Comunicado urxente de Anticapitalistas sobre as eleccións do 24 M

Estas eleccións amosan que algo cambiou xa. A derrota histórica do Partido Popular é unha impugnación contundente ás políticas de recortes de dereitos, de democracia, unha aucropped-10358558_1408150529483598_3821729787987962451_n.pngténtica labazada ás políticas que levaron á maioría social traballadora a unha situación de empobrecemento continuo mentres as elites se enriquecían. É natural porque o electorado está composto maioritariamente pola xente que xera todos os días riqueza co seu traballo e que sufriu a crise. Hai un avance fundamental nestas eleccións: a consolidación de ferramentas políticas como as Candidaturas de Unidade Popular e Podemos, a través das cales a xente se puido expresar. O mandato popular é claro: botar ao PP de todas as institucións sen permitir que o PSOE articule un recambio superficial.

O mapa non obstante, é complexo. As particularidades territoriais demostran que o Estado Español, dada a súa natureza plurinacional, é un territorio multiforme, a nivel social, cultural e político e que iso se expresa tamén nos resultados electorais. Non obstante, podemos resaltar unha lección de calado que se reflicte nos resultados de Madrid, Barcelona, Cádiz, Coruña ou Compostela A implantación territorial, a superioridade da organización dende abaixo sobre maquinarias meramente electorais. Isto permitiunos plantar cara á dereita e conquistar posicións importantes para as clases populares.

Agora é o momento de abrir un debate masivo e democrático no movemento popular para gañar as eleccións xerais que veñen. Necesitamos seguir expandindo e organizando a marea de cambio, con asembleas abertas en todos os rincóns do Estado. A unidade popular, unha ruptura radical coa lóxica de xestionar a austeridade, unha aposta clara por facer participar á xente en todas as decisións que están por vir, incluída a política de pactos, son o camiño para gañar.

Seguimos. Irrumpimos nas urnas, agora toca implantarnos en todos os rincóns da sociedade.

Dada a importancia da situación que se abriu e da profundidade dos cambios que están por vir, ao longo desta semana sacaremos análises máis detalladas sobre resultados e perspectivas. 24 horas do 24 de maio de 2015.

O machismo mata. Non sexamos cómplices.

Hoxe, de novo, volvemos espertar cun asasinato machista, neste caso en Ourense.machismo
Dende Anticapitalistas Galiza facemos un chamamento a participar en todas as mobilizacións que se convoquen contra esta nova agresión.
O machismo mata, non sexamos cómplices.

Concentracións contra a violencia machista.
Sábado 9 de maio ás 20h:
– A Coruña: no Obelisco
-Compostela: na Porta do Camiño
-Ferrol: diante do Concello
-Ourense: Subdelegación do Goberno
-Vigo: no Marco

Universidade de Verán Anticapitalista: Construíndo poder popular

arton30444-c7f56

Anticapitalistas

Por sexto ano consecutivo, presentamos a Universidade de Verán Anticapitalista. Un evento que crece ano tras ano e que xa se consolidou como un espazo central de debate, reflexión e encontro da esquerda.

Unha actividade que en cada edición reune a cada vez máis participantes (máis de 600 o ano pasado) nun ámbito de confraternización, intercambio e rebeldía. Con todas as comodidades posíbeis (incluída zona de acampada), combinando distintas formas de participación (con servizo de gardaría incluído) e cunha ampla oferta de actividades, a Universidade de Verán é un encontro perfecto para un debate aberto e plural, para a articulación das loitas que están por vir e para a (auto)formación dos cales estamos empeñados/as en cambiar o mundo de base. Dende o movemento “Anticapitalistas” queremos animarte a participar nunha nova edición da Universidade que, como o ano pasado, se realizará en La Granja (Segovia) entre o 18 e o 23 de agosto. Cremos que é un momento único para discutir e reflexionar sobre a situación política, as esperanzas compartidas e as tácticas e estratexias para loitar contra a crise e cambiar o mundo de base.

