Ante as detencións de independentisas galegos | Comunicado

Dende Anticapitalistas-Galiza queremos amosar a nosa máis absoluta condena ás detencións de independentistas galegos, levadas a cabo ao longo da onte por todo o país, así como manifestar a nosa solidariedade con todas as persoas detidas, e as súas familias e amizades.
Somos conscientes de que esta nova vaga de represión manifesta a necesidade do Goberno do Estado español de xerar un inimigo interno que permita cohesionar en torno ao nacionalismo español a unha poboación castigada polas súas políticas de austeridade e os seus recortes, tanto de liberdades como de dereitos.
Estas detencións teñen, polo tanto, dous obxectivos: por unha banda o electoralista, no que tratan de axitar a pantasma da loita armada independentista para aminorar o desastre electoral nas próximas eleccións; por outra, continuar na liña represiva ascendente contra todo movemento crítico e de protesta, xa sexan independentistas galegos, estudantado en loita por unha educación pública, ou o movemento libertario en Catalunya.
O Réxime sigue confiado nos réditos da fantástica teoría do “entorno de Resistencia Galega” como vía de lexitimación das súas leis autoritarias e da erradicación progresiva dos dereitos democráticos máis básicos.

O independentismo non é terrorismo. Non á represión.

Advertisements

Nin “rexeneración” nin resignación. Sí, podemos.

As vindeiras eleccións xerais serán unha batalla decisiva. Está claro que van a ser os peores resultados do bipartidismo na sua historia e que entrarán novos partidos ao Parlamento. Pero o resultado non é indiferente: o que nos estamos xogando é unha auto-reforma do réxime por arriba ou a posibilidade de abrir un proceso de cambio dende unha relación de forzas máis favorable. Para Anticapitalistas isto se traduce no seguinte: que o resultado do bipartidismo e do seu apéndice rexenerador Ciudadanos sexa o peor posible, combinado con que os resultados obtidos por Podemos e otras candidaturas como a unitaria en Galiza ou a impulsada por Ada Colau en Catalunya sexan bos. Isto abriría a posibilidade de socavar o férreo control da situación que veñen mantendo o PP  e o PSOE no terreo parlamentario-institucional que consolidou un réxime político, o nacido coa Constitución do 1978, baseado na defensa dos intereses patronais, a limitación das liberdades e dereitos democráticos, a imposición centralista frente ás nacionalidades e, dende o comezo da crise do 2008, no autoritarismo e os recortes democráticos. Desestabilizar esta situación pode significar maiores oportunidades para construir alternativas reais ás políticas austeritarias e tamén para lograr conquistas concretas a través da loita.

Seguir lendo

Sexamos proTRANSgonistas das nosas vidas: basta de paternalismos e de enfermarnos

12047063_949561568434484_2805089266010935479_n

Manifesto no Día Internacional pola Despatoloxización da Transexualidade.

O 24 de Outubro é o Día Internacional pola Despatoloxización da Transexualidade, clímax final dun mes cargado de actividades que as xentes trans organizadas veñen empregando para visibilizar a súa realidade concreta. A 25 anos da despatoloxización da homosexualidade, aínda segue a loita polo respecto a súa libre identidade sexual e expresión de xénero como dereito fundamental. Un reflexo cru deste estigma e marxinación son os máis de 1.700 asasinatos motivados polo odio transfóbico nos últimos seis anos, segundo o Observatorio Trans Europeo.

Dende a área LGTBI de Anticapitalistas consideramos que aínda que a agrupación de gays, lesbianas, bisexuais, transexuais e intersexuais foi unha alianza de identidade estratéxica para determinados obxectivos -como foi a loita polo matrimonio e adopción igualitarios- non sempre serviu da mesma xeito a todo o colectivo. Particularmente as persoas trans quedaron na maioría das ocasións invisibilizadas, cando non negadas e excluídas do propio colectivo LGTBI.

As loitas obreiras, feministas e as experiencias tralo motín de Stonewall en 1969 -con forte presencia trans-, corrobórannos a idea que defendemos as e os anticapitalistas: a liberación dos grupos oprimidos e explotados será obra das propias persoas oprimidas e explotadas, sen suplantar, coaptar ou relegar a súa loita a outras loitas consideradas “superiores” ou “principais”. Por iso creemos imprescindibles as loitas autónomas e coordinadas de tódolos suxeitos que transitan polos marxes deste sistema patriarcal, binario e normativo. Dende Anticapitalistas entendemos a autonomía trans como unha ferramenta de encontro e confianza deste activismo, de maduración e empoderamiento político para entrar en primeira persoa do plural na esfera pública, facendo escoitar as súas reivindicacións cunha gramática política propia.
Sendo unha loita institucional, política, social, cultural e simbólica, reivindicamos:

1- Despatoloxización oficial xa, pero tamén real. Esiximos que as instancias públicas, xudiciais, gubernamentais e médicas pronúnciense contra a patoloxización da transexualidade e garantan a igualdade real e equivalente en todos os aspectos da vida social e cotiá.

