Campamento da xuventude revolucionaria: internacionalismo para ese outro mundo posible.

Cartel-gallego

Como cada ano, este verán a mocidade anticapitalista de todo o mundo temos unha cita ineludible cos campamentos internacionais de moz@s revolucionari@s da IV Internacional. Do 26 de xullo ao 1 de agosto, na rexión flamenca de Bélxica, teremos a oportunidade de gozar da 32 edición “dos campas”: un espazo de encontro, formación, convivencia e lecer no que podemos compartir, debater e poñer en práctica en tempo real nosas ideas á marxe dos ritmos e as rutinas cotiás que nos impiden facelo día a día. Os campas son a principal actividade anual pública da IV Internacional, que agrupa a partidos e organizacións políticas de todo o mundo que loitan por cambialo dende unha perspectiva feminista, anticapitalista, ecosocialista e de emancipación social. Con todo, isto non significa que só poidan acudir persoas vinculadas a algunha organización, senón que, pola contra, os campas son un espazo aberto a tódalas persoas interesadas na loita pola transformación da nosa sociedade. Seguir lendo

Advertisements

O 21 M as marchas da Dignidade volven a Madrid. Sen medo, en común, construíndo poder popular.

Pan, traballo, teito e dignidade. Estes son os lemas que se escoitarán de novo nas rúas de Madrid. Uns lemas que representan a impugnación do réxime do 78 e das súas institucións, incapaces, nun contexto de crise, de satisfacer as reivindicacións populares máis elementais.

O 22 de marzo do 2014, as Marchas da Dignidade tiveron un indubidable éxito de participación, marcando un novo fito na mobilización social. Unha mobilización de base, organizada dende abaixo, lograba o que as poucas e defensivas convocatorias realizadas nos últimos tempos polas dúas grandes centrais sindicais non conseguiran. A pesar do silencio mediático, e dos posteriores intentos de criminalización, as marchas convertéronse nun referente de autoorganización popular e solidaria, combativa e de clase, fronte á falta de credibilidade dos grandes aparatos sindicais. Un ano despois comprobamos que, a pesar de que aquela mobilización demostrou que existe un pobo que non se resigna fronte á ” elite oficial”, os motivos que nos concentraron en Madrid o pasado ano manteñen plenamente a súa vixencia.

Os esforzos do Goberno por revitalizar o discurso da “recuperación económica”, e por convencernos de que o peor da crise é parte do pasado, non poden ocultar o abismo que separa a realidade da maioría social traballadora dos discursos disparatadamente optimistas das elites políticas e económicas. As cifras do paro, o aumento da precariedade laboral, os ataques á libre decisión das mulleres, a continuación da privatización dos servizos públicos, o aumento das desigualdades e a exclusión social son razóns que seguen pesando na conciencia das e os que sufrimos esta crise, e polas que paga a pena loitar, sen renunciar a ningunha fronte nin desbotar ningún instrumento.

Sobran os motivos para que as Marchas volvan encher as rúas de Madrid. Pero non debemos quedar só na data simbólica do 22-M, tamén é necesario seguir avanzando, fortalecendo iniciativas como esta, construíndo espazos de encontro para as múltiples loitas que contribúan a xerar un bloque social antagonista que aspire a unha transformación radical, revolucionaria, da orde social existente. O desenvolvemento destes espazos, que permiten a organización de respostas colectivas amplas, baixo unha perspectiva plurinacional e plurilingüística, onde o dereito a decidir dos pobos do estado sexa un eixo esencial na apertura do horizonte de ruptura democrática cara ao que nos encamiñamos. Agora toca seguir acumulando este potencial, dende abaixo, facendo deste músculo mobilizador o mellor apoio do empoderamento popular, sen esquecer que este camiño se fai cun pé nas institucións, pero con mil nas rúas.
Ao igual que o pobo grego, necesitado de apoio na súa loita contra a salvaxe austeridade imposta, e que está a sufrir a chantaxe e as acometidas do gran capital europeo, non podemos perder de vista a importancia de manter viva a chama da mobilización. Ante un horizonte electoral ilusionante, as mobilizacións populares seguen sendo o mellor “termómetro” político; un elemento decisivo á hora de premer a favor de políticas que supoñan unha ruptura real co réxime do 78 e cos ditados da Troika, e chamadas ademais, chegado o caso, a xogar o papel decisivo que sirva para constituír unha política ao servizo dos traballadores e das traballadoras.

