Declaración de ANTICAPITALISTAS tras o 24M

Na rúa e nas urnas:

Impulsar e organizar a UNIDADE POPULAR

1.- O escenario político tras as eleccións Municipais e Autonómicas do 24 de maio iniciou un cambio que pode ser irreversíbel. Un cambio que non é todo o que desexaramos pero que se levou por diante gran parte do poder político e institucional do PP. Máis de dous millóns e medio de votos e numerosos gobernos autonómicos e municipais é o que se deixa polo camiño, o máis fiel representante das clases dominantes. A dereita política de ámbito estatal, o PP, experimenta un amplio descrédito e unha grave crise interna nas portas dunhas eleccións xerais. De xeito máis limitado tamén CiU experimentou un duro revés. Por otra banda, irrumpeu con forza limitada un novo partido de ámbitocropped-10358558_1408150529483598_3821729787987962451_n.png estatal, Ciudadanos, que se ofreceu como “rexenerador” político da política neoliberal. Soamente o PNV e Coalición Canaria manteñen o melloran as súas posicións. Pero en termos xerais podemos afirmar que a dereita política entrou nunha fase de crise e recomposición nun marco no que o balance electoral indica que o voto xirou á esquerda, rompendo a tendencia anterior.

Pola súa parte, o outro gran partido sobre o que se sostén o bipartidismo necesario do Réxime do 78, o PSOE, perdeu máis de setecentos mil votos e se sitúa nos niveis máis baixos da súa historia. É tal o descrédito dos vellos partidos que, perder menos que o outro, xa o consideran coma unha victoria. O PSOE poderá gobernar onde ate o de agora non o facía, pero a cambio, terá que dar un xiro de 180 grados ás súas políticas de colaboración co PP e os poderes financieiros.

Seguir lendo