2- Libre autodeterminación de xénero, sen exames médicos ou psicolóxicos de terceiros, en tódolos ámbitos (escola, traballo, saúde, administración, residencias, etc), tanto en documentos de indentidade como en tarxetas de residencia e permisos de traballo de migrantes trans.

3- Soberanía sobre o propio corpo, acceso universal e gratuito na sanidade pública ás prestacións necesarias, en caso de solicitalas, cunha visión non normativa nin paternalista senón protagónica, non finalista senón aberta aos propios desexos de cada cal, incluíndo a posibilidade de bloqueo hormonal en adolescentes, porque existen tantas formas de transexualidade como persoas trans existen.

4- Persecución do ”bullying” transfóbico nos colexios, institutos e outros centros educativos tanto públicos, concertados e privados, así como no mundo do traballo.

5- A sexualidade non pode seguir sendo o tabú do réxime do 78. É necesario que a educación afectivo-sexual sexa materia educativa transversal nos plans de estudo, ofrecendo unha visión do corpo, a sexualidade e as relacións sexuais baseada en valores democráticos, diversos, igualitarios non etnocéntricos nin andro/hetero/cis-céntricos.

6- Contra a exclusión laboral, propoñemos unha cota de inserción laboral trans na empresa pública e grandes empresas privadas, así como a prohibición e persecución activa do despedimento por transfobia. Derrogación da reforma laboral do PP que recrudeceu o despedimento transfóbico e que equipara absentismo laboral coas baixas lexítimas dos procesos de hormonación.

7- Contra as discriminacións múltiples. Ningún colectivo sofre unha única violencia, e moito menos o noso: a transfobia se alía co machismo, racismo e a xenofobia. Hai que garantir o acceso a tódalas mulleres trans a programas contra a violencia de xénero, a trans migrantes aos mesmos recursos sanitarios que teñan trans autócton@s, e cumprir os acordos internacionais para acoller asilad@s por mor da súa identidade sexual e expresión de xénero.

Fronte ao discurso neocentralista de dereitas, creemos que a descentralización -insuficiente aínda- do poder estatal permitiu nalgunhas nacións e rexións do Estado español arrincarlle ao bipartidismo nalgunhas comunidades autónomas demandas trans moi difíciles nun ámbito estatal onde a austeridade e o recorte de dereitos son o centro de gravidade de todo “o político”. Os avances sociais e lexislativos en País Vasco, Navarra, Canarias, Andalucía e Madrid constitúen precedentes necesarios que prefiguran a posibilidade de conquistar tamén a nivel estatal unha lei integral, tan avanzada como necesaria, para o xusto recoñecemento e protección á identidade sexual e expresión de xénero de tódol@s trans dos pobos e nacións do Estado.

Queremos facer tamén unha chamada de atención fronte aos intentos das dereitas de aproveitarse discursivamente estas reivindicacións como verniz, asimilando o xa conseguido sen prespectivas de ampliar dereitos, cunha utilidade electoral, partidista e incluso cultural (contra outras) sen máis ambición nin compromiso. Un exemplo, desgraciadamente, foi a lei ”pola visibilidade e non discriminación” en Galiza, que o goberno de Núñez Feijoo baleirou de contido. Lexislar dende arriba cando non queda outra, para adiantarse a unha radicalidade maior que vai empurrando dende abaixo.
Para rematar, creemos que a destrución real do patriarcado necesita alianzas que articulen movementos autónomos sen a minorización ou invisibilización trans, sendo pedagóxicos sen perder a radicalidade. Por iso, facemos un chamamento ás persoas trans a autoorganizarse, mobilizarse e pelexar os seus dereitos en primeira persoa. É imprecindíbel a importancia de manter abertas a alianzas estratéxicas (dende o respecto á autonomía trans) co movemento feminista, o lésbico-bisexual-gay, así como coas persoas migrantes nun contexto de movilizacións máis amplas contra a ”austericidio” neoliberal que sofren con maior intensidade as personas trans.

