Nin “rexeneración” nin resignación. Sí, podemos.

As vindeiras eleccións xerais serán unha batalla decisiva. Está claro que van a ser os peores resultados do bipartidismo na sua historia e que entrarán novos partidos ao Parlamento. Pero o resultado non é indiferente: o que nos estamos xogando é unha auto-reforma do réxime por arriba ou a posibilidade de abrir un proceso de cambio dende unha relación de forzas máis favorable. Para Anticapitalistas isto se traduce no seguinte: que o resultado do bipartidismo e do seu apéndice rexenerador Ciudadanos sexa o peor posible, combinado con que os resultados obtidos por Podemos e otras candidaturas como a unitaria en Galiza ou a impulsada por Ada Colau en Catalunya sexan bos. Isto abriría a posibilidade de socavar o férreo control da situación que veñen mantendo o PP  e o PSOE no terreo parlamentario-institucional que consolidou un réxime político, o nacido coa Constitución do 1978, baseado na defensa dos intereses patronais, a limitación das liberdades e dereitos democráticos, a imposición centralista frente ás nacionalidades e, dende o comezo da crise do 2008, no autoritarismo e os recortes democráticos. Desestabilizar esta situación pode significar maiores oportunidades para construir alternativas reais ás políticas austeritarias e tamén para lograr conquistas concretas a través da loita.

Pero isto non vai a ser doado. Existen importantes dificultades. O réxime pasou á ofensiva, co grupo Prisa convertido no portavoz oficial do pacto PSOE-Ciudadanos, dun centrismo rexenerador que busca integrar os anhelos de cambio sen ruptura das clases medias e á vez, fixar os parámetros do debate político en términos de moderación. Somos conscientes de que non xogamos sos e que os nosos desexos van a atopar unha gran resistencia dende a oligarquía económica e o conservadurismo ideolóxico que aniña nos principais partidos. E o Ibex 35 tamén fai as suas apostas políticas para estas eleccións. A política, en definitiva, non é mera retórica discursiva, é a organización do enfrentamento e o conflicto entre intereses antagónicos.

Outra dificultade é o refluxo da movilización social durante o derradeiro período, que dificulta a ampliación do bloque social e político que aposta polo cambio. O 15M abriu a posibilidade do cambio precisamente porque, a través da mobilización, novos sectores maduraron e practicaron a idea de que “sí se pode”: sen esa acción coletiva, viva, a política tende a convertirse en algo estático, sen movemento. E cando iso ocurre, quen leva vantaxe son os de sempre.

Por iso entendemos que esta campaña debe orientarse a poñer en movemento as vontades e ansias de cambio. Necesitamos un tipo de campaña que recupere a dimensión de movemento que impulsou a Podemos na súa primeira fase. Comprobamos como as candidaturas de unidade popular nas eleccións municipais supuxeron un novo alento para a participación e a ilusión que deron pe a novos axentes políticos. Sen embargo, ata o momento, parece que a orientación da dirección de Podemos no sigue este camiño nin nas pasadas eleccións para o Parlament de Catalunya nin na preparación das eleccións xerais. Nin no modelo de conformación de listas, nin na necesaria apertura cara o social e outros sectores de clase, nin na elaboración do programa a partires da deliberación coletiva democrática dos círculos, nin tampouco nun modelo de confluencia que xerou desconcerto e desazón. Pero aínda estamos a tempo.

O anuncio de Barcelona en Comú de impulsar unha candidatura catalá para as eleccións xerais ou o acordo unitario en Galiza son moi boas novas que amplían e fortalecen a conformación dun suxeito electoral potente. En Anticapitalistas sempre apostamos por abrir procesos amplios para colaborar cos diferentes proxectos municipalistas ou con aquelas organizacións como ANOVA que responden a unha realidade nacional propia. É fundamental que isto se concrete en mecanismos democráticos e de participación amplos que prefiguren un espazo, unha ferramenta de loita política que vaia máis alá do electoral. As eleccións, hoxe máis que nunca, son un medio pero non son o fin do camiño da emancipación. A experiencia grega mostra os límites ao cambio que establecen as actuais institucións. Ou os recentes sucesos en Portugal e o golpe de Estado parlamentario da dereita mostran como o conflito segue operando máis alá dos resultados electorais. O chamamento de Jeremy Corbyn a construir un movimento social e popular forte trala súa vitoria nas primarias do Partido Laborista amosa que hai tamén sectores da esquerda europea que asumen que necesitamos algo máis que aparatos para afrontar o combate contra a austeridade. É na disputa política (en todas as súas dimensións) e na loita social onde se segue dirimindo a loita de clases.

