Sexamos proTRANSgonistas das nosas vidas: basta de paternalismos e de enfermarnos

12047063_949561568434484_2805089266010935479_n

Manifesto no Día Internacional pola Despatoloxización da Transexualidade.

O 24 de Outubro é o Día Internacional pola Despatoloxización da Transexualidade, clímax final dun mes cargado de actividades que as xentes trans organizadas veñen empregando para visibilizar a súa realidade concreta. A 25 anos da despatoloxización da homosexualidade, aínda segue a loita polo respecto a súa libre identidade sexual e expresión de xénero como dereito fundamental. Un reflexo cru deste estigma e marxinación son os máis de 1.700 asasinatos motivados polo odio transfóbico nos últimos seis anos, segundo o Observatorio Trans Europeo.

Dende a área LGTBI de Anticapitalistas consideramos que aínda que a agrupación de gays, lesbianas, bisexuais, transexuais e intersexuais foi unha alianza de identidade estratéxica para determinados obxectivos -como foi a loita polo matrimonio e adopción igualitarios- non sempre serviu da mesma xeito a todo o colectivo. Particularmente as persoas trans quedaron na maioría das ocasións invisibilizadas, cando non negadas e excluídas do propio colectivo LGTBI.

As loitas obreiras, feministas e as experiencias tralo motín de Stonewall en 1969 -con forte presencia trans-, corrobórannos a idea que defendemos as e os anticapitalistas: a liberación dos grupos oprimidos e explotados será obra das propias persoas oprimidas e explotadas, sen suplantar, coaptar ou relegar a súa loita a outras loitas consideradas “superiores” ou “principais”. Por iso creemos imprescindibles as loitas autónomas e coordinadas de tódolos suxeitos que transitan polos marxes deste sistema patriarcal, binario e normativo. Dende Anticapitalistas entendemos a autonomía trans como unha ferramenta de encontro e confianza deste activismo, de maduración e empoderamiento político para entrar en primeira persoa do plural na esfera pública, facendo escoitar as súas reivindicacións cunha gramática política propia.
Sendo unha loita institucional, política, social, cultural e simbólica, reivindicamos:

1- Despatoloxización oficial xa, pero tamén real. Esiximos que as instancias públicas, xudiciais, gubernamentais e médicas pronúnciense contra a patoloxización da transexualidade e garantan a igualdade real e equivalente en todos os aspectos da vida social e cotiá.

2- Libre autodeterminación de xénero, sen exames médicos ou psicolóxicos de terceiros, en tódolos ámbitos (escola, traballo, saúde, administración, residencias, etc), tanto en documentos de indentidade como en tarxetas de residencia e permisos de traballo de migrantes trans.

3- Soberanía sobre o propio corpo, acceso universal e gratuito na sanidade pública ás prestacións necesarias, en caso de solicitalas, cunha visión non normativa nin paternalista senón protagónica, non finalista senón aberta aos propios desexos de cada cal, incluíndo a posibilidade de bloqueo hormonal en adolescentes, porque existen tantas formas de transexualidade como persoas trans existen.

4- Persecución do ”bullying” transfóbico nos colexios, institutos e outros centros educativos tanto públicos, concertados e privados, así como no mundo do traballo.

5- A sexualidade non pode seguir sendo o tabú do réxime do 78. É necesario que a educación afectivo-sexual sexa materia educativa transversal nos plans de estudo, ofrecendo unha visión do corpo, a sexualidade e as relacións sexuais baseada en valores democráticos, diversos, igualitarios non etnocéntricos nin andro/hetero/cis-céntricos.

6- Contra a exclusión laboral, propoñemos unha cota de inserción laboral trans na empresa pública e grandes empresas privadas, así como a prohibición e persecución activa do despedimento por transfobia. Derrogación da reforma laboral do PP que recrudeceu o despedimento transfóbico e que equipara absentismo laboral coas baixas lexítimas dos procesos de hormonación.

7- Contra as discriminacións múltiples. Ningún colectivo sofre unha única violencia, e moito menos o noso: a transfobia se alía co machismo, racismo e a xenofobia. Hai que garantir o acceso a tódalas mulleres trans a programas contra a violencia de xénero, a trans migrantes aos mesmos recursos sanitarios que teñan trans autócton@s, e cumprir os acordos internacionais para acoller asilad@s por mor da súa identidade sexual e expresión de xénero.

Fronte ao discurso neocentralista de dereitas, creemos que a descentralización -insuficiente aínda- do poder estatal permitiu nalgunhas nacións e rexións do Estado español arrincarlle ao bipartidismo nalgunhas comunidades autónomas demandas trans moi difíciles nun ámbito estatal onde a austeridade e o recorte de dereitos son o centro de gravidade de todo “o político”. Os avances sociais e lexislativos en País Vasco, Navarra, Canarias, Andalucía e Madrid constitúen precedentes necesarios que prefiguran a posibilidade de conquistar tamén a nivel estatal unha lei integral, tan avanzada como necesaria, para o xusto recoñecemento e protección á identidade sexual e expresión de xénero de tódol@s trans dos pobos e nacións do Estado.

Queremos facer tamén unha chamada de atención fronte aos intentos das dereitas de aproveitarse discursivamente estas reivindicacións como verniz, asimilando o xa conseguido sen prespectivas de ampliar dereitos, cunha utilidade electoral, partidista e incluso cultural (contra outras) sen máis ambición nin compromiso. Un exemplo, desgraciadamente, foi a lei ”pola visibilidade e non discriminación” en Galiza, que o goberno de Núñez Feijoo baleirou de contido. Lexislar dende arriba cando non queda outra, para adiantarse a unha radicalidade maior que vai empurrando dende abaixo.
Para rematar, creemos que a destrución real do patriarcado necesita alianzas que articulen movementos autónomos sen a minorización ou invisibilización trans, sendo pedagóxicos sen perder a radicalidade. Por iso, facemos un chamamento ás persoas trans a autoorganizarse, mobilizarse e pelexar os seus dereitos en primeira persoa. É imprecindíbel a importancia de manter abertas a alianzas estratéxicas (dende o respecto á autonomía trans) co movemento feminista, o lésbico-bisexual-gay, así como coas persoas migrantes nun contexto de movilizacións máis amplas contra a ”austericidio” neoliberal que sofren con maior intensidade as personas trans.

Temos dereito a ter dereitos!

Basta de paternalismos e de enfermarnos!

Sexamos proTRANSgonistas das nosas vidas!

Área LGTBI de Anticapitalistas

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s