Temos dereito a ter dereitos!

Basta de paternalismos e de enfermarnos!

Sexamos proTRANSgonistas das nosas vidas!

Área LGTBI de Anticapitalistas

Cara á apertura de procesos constituíntes pola ruptura democrática 

Dende Anticapitalistas Galiza saudamos a presentación do preacordo político entre Anova, EU e Podemos Galiza como un primeiro paso cara á converxencia dos actores políticos e sociais que apostan por unha creba democrática do réxime do 78, e como continuación necesaria do proceso aberto o 24 de maio a través das mareas cidadás, coa vista posta na apertura dun novo escenario de oportunidades que poida concretarse na creación dun espazo novo, plural e dinámico que ilusione e vaia máis alá dunha suma de siglas que se limite a a plantexar a desputa só no terreo electoral. Este novo espazo ten que estar caracterizado pola horizontalidade, por permitir e fomentar a participación masiva da cidadanía e pola súa permanente apertura e reapropiación. Seguir lendo

Despois do 27-S: de cara a seguir construíndo un bloque pola creba. Comunicado de Revolta Global-Esquerra Anticapitalista

revolta

1.As eleccións do pasado 27 de Setembro, caracterizadas por unha elevada participación, foron dominadas claramente pola lóxica plebiscitaria en torno o debate sobre a independencia de Catalunya. Os resultados mostran a forza que a reivindicación independentista ten na sociedade catalá. En termos políticos e electorais o independentismo gañou as eleccións, obtendo maioría absoluta de escanos, a pesar de que en termos plebiscitarios non logrou o 50%. Os resultados do 9N mostran un lixeiro crecemento do voto independentista respeito o pasado 9N. Aínda así, nas lecturas sobre o resultado é importante ter claro que o si á independencia é moito máis maioritario que o non, que doutra banda é moito máis reactivo que propositivo, e que a suma dos votos favorábeis á independencia (Junts pel Si + CUP) e os favorábeis ao dereito a decidir (Catalunya si que es Pot) configuran unha maioría clara.

2 .O grande ausente da campaña, como xa se podía prever en caso de triunfar a lóxica plebiscitaria , foron os dereitos sociais e a crítica aos políticas de austeridade, que quedaron nun segundo plano e difuminadas polo debate sobre a independencia, xerando así un terreo que favorecía tanto a Junts pel Si como Ciutadans. O feito que estas eleccións, a diferenza das do ano 2012 que se celebraron cunha Folga Xeral uns días antes, tivesen lugar despois de un longo período de caídas das mareas cidadás e loitas sociais (exceptuando o proceso independentista) facilita e explica en parte a invisibilización da cuestión social.

3.Catalunya Si que es Pot sacou uns resultados moi por baixo das expectativas e das posibilidades. Máis aló das dificultades reais de facer sentir a súa mensaxe no contexto de polarización da campaña, os malos resultados de Catalunya si que es Pot débense da as insuficiencias do seu discurso e do seu proxecto:

– Configurouse como unha mera coalición de partidos, sen converterse nun movemento popular e cidadán, que potencie comités de base abertos e participativos e motive a moitas persoas que hoxe non están organizadas. Foi incapaz de emular o éxito e xerar a ilusión de Barcelona en Comú.

– A súa campaña, a pesar de mobilizar a un importante número de persoas aos seus actos, foi moi convencional e pouco imaxinativa, non xerou unha dinámica ascendente e non fixo ningún esforzo para visibilizar algúns dos candidatos con máis perfil activista, cidadán e máis afastados da política tradicional. Non soubo transmitir unha mensaxe clara de ruptura co poder financeiro e de crítica á política convencional.

– A dependencia excesiva de Pablo Iglesias, útil para mobilizar un certo tipo de electorado pero non outro, que ademais quedou completamente lastrada polo seu equivocado chamamento ao voto “ás catalás que non se se avergoñan de ter pais andaluces ou avós extremeños”, abrindo unha polémica política e estratexicamente equivocada.

O balance é un pobre resultado, perdendo voto cara ao PSC e Cidadáns dunha banda e cara á CUP pola outra. A mala dinámica de Cataluña Si que es Pot deu un osíxeno innecesario a un PSC que fai moi pouco estaba contra as cordas e que agora pode volver aparecer como un voto útil para parte da sociedade catalá.

