coincidindo coa vaga de detencións, o PP saque hoxe un folleto contra o que chaman “concellos radicais”.

Por iso, fronte a estratexia do medo, tenso que estender a estratexia da solidariedade, apoiarnos mutuamente todas as que queremos mudalo todo, vencellar centros sociais, movementos sociais e activismo solidario.. Defender o noso, defender eses pequenos espazos que arrancamos ao dominio dos de sempre, defender e impulsar as alternativas que plantexen outro modelo de cidade tamén nas institucións, interactuando mutuamente cun interese prioritario, a defensa do común.

Quérennos caladas e amordazadas, quérennos en soidade, terannos en común e organizadas. Multipliquemos resistencias.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s