Ademais será a primeira Universidade despois da nosa transformación dende Esquerda Anticapitalista no movemento “Anticapitalistas”. En metade do ciclo electoral que atravesa o 2015, esta Universidade de Verán pode servir dun incomparábel marco para reflexionar e debater sobre a evolución da situación política, os retos do movemento popular, os debates abertos en Podemos e as posibilidades dunha vitoria electoral. Tamén para continuar construíndo a resistencia social aos ataques dos gobernos e un espazo de debate entre xentes de distintos espectros da esquerda social, política e cultural que aspiramos a romper co Réxime do ’78 e as políticas de austeridade e recortes de dereitos. Nun ano marcado pola agudización dos efectos desvastadores da xestión ultracapitalista da crise (aumento do paro, dos desafiuzamentos, perdas de dereitos sociais e económicos, etc.) necesitamos dispoñer dun tempo para reflexionar colectivamente sobre estes asuntos e sobre o desenvolvemento das loitas sociais, políticas e sindicais que se produciron. Tamén abordaremos os procesos de resistencia popular que se están a dar noutras partes do mundo, así como o resultado das eleccións europeas e as novas perspectivas para o próximo ciclo electoral.

A Universidade organízase sobre a base de distintas actividades: talleres, foros, charlas, recitais de poesía, video-foros, etc. sobre unha gran amplitude de temas. Falaremos de ecosocialismo, feminismo, marxismo, comunicación política, democracia, Historia, internacionalismo e unha morea de temas e problemáticas. Abordaremos problemas estratéxicos do momento actual como, por exemplo, como afrontar a crise de réxime, como construír un movimeinto popular á altura dos actuais desafíos ou como reconstruír un sindicalismo de clase e combativo. Dedicaremos espazo para debater por que as mulleres non queremos pagar os pratos rotos desta crise e sobre o dereito a decidir sobre o noso corpo. Analizaremos a situación internacional prestando especial atención a Grecia e ao goberno de Syriza, teremos debates e sesións de formación teórica e outras máis ligadas á intervención cotiá nas loitas sociales. Tampouco faltará tempo para o ocio, a contracultura, a arte, o teatro, o cine comprometido…así como para confraternizar con xentes doutras latitudes e territorios, imprescindíbel para que Universidade desenvólvase nun ambiente de convivencia e confraternidade. Un espazo, en definitva, relaxado e propicio para o intercambio, o debate, o compañeirismo e a festa entre activistas e militantes que traballan polo cambio social e político.

En breve disporemos dun programa completo da Universidade. Un programa que, esperemos, estea á altura do dos últimos anos.

Pregamos que a xente que teña interese en participar na Universidade se inscriba canto antes nas canles habilitadas para iso (aínda que non teña intención de pasar a noite), algo que facilitará enormemente o traballo de organización e permitirá un evento máis cómodo para todos e todas.

Todo isto e máis na Universidade de verán Anticapitalista!

Esperámosvos en La Granja.

uni

Sen feminismo non hai cambio: Acto con Justa Montero

justa

Calquera estratexia de transformación social implica o exercicio da reflexión e o debate coletivo. Hoxe en día é central que o fagamos sobre as exclusións e opresións que continuamos a sufrir as mulleres, xa que a crise actual agudiza estas e, malia as conquistas tímidas e parciais no terreo lexislativo, reflota tamén contradicións ocultas anteriormente polo discurso dominante.

Para afondar no debate de como o modelo de acumulación capitalista, aprovéitase das estruturas patriarcais, e despraza ás mulleres ó traballo reprodutivo, económicamente oculto mais cunha función esencial para o sistema, contaremos o próximo xoves 14 de Maio coa presencia da histórica militante feminista Justa Montero, na actualidade membro da Asamblea Feminista de Madrid e do Consello Editorial da revista Viento Sur.

As achegas que Justa realizou nos últimos anos, resultan imprescindíbeis para comprender e dar continuidade á loita feminista, que Anticapitalistas fai súa.

Ligazón ao evento de Facebook: https://www.facebook.com/events/700776656734293/

Comunicado de Anticapitalistas ante as vindeiras eleccións autonómicas e municipais: Pasar á ofensiva, seguir avanzando e construindo movemento popular.

anticapi

Anticapitalistas

As vindeiras eleccións municipais e autonómicas son unhas eleccións chaves no actual ciclo político. O movemento popular que naceu o 15M e as suas múltiples expresións electorais teñen unha oportunidade única para seguir avanzando na conquista de espazos institucionais que nos sirvan como palanca para recuperar dereitos e construir democracia. O facemos nun esceario complexo, volátil, coas clases dominantes en plena ofensiva, combinando ataques mediáticos coa profundización e o desenvolvemento de medidas anti-populares que combiñan austeridade, precariedade, recortes e autoritarismo.