Podemos, o noso referente electoral, enfróntase a un reto clave nestas eleccións. É público que Anticapitalistas non estamos dacordo co xiro ao centro operado pola dirección de Podemos, coa sua moderación, coas súas renuncias programáticas e cun modelo organizativo moi pouco democrático e claramente anti-pluralista. Tampouco cunha dinámica de extensión que non tivo en conta a necesidade de implantarse no territorial, na clase traballadora, para construir un partido-movemento que se nutra e nutra o conflito social. Falamos claro e traballamos sen medir esforzos polo mellor resultado electoral para Podemos. Precisamente porque hai cousas que se fixeron mal e debilitaron a ilusión e as expectativas, é preciso sinalar as solucións antes das eleccións cando a dirección de Podemos aínda pode reorientar a mensaxe e a campaña.

Despois das eleccións seguiremos traballando para que esta perspectiva se convirta en hexemónica, pois cremos que é unha tarefa que sigue vixente. Pero tamén pensamos que unha derrota de Podemos é a derrota de tod@s. Os balances colectivos  teremos que facelos coletiva e abertamente despois das eleccións, a través de mecanismos democráticos e pluralistas. Pero o que queremos destacar agora é que un mal resultado de Podemos alimentaría a idea de que “non se pode”, de que o cambio é imposible, de que ao final, os de sempre sempre gañan. Por iso Anticapitalistas chamamos a organizar unha gran mobilización electoral en torno a Podemos e ao resto de candidaturas antes mencionadas, non só votando, senón participando e levando a idea de que hay que botar ao bipartidismo e impedir que suba Ciudadanos en todos os rincóns.

Aínda que as elites estean intentando pechar en falso este ciclo político, temos puntos onde apoiarnos e batallas que dar. O proceso soberanista catalán mantén aberta unha demanda democrático-popular que o réxime é incapaz de satisfacer e que tod@ @s que cremos nunha democracia real debemos apoiar esixindo o dereito a decidir mediante a celebración dun referendo vinculante do pobo catalán que inclúa a posibilidade da independencia sen trabas para así poder redefinir en liberdade e dende a igualdade a futura relación que desexa establecer co resto de pobos. E segue pendente quitarnos de enrriba a losa das políticas austeritarias. Se avanza Podemos, ábrese a posibilidade de cambiar o rumbo da política gubernamental e dar batalla na UE por un xiro de cento oitenta grads respecto ao Tratado de Maastricht e ao Pacto de Estabilidade, sempre e cando ese avance vaia acompañado de procesos de auto-organización popular e del fortalecemento da idea de que a única forma de aplicar estas políticas é a través da ruptura cas elites e os seus poderes constituídos. Se gañan PP, PSOE ou C’S, a troika tendrá garantizada a aplicación dos dez mil millóns de euros en recortes que xa anunciou a Comisión Europea.

Pase o que pase, teremos que prepararnos para mobilizarnos na rúa e fomentar novas formas de auto-organización dende abaixo e impulsar loitas contra unha austeridade e unha crise da que só se están librando as elites económicas e políticas a costa da miseria das traballadoras e os traballadores. Por iso, votar e apoiar a Podemos, ao proxecto proposto por Barcelona en Comú ou á candidatura unitaria en Galiza é a mellor opción para prepararnos para gañar posicións, abrir a posibilidade de conquistar dereitos sociais e democráticos e manter viva a opción de seguir organizando a ruptura. Neste sentido, a aposta de Podemos debe ser a de promover a inestabilidade. A maior inestabilidade maiores posibilidades de seguir abrindo brecha nunha crise de Réxime que non vai a estar aberta indefinidamente. É na estabilidade onde as élites se sinten cómodas. De gañar o PP, PSOE e Cs existe o risco de voltar ao pantano que coñecimos ata 2011. É na inestabilidade, aberta polo 15M, onde os e as de abaixo temos oportunidades para avanzar posicións a través da mobilización e o conflito.

Estas eleccións construímos cambio, ao día seguinte, pase o que pase, continuamos o combate por unha ruptura democrática, ecoloxista, socialista e feminista no Estado español e en Europa.

Anticapitalistas, 30 de outubro do 2015

http://www.anticapitalistas.org

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s