1º de maio. Organizar o conflito

pescanova

Dende a Revolta de Haymarket de 1886, o 1 de maio non é unha data calquera para a clase traballadora. Historicamente foi un día para a conmemoración, para recordar un pasado de loitas, de dereitos arrincados, pero tamén para visibilizar a nosa clase e revindicar os dereitos por conquistar. Porque, a pesar da fragmentación, dos ataques, das derrotas, a clase traballadora segue a ocupar o papel central no proceso de produción: sen nós, non se move o mundo. E por moito que o pretendan agochar, a nosa clase móvese e segue a dar batallas día a día, dende a loita das traballadoras de Pescanova contra a precarización até a loita de Ferrovial contra a segregación. A nivel global atopamos a folga xeral de Brasil e as mobilizacións masivas en China e India. É nesas loitas onde se constrúe forza, onde se desenvolven organización e conciencia.

Sen embargo, nunha realidade laboral cada vez máis desestruturada, con masas de precarias sen apenas dereitos laborais, e illadas en moitas ocasións, onde a folga aparece algunhas veces como un recurso limitado, é preciso acadar novas formas de conflito, como amosaron a PAH e o seu xeito de exercer sindicalismo social construíndo comunidade por enriba dos marcos tradicionais, das diferenzas corporativas, da delimitación entre traballadora e parada, con respostas imaxinativas como foron os escraches. Reconstruír as relacións perdidas e superar o sindicalismo de concertación o único horizonte para agregar forzas e xerar a nosa propia institucionalidade, dende o cotiá até os grandes obxectivos.

Galiza está a vivir con especial intensidade o proceso de degradación das condicións laborais. Esténdese como unha praga a subcontratación, mentres que os novos empregos que se xeran son de baixa calidade e se amplía a fenda salarial entre homes e mulleres. As políticas da Xunta, alumnas aventaxadas da austeridade de Rajoy, contribúen a agudizar estes desequilibrios. Negros neboeiros amosan no horizonte, caracterizado por unha ausencia de expectativas, ante a cal a maioría da mocidade vése obrigada a ter que elexir entre un traballo precario ou ben abandonar Galiza. Porén, o pasado está inzado de exemplos de conciencia, determinación e dignidade, dende a loita de Ferrol e Vigo no 72 ata as máis recentes mobilizacións do naval ou o telemarketing, que amosan que a clase faise camiñando, que os dereitos peléxanse. Só organizando o conflito, artellando espazos comúns, superando fragmentacións, conseguiremos facer valer os nosos dereitos e poderemos comezar a camiñar de cara a mudalo todo de base

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s