Por iso os obxetivos para estas vindeiras eleccións están claros: derrotar ó PP, impedir que o PSOE se reconstrúa como referencia de “esquerdas” cuando só é a outra cara da moeda do réxime, neutralizar o recambio que representa Ciudadanos e conquistar posicións para que o movemento popular poida organizar o cambio político, social e económico que necesitamos contando tamén con palancas nas institucións.

O réxime é conscente de que o bipartidismo entrou nunha aguda crise. O Partido Popular é identificado pola maior parte da poboación como unha organización mafiosa e corrupta, que só responde aos seus propios intereses e aos dunhas élites egoístas e cobizosas, que non teñen ningún límite en saquear a riqueza colectiva que xera a sociedade, gobernando para uns poucos mentres a maioría da poboación empobrece. O Partido Popular aparece así como o principal enemigo a batir, xa que é o representante máis “puro” dun modelo de gobernabilidade que só trae paro e pobreza. Os seus intentos de vender unha recuperación económica, iso si, sen recuperación de dereitos nin melloras para os traballadores, demostran que viven fora da realidade da maioría da xente. Sen dúbida, derrotalos nas urnas será unha gran victoria do movemento popular.

O PSOE busca xogar o rol de “alternancia” que tradicionalmente xogou durante os derradeiros anos. Sen ideas propias, sen unha práctica na política económica que se diferencie o máis mínimo da ortodoxia neoliberal, o PSOE busca que nada cambie para que todo siga igual. A súa fraseoloxía esquerdista combinada cunha práctica de dereitas non ilusiona a ninguén, ainda que algúns sectores das clases populares siguen a velo como o freo máis eficaz fronte o PP. A tarefa fundamental é sumar estes sectores ao proceso rupturista que representa Podemos e as candidaturas municipalistas que xurden en múltiples pobos e cidades e ao movemento popular, facendo pedagoxía de maneira pacente, deixando claro que o cambio non pasa polo vello.

Ciudadanos representa a baza da clase dominante para frear a Podemos. Como dixemos unha e outra vez, non representa ningún cambio, senón unha operación de recambio impulsada polos grandes grupos financeiros e apoiada nos sectores máis conservadores das clases medias para frear o cambio político e social. A rexeneración democrática que propoñen só se traduciría nunha dexeneración da democracia que debilitaría ainda máis  ás clases populares.

No campo popular, Podemos e as candidaturas municipalistas representan a mellor opción para a xente que sofre a crise, o paro e a austeridade. Os poderes económicos levan meses orquestando unha campaña de medo fronte ao cambio porque temen perder os seus privilexios sostidos co esforzo da maioría social traballadora. Non é momento de achantar. Temos que pasar á ofensiva, apoiándonos nos elementos e na potencia social que acumulamos estos anos. O programa de ruptura e defensa de dereitos que o movemento popular defendeu nas rúas pode ter a través destes instrumentos o seu reflexo nas institucións: defender o público, parar os desafiuzamentos, non pagar a débeda ilexítima, socializar os béns estratéxicos comúns e poñelos ao servizo dunha democracia económica, rematar coa corrupción dende o local e tamén dende as autonomías. Medidas concretas perfectamente alcanzabeis con vontade política: os de arriba queren facernos creer que o cambio é imposíbel, pero estamos demostrando que sí se pode. Unha campaña electoral á ofensiva, auto-organizada dende abaixo, en cada barrio, que se vencelle ás loitas dos que están demostrando dignidade coma os traballadores de Telefonica, é fundamental para botrlos nestas vindeiras eleccións municipais e autonómicas e chegar nas condicións apropiadas para derrotalos nas vindeiras eleccións xerais.

Temos forxado algo moi valioso en Podemos e nas candidaturas municipalistas: instrumentos para a unidade popular, plurais, listos para que os e as de abaixo asalten tamén as institucións. Combinadas con accións e mobilizacións nas rúas e centros de traballo, o movemento popular é imparábel.

Imos a por todas. Querennos quitar todo, tócanos seguir organizándonos e avanzando para botalos e recuperar o que nos pertence.