DECLARACIÓN DE ANTICAPITALISTAS PERANTE O ACORDO NO PARLAMENTO GREGO

Grecia, érguete! Non á chantaxe, hai alternativa.

blogggggggggggggg

Nos últimos días, asistimos a un golpe de Estado financeiro en Grecia. O “acordo inevitábel” para un novo “rescate” resulta ser, en realidade, unha chantaxe ao pobo grego para continuar co seu estrangulamiento político e económico. Sabemos que a Troika nunca estivo interesada en solucionar o problema financeiro grego. Por iso, ante a posibilidade de que o Goberno sinalase unha opción diferente ás políticas de austeridade, a clase dominante orquestou o unha campaña do medo inédita, co obxectivo fundamental de lanzar unha mensaxe clara ao resto de Europa: “non se pode”. É evidente que ademais do cálculo económico, esmagar ao goberno de SYRIZA responde á necesidade política das élites europeas de que non se estenda a esperanza e a posibilidade de construír outra Europa. Unha Europa dos pobos. Por iso mesmo, esta cesión por parte do Goberno de Tsipras supón un grave retroceso nas opcións de cambio en favor da maioría social, en Grecia e en Europa. Seguir lendo