Porque as rúas seguen sendo o noso principal campo para a construción do poder popular. Fagamos deste sábado unha xornada de reivindicación e de defensa dos nosos dereitos.

Sóbrannos os motivos para participar en calquera das 9 rutas que confluirán, ás 18:00 horas, en Colón.

Anticapitalistas

Comunicado d@s compañeiro@s de Anticapitalistas-Madrid ante as detencións de activistas antidesafiuzamentos.

anticapi

Anticapitalistas-Madrid quere expresar a súa solidariedade coas 19 persoas detidas hoxe no distrito de Moratalaz, en Madrid, e o seu rexeitamento total a esta acción represiva coa que a señora Cifuentes parece iniciar a súa particular campaña electoral como candidata á presidencia da Cominudade de Madrid. A repulsa a esta acción relaciónase tamén coa nosa radical oposición á chamada Lei Mordaza. Esiximos a inmediata liberdade sen cargos de est@s compañeir@s pertencentes na súa maioría ao colectivo Distrito 14 e a outras entidades.

A acción que levou a estas detencións foi a de asistir ao pleno da Xunta Municipal de Moratalaz cunha pancarta na que se dicía algo co que nos identificamos totalmente: ” non ás casas sen xente nin xente sen casa”. #tod@s somos Distrito 14

8 DE MARZO: SEN FEMINISMO NON HAI CAMBIO

O 8 de marzo, día internacional da muller, é unha xornada combativa e reivindicativa. Unha data idónea para pór o foco de atención nas opresións sufridas polas mulleres e a desigualdade do sistema no que estamos inmersas. É un día de loita feminista.femi


Este 8 de marzo dende Anticapitalistas queremos lembrar que a crise segue afectando de forma específica ás mulleres, que seguen sendo responsábeis de soster mediante enormes cantidades de traballo de coidados non remunerado un sistema que sen nós e o noso labor reprodutivo tería as horas contadas. Nós seguimos reali
zando os traballos menos valorados socialmente, ocupando as posicións máis precarias no mercado laboral e facéndonos cargo de forma invisíbel do sostemento da vida. En definitiva o traballo das mulleres é infravalorado e, como demostran as estatísticas, máis flexíbel e precario. As políticas de austeridade impostas por uns poucos tradúcense en recortes en servizos públicos e prestacións sociais, paro, desafiuzamentos e pobreza para a maioría. Fronte ao retroceso do Estado do Benestar pídese aos fogares que se fagan cargo de forma privada do que debería ser unha responsabilidade social: atender as necesidades básicas da poboación, garantir unha vida digna ás persoas dependentes, asegurar a escolarización en centros públicos para os nosos nenos e nenas, garantir comedores sociais, etc. O que tería que ser atendido por políticas públicas acaba recaendo, unha vez máis, sobre as mulleres no ámbito privado. Seguir lendo

Paradoxos do populismo

Un dos problemas do discurso populista é que, dende o seu interior, non é posible situar socialmente a ningún movemento que use esta linguaxe. Podería dicirse con Wittgenstein que “os límites da miña linguaxe son os límites do meu mundo”. A lóxica do significante e do pobo recorre explicitamente a unha universalidade abstracta da que esta non pode saír para particularizarse como posición na orde social. Para o populismo, en termos de Mao Zedong: “dous concílianse en Un”. Fóra do Un non hai un verdadeiro Outro, senón un residuo, un “case nada”, un 1% ou unha casta, cando non se trata de realidades por definición invisibles como a conspiración financeira ou a “sinarquía” cara ao xeneral Perón e ao mariscal Pétain. Seguir lendo