4.Catalunya Si que es Pot tivo un discurso moi insuficiente respecto ao proceso independentista, centrado exclusivamente na defensa dun referendo vinculante negociado co Estado, propondo de facto unha paralización do proceso de ruptura institucional entre Catalunya e o Estado a expensas dunha negociación sobre o referendo. O seu manifesto fundacional, aínda así, expuña de forma correcta a apertura dun proceso constituínte catalán propio e non subordinado para construír unha República catalá, pero esta proposta quedou totalmente ausente do seu discurso de campaña. Foi incapaz por tanto, de ofrecer unha proposta crible e que xuntase o malestar social, nacional e democrático.

5.A CUP-Crida Constituent sacou uns moi bos resultados, froito dunha boa campaña e de ser capaz de atraer a moitos votantes independentistas que non queren apoiar unha lista onde hai Artur Mas e tamén de posibles electores de Catalunya Si que es Pot decepcionados co frouxo perfil nacional da candidatura e o ton gris da súa campaña. O seu crecemento é un factor moi positivo para a política catalá, posto que fai avanzar o peso político das forzas ruturistas. Compartimos as súas afirmacións contrarias a investir presidente Artur Mas nin a ninguén que encabece un goberno que poida estar manchado pola corrupción e que non garanta un plan de emerxencia social. Esta será unha das primeiras cuestións crave da nova etapa e un dos primeiros pulsos  con CDC e a dereita catalanista que loita para seguir encabezando politicamente o proceso.

6.No seu conxunto, a pesar dos 11 deputados de Catalunya Si que es Pot e os 10 deputados da CUP, o peso das forzas de esquerda no novo Parlamento está moi por baixo do que sería posíbel e necesario. As razóns que explican esta situación atópanse, dunha banda, nos límites das formulacións de Podemos e ICV que optaron para impulsar un proxecto como o de Catalunya Si que es Pot onde priorizaron os seus intereses de organización, en detrimento de xerar unha necesaria dinámica social, cidadá, ruturista e soberanista; doutra, na concepción demasiada auto-referencial da unidade popular por parte da CUP, que descartou impulsar procesos de confluencia amplos e plurais, necesarios para articular unha opción maioritaria, e se centrou na ampliación do seu espazo político.

7.O ascenso de Ciutadans é o fenómeno máis preocupante do 27S, desde o punto de vista nacional e social. O seu anticatalanismo, todo disfrazado cada vez máis con formas tolerantes e menos agresivas, de Ciutadans só serve para difundir ideas reaccionarias entre as clases populares catalás. Paralelo ao seu anticatalanismo, Ciutadans é un partido que a pesar de que busca presentarse como vagamente progresista e “renovador” defende unha axenda neoliberal sen matices, avalada polo Ibex 35, e ten como función ou ben apontoar o bipartidismo PP-PSOE ou garantir un recambio no caso de que este se esborralle.

8.O primeiro reto da nova etapa é evitar que o novo goberno de Catalunya estea de novo dominado pola axenda neoliberal de CDC. O debate de fondo non é tanto o nome do candidato a presidente, como o contido do goberno. As forzas de esquerdas non han de investir a Artur Mas nin apoiar un goberno que teña unha axenda similar á que o goberno de CiU tivo nos últimos anos.

A oposición firme en calquera goberno cunha axenda neoliberal é compatíbel con defender a unidade de todo o bloque político independentista e do bloque favorable ao dereito a decidir, fronte á política autoritaria e represiva do Estado español e do goberno do PP e ao proseguir o desafío institucional democrático ao Estado en favor da República Catalá.

Nesta pugna co Estado hai que traballar á vez para abrir un proceso constituínte de carácter popular e participativo, que desborde a folla de ruta que agora mesmo ten Junts pel Si e, en particular, CDC. Esta é a única forma de conseguir que as esperanzas de vivir nun país máis xusto de gran parte da base social do independentismo se materialicen, posto que un eventual Estado independente onde non se altere a estrutura do poder económico e político non cambiará en nada a vida da maioría dos cidadáns e cidadás de Catalunya. Ao mesmo tempo, a apertura dun proceso constituínte popular e democrático é a única fórmula para artellar un amplo movemento onde participen o groso das clases populares e traballadoras, unha parte das cales non está hoxe en día dentro do proceso independentista.

Para avanzar nesta dirección será necesario empezar articulando unha colaboración estreita entre Catalunya Si que es Pot e a CUP-Crida Constituent, e ir configurando un polo de ruptura relevante no Parlamento que poida prefigurar unha alternativa política de rotura que aspire a ter un peso decisivo na política catalá e converterse no puntal dunha nova maioría política.