A crise das refuxiadas e a Europa Fortaleza

As políticas neoliberais e as intervencións dos Estados occidentais están a empurrar a milleiros de persoas a abandonar as súas casas e a soportar unhas condicións de vida onde nin sequera as súas necesidades básicas están cubertas.

O espolio de recursos, os intereses xeoestratéxicos ou os acordos de libre comercio xeran fame, empobrecemento, guerras e éxodos. A UE e os seus Estados membros non poden mirar para outro lado cando chaman á súa porta as consecuencias das súas inxerencias externas.

As cifras de acollida son irrisorias. Salvo contadas excepcións, a UE e os seus Estados membros non están a facer os deberes en materia de acollida de solicitantes de asilo.

Hai diñeiro para rescatar a bancos e para construír custosos portaavións, pero se nos vende como imposible destinar unha ínfima porción deses fondos a rescatar persoas.

Escapen dun tipo de guerra ou doutro, teñan dereito recoñecido ou non ao asilo, só unha administración criminal podería engaiolar a persoas, mallar a familias enteiras e cortar o paso a menores de idade con concertinas e campos de internamento.

Por toda Europa xorden brotes de odio racial. Racismo e peche de fronteiras, unha vella pantasma europea que volve chamar ás nosas portas ante a inacción de quen nos gobernan. O fundamentalismo de mercado e o nacionalismo xenófobo alíanse para reforzar unha Europa fortaleza chea de fronteiras que segrega os Dereitos Humanos dos intereses do capital transnacional. Muros que non mostran outra cousa máis que o medo de quen os levantan.
Pero non hai aramados, pelotas de goma nin murallas que freen as ansias de vivir con dignidade afastados da pobreza e dos fanatismos, chámense islamita ou neonazi. E o mellor perforador desas barreiras chámase internacionalismo solidario.

A solidariedade exprésase mobilizándonos, como na histórica manifestación de Barcelona do 18 de febreiro co berro unánime de “Queremos acoller” e tamén nos milleiros de voluntarias que acudiron aos campamentos de refuxiadas para axudar a atender as súas necesidades máis básicas.

Unha desas persoas voluntarias, Víctor de la Fuente, coordinador do proxecto de cooperación de Pangea Solidaria e que traballou no campo de refuxiadas de Katsikas (Grecia) nos traerá a súa experiencia internacionalista, a testemuña dunha Europa sen barreiras capaz de estender conciencia por enriba dos valados.

“A crise das refuxiadas e a Europa Fortaleza”

Venres 31 de marzo ás 20.00 no Café de Catro a Catro (Rúa Girona 16)

Presenta Iria Vázquez, profesora da Universidade de Vigo e experta en movementos migratorios.

refugiadosredes

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s