Recuperar a mobilización social para retomar a iniciativa política. Solidariedade co pobo grego

maio

As manifestacións do 1º de Maio están marcadas, este ano, pola celebración das eleccións municipais e autonómicas. A irrupción de forzas políticas e novas alternativas en miles de pobos ou cidades, foi o froito de catro anos de loitas, mobilizacións e resistencias aos recortes, a destrución de emprego e a perda de dereitos sociais.

A percepción de que estamos ás portas de cambios políticos e institucionais veu dada tras duros anos de loita. Foron as folgas xerais, o movemento 15 M e as Mareas as que nos trouxeron ata as beiras do cambio. Non convén, polo tanto, que perdamos esa perspectiva.

Non obstante, malia que se foi abrindo esa nova posibilidade política, a situación social non só non mellorou para a inmensa maioría da clase traballadora, senón que seguiu empeorando. Así, mentres o PP fala dun novo milagre económico, aumenta a desigualdade social e a precariedade laboral. Un exemplo paradigmático é a loita que levan a cabo os/as técnicos/as de Movistar por conseguir unhas condicións laborais minimamente dignas. A folga destes traballadores excede de sobra as súas propias demandas, porque representa o novo conflito social entre as multinacionais por un lado, e o novo movemento obreiro xurdido a raíz dunhas condicións de explotación ilimitada e sen dereitos sindicais. Ademáis, o conflito dos traballadores e traballadoras de Movistar expón formas de auto-organización alternativas ao modelo proposto polas burocracias sindicais e segue o camiño aberto polo 15 M para explorar novas formas de “facer”, formas que a través do conflito entre as clases xeran estrutura institucional na que debemos basearnos e apoiarnos para avanzar nunha perspectiva anticapitalista e de ruptura: a asemblea, a loita coletiva fronte á atomización neoliberal e a xestión polos mesmos suxeitos do conflito fronte á cultura da delegación.

Tampouco convén esquecer que nos últimos meses, os partidos do réxime volveron recuperar unha parte da iniciativa política que perderan. E iso foi posible polo refluxo ou retroceso que dun ano a esta parte tivo a mobilización social. A pasividade das grandes centrais sindicais e a aposta a que só o cambio político-electoral vainos sacar desta situación, poderían supoñer dous graves erros á hora de articular unha nova alternativa de poder institucional.

A escala europea outros perigos manifestáronse con bastante claridade na situación de Grecia. Tralo esperanzador triunfo de Syriza, as elites dominantes agrupadas en torno á Troika tratan de someter ao pobo grego a novas políticas de austeridade, obrigando a pagar integramente a débeda e burlando a soberanía nacional que millóns de cidadáns decidiron nas urnas.

Estamos, pois, ante unha contraofensiva xeral das clases dominantes e dos seus representantes políticos no poder. Despois dun ciclo de mobilizacións sociais e de ilusionantes iniciativas políticas como o xurdimento de Podemos ou o triunfo de Syriza, vémonos destiñados a unha situación na que poderiamos ceder o terreo gañado se perdemos de vista que a única estratexia posible é aquela que combina -con acerto- a mobilización popular e o “asalto” institucional. Calquera outra política que non se basee nesta ecuación nos levará a unha quella sen saída, é dicir, de novo ao mesmo terreo do nesta ecuación levaranos a unha rúa sen saída, é dicir, de novo ao mesmo terreo do que se saíu hai agora catro anos.

O mesmo nivel de importancia estratéxica o ten Grecia. Se o pobo grego é a referencia de millóns de traballadores europeos, Syriza éo para a globalidade da esquerda política europea. En Grecia xógase gran parte do futuro de todos os pobos do Sur de Europa. Por esa razón, o internacionalismo dos traballadores hoxe ten un nome propio: Grecia. A súa loita por defender a soberanía fronte á Troika, por non aceptar as condicións do capital internacional en canto á débeda ou novas políticas de axuste, todo iso, debería formar parte do programa de acción do movemento obreiro europeo e internacional.

Estas son en resumo as propostas de Anticapitalistas para este 1º de Maio de 2015. Vivimos momentos excepcionais que nos formulan novas tarefas estratéxicas que posibiliten a recuperación dun novo movemento obreiro internacional e fortalezan as alternativas de cambio político e social. En síntese, dous lemas: recuperar a mobilización social para retomar a iniciativa política, e organizar un movemento de solidariedade de todos os pobos do Sur con Grecia.

Advertisements

Comunicado de Anticapitalistas de apoio á folga de traballadores de Movistar

telefonica

Dende Anticapitalistas queremos manifestar o noso apoio á folga indefinida que os técnicos de Movistar subcontratados e autónomos iniciaron o 28 de marzo na comunidade de Madrid e o 7 de abril en todo o Estado. Dende a súa privatización, Telefónica destruíu 50.000 postos de traballo digno e substituíunos por persoal subcontratado con condicións cada vez máis precarias. O 17 de marzo, nunha asemblea multitudinaria auto organizada, os técnicos subcontratados e autónomos da multinacional dixeron basta. Hoxe os técnicos Movistar de centos de empresas involucradas nas cadeas de subcontratación de todo o Estado loitan xuntos contra a espiral de precariedade á que os condea Telefónica. A folga de técnicos é unha folga histórica. Por primeira vez traballadores e traballadoras que están subcontratados ou traballan como autónomos para diferentes empresas, únense para loitar contra o seu “empregador final”, Telefónica-Movistar. A folga é un exemplo de como a auto organización de traballadores e traballadoras pode vencer a fragmentación artificial que impón o mecanismo legal pero ilexítimo da subcontratación do emprego estábel. Os e as traballadoras enfróntanse cunha das empresas máis poderosas do Estado español e necesitan todo o apoio social que lles podamos prestar. Pero para que os e as folguistas poidan resistir a Movistar, necesitan tamén o noso apoio económico. Esta é a caixa de resistencia do comité de folga de Madrid. Calquera achega, por pequena que sexa, é valiosísima:

IBAN ES0320381969696000178200

ES03 2038 1969 69 6000178200