ANTICAPITALISTAS ANTE O ESCENARIO POLÍTICO

Tras o fracaso das dúas sesións de investidura de Pedro Sánchez, dende Anticapitalistas cremos que toca activar unha nova dinámica política e social. Ambas votacións demostraron que as únicas maiorías que parecen aritmeticamente factíbeis son dúas: ou ben un goberno de coalición entre as forzas das élites e pro-austeridade, ou ben un xiro do PSOE cara un goberno de novo tipo que busque unha coalición ampla con Podemos,coa neutralidade dos partidos políticos nacionalistas cataláns e vascos.

Porén, tras o regresivo acordo entre PSOE e C’s e a actual correlación de forzas
parlamentarias, consideramos politicamente estéril seguir emplazando ao PSOE para formar un “goberno forte polo cambio”. A insistencia da dirección do PSOE en partir do seu acordo con C’s como documento base para a negociación con outras forzas políticas invalida, de facto, a conformación dun goberno transformador e de conquista de dereitos para a maioría traballadora. Dende Anticapitalistas consideramos que, dende xa,é mais oportuno asumir que hoxe non é posíbel ese goberno alternativo ao da “Gran Coalición”. O PSOE quedou retratado nas últimas semanas: non pode ser o aliado fiábel para un proceso de cambio profundo nas estruturas sociais e económicas que require o momento actual. A súa lealdade está coa Troika, coas políticas económicas neoliberais e continuistas, e coa restauración dun réxime político esgotado. O proceso de cambio aberto polo 15M é un proceso vivo, que encerra dificultades e retrocesos. Non avanza sen loita e non pode nunca subalternizarse á lóxica da “redución de expectativas”. Non chegamos tan lonxe para conformarnos cun “mal menor” que só suporía un “mal maior”: a asimilación do bloque do cambio pola lóxica xestionaria do “non se pode”.
Continuar afondando na idea dun “goberno de cambio” da man do PSOE xera unhas
esperanzas infundadas e podería fomentar falsas ilusións. Así, no marco do acordo PSOE-C’s, que agora pode ampliarse ao PP, só hai dúas saídas: ou gran coalición ou novas eleccións. En ambos casos, Podemos debe prepararse para organizar a resposta e estar nas mellores condicións de afrontar ambas saídas. E, sobre todo,  o discurso do “cambio” terá que ser moito mais nítido e claro se queremos desbaratar o “recambio” en marcha, ou ben facer fronte ao novo goberno que poida xurdir da operación en marcha para a formación dunha“Gran Coalición”.
Estas posíbeis novas eleccións deberían ser entendidas, precisamente, baixo un obxetivo: acumular social e eleitoralmente a forza necesaria para desbordar os proxectos de reforma do réxime en curso e, desta forma, situar no centro do debate político o horizonte duns procesos constituíntes e a democratización da economía (derogación da reforma laboral, socialización dos sectores estratéxicos como a banca ou as eléctricas,introdución de formas de control por parte dos traballadores nas empresas, renda básica) que poidan culminar nun pacto confederal entre pobos e que avance cara a unha nova configuración institucional onde o poder sexa exercido cada vez mais dende abaixo.
En Anticapitalistas cremos que o reto que temos por diante as forzas do “bloque do
cambio” e inmenso. Por un lado, correspóndenos agora intensificar unha dinámica de
impugnación destituinte ante unha eventual “gran coalición”. Por outro lado, toca
prepararse para evitar o peche do ciclo político aberto dende o 15M. Isto significa seguir ampliando o campo social e político das forzas do cambio. En definitiva: temos que prepararnos para estar mellor situados ante un escenario que vai estar cheo de riscos pero tamén de posibilidades para quen promovemos a ruptura co Réxime do ’78 e o marco do totalitarismo austeritario.
Nese sentido, a gran coalición que preparan as elites, as oligarquías e as institucións europeas pode artellarse sobre a pasividade social facilitando unha dinámica política restauracionista. Ante este risco, consideramos que só unha nova dinámica de mobilización pode alterar a actual dinámica política. Una dinámica que está orientada a xerar unha sensación de estabilidade no marco dunha economía que, lonxe da cacarexada recuperación, segue xerando paro, pobreza e precariedade. Fronte a iso, as forzas do cambio deberiamos promover unha gran coalición social que busque seguir desordenando o escenario social e político.
En definitiva, en Anticapitalistas consideramos que toca xa cambiar de fase. Iso pasa, dun lado, por deixar de interpelar a un PSOE incapaz de romper coas elites e o neoliberalismo. E, doutro, por desplegar unha dinámica alternativa a das elites que aumente a base social do bloque do cambio organizando ás clases populares. Mentres os partidos do Réxime constrúen a súa gran coalición, as forzas do cambio, dende a nosa diversidade, temos que avanzar na construcción dun bloque social capaz de tomar a dirección do Estado, para que nunca máis goberne o capital.