Comunicado de Revolta Global-EA ante o anuncio de data e pregunta do referendo.

1.- O goberno anunciou data e pregunta para o referendo: 1 de outubro, “Queredes que Cataluña sexa un Estado independente en forma de república? “. Noticia que supón un paso máis para materializar o referendo. Mentres, o goberno central do PP segue negándose a unha demanda democrática e como xa declarou noutras ocasións non permitirá que se poida realizar, un pulso para o conxunto do soberanismo e as forzas do cambio a escala estatal.

2.- O anuncio de data e pregunta de referendo pon de feito en cuestión o carácter plebiscitario  das eleccións do 27S. Unhas plebiscitarias  orquestradas por Artur Mas nunha chantaxe ao conxunto do soberanismo para aferrarse ao poder e que permitiron reeditar un goberno encabezado por unha Convergencia (agora PDEcat) cunha crise histórica de apoios. Unha lexislatura onde todo (casos de corrupción, partidas sociais, orzamentos, etc.) quedaba supeditado a manter a estabilidade do goberno para avanzar na cuestión nacional. O 27S buscaba o plebiscito que a mesma Convergència non se atreveu a realizar ata as últimas consecuencias o 9N, pero unhas eleccións non podían substituír un referendo e así foi.

3.- Non son poucas as desconfianzas cara ao goberno en canto á celebración do referendo. O anuncio de data e pregunta materializa parte da convocatoria, pero son moitas as voces que reclaman acabar coa opacidade en que se están a levar a cabo os preparativos. Unha desconfianza avalada pola experiencia do 9N e o feito que Convergència a última hora rebaixase o seu carácter a unha mera consulta. A oposición do goberno español xa se manifestou estes meses, mantivo a estratexia de xudicialización e todo indica que continuará nesta lóxica para impedir a súa celebración. Pero, o goberno non pode permitirse como no 2014 rebaixar o carácter do referendo no último momento por unha prohibición do Tribunal Constitucional. Neste choque dirímese o carácter do referendo e a súa realización. A súa resolución dependerá da presión que reciba o goberno para non botarse atrás. Hai que esixir ao goberno de Cataluña que, contrariamente ao 9N de 2014, vaia ata o final na celebración do referendo. As forzas políticas que apoian á convocatoria e as entidades soberanistas teñen unha responsabilidade decisiva ao presionar para que, desta si, se vaia ata o final.

4.- Catalunya en Comú e Podemos fixeron unha defensa en todo o Estado dun referendo pactado e foi un elemento irrenunciábel para levar a cabo un goberno alternativo ao PP. Un feito histórico que se topou co bloqueo dos partidos do réxime inamovíbeis. O feito de que as forzas do cambio en Catalunya non tivesen un rol máis central na organización do referendo mingua a súa celebración e o seu grao de participación. Compartimos as desconfianzas cara ao Goberno, por iso consideramos que tanto Catalunya en Comú como Podemos teñen que implicarse activamente na campaña en favor do referendo, os preparativos para levalo a cabo e as accións de desobediencia e mobilización contra os intentos do Estado para paralo.

5.- Como organización entendemos a fraternidade e a unilateralidade como dúas caras da mesma moeda, onde a unilateralidade é o que forzou que actores estatais asuman esta reivindicación, onde a fraternidade nos permite avanzar na crise de réxime e xerar alianzas. Ante o bloqueo do PP, Cs e PSOE a aposta por un referendo desobediente aparece como a única posibilidade de garantir a soberanía de Catalunya e como unha aposta completamente lexítima. Preparar á poboación catalá para un choque co réxime é unha das tarefas crave para que o referendo gañe lexitimidade e mesmo para a súa propia celebración. Só a presión popular pode facer fronte á campaña represiva e de ameazas que se vivirá por parte do bloque do réxime. Só esta presión pode asegurar que non haxa marcha atrás de última hora.

6.- O referendo é un paso máis e supón cumprir o mandato popular nacido despois do 11S de 2012, pero se máis aló deste exercicio democrático queremos avanzar cara a un cambio de modelo económico e social a apertura dun proceso constituínte en Catalunya radicalmente democrático que poida materializar a vontade das maiorías sociais catalás é un horizonte ao cal non podemos renunciar. O debate sobre a independencia ten que ir moito máis alá e pór sobre a mesa a necesidade de recuperar as soberanías democráticas en todas as esferas da vida social e económica. Un obxectivo que pasa por abrir marcos que materialicen en todas as esferas da sociedade esta autodeterminación. Pero se queremos outra Catalunya haberá que construír un proxecto de país que faga fronte á crise socioeconómica e materialice efectivamente esta soberanía isto pasa por reorganizar ás clases populares de Catalunya, un obxectivo que é inconxugábel co PDEcat da corrupción, dos recortes, do si ao decreto da estiba e ao TTIP.

7.- O desenlace deste episodio será decisivo para o futuro político de Catalunya e do Estado español e polos equilibrios políticos dentro de Catalunya. Revolta Global- Esquerra Anticapitalista apoiamos a celebración dun referendo desobediente para facer efectivo o dereito á autodeterminación, pola conquista das soberanías, para profundar a crise de réxime e facemos un chamamento a participar activamente dende agora mesmo.

http://www.revoltaglobal.cat/spip.php?article7022

3279039900_73f2a46ce7_b

 

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s