Manifesto área LGTBI de Anticapitalistas

arton30294-bdfc6

1. Despois de meses de traballo e discusión, queda finalmente constituída a área LGTBI dentro do movemento ”Anticapitalistas”. Consideramos imprescindible a organización autónoma para esta opresión específica e concreta.

2. Consideramos de vital importancia conectar as reivindicacións concretas coas reivindicacións xerais. É clave apoiar dende a nosa área organizacións amplas e a movementos sociais co obxectivo de aumentar o empoderamiento popular que leve á maior ruptura democrática posible en tódolos terreos.

Con todo, neste percorrido, nunca imos a subalternizar nosas reivindicacións concretas. Non daremos nin un paso atrás nas demandas LGTBI nin nas liberdades sexuais. Non agardaremos ningún outro ”tren histórico” en beneficio de calquera outra demanda. Tampouco aceptamos a ortodoxia veña de onde veña. Por iso a nosa prioridade por constituírnos como área específica e emanciparnos nos mesm@s.

3. Somos Anticapitalistas, xa que analizamos que tódalas opresión, incluída a opresión sexual, existirán mentres exista a ditadura do capital, a cal acumula beneficios a través da desposesión dos nosos dereitos. Non podemos centrarnos soamente no colectivo homosexual, no varón branco de clase media. Debemos ver ao colectivo LGTBI por completo, maiormente precario, con escasas condicións laborais e alta taxa de pobreza e invisibilización social.

4. Pese a iso, o heteropatriarcado é anterior ao sistema capitalista, polo que un virtual derrube deste sistema non significa a ruptura co heteropatriarcado mesmo. O noso traballo é dobre: romper co capitalismo e crear a ferramenta que apunte á sociedade libre que queremos, a sociedade non-heteropatriarcal.

5. Somos feministas, vemos unha clara relación entre a raíz da opresión LGTBI e a opresión das mulleres e creemos que unha loita LGTBI sen loita feminista, ou unha loita feminista sen loita LGTBI está tolleita. Ademais, é necesario eliminar a reprodución das relacións de opresión dentro do colectivo LGTBI a través da análise feminista.

6. O internacionalismo, un dos acenos de identidade da nosa corrente, é máis necesario que nunca. Aproveitar as sinergias que se poidan dar entre Grecia e o Estado español, combatendo a LGTBIfobia dende as rúas por riba de todo, pero tamén a través das institucións tras irromper nestas, puidendo ser unha fonte de musculatura social de incalculable valor para resistir ao capital e á heterosexualidad obligatoria.

7. A nosa área arranca dende hoxe para construír un socialismo democrático onde a liberación sexual e de xénero sexa un movemento continuo e transversal. Xunto a vós, é o momento de explorar os contornos incertos do futuro, de re-evolucionar os nosos paradigmas, de romper as nosas cadeas e pintar a realidade política e social das cores do arco da vella.

I XORNADAS ANTICAPITALISTAS “Construíndo Poder Popular”

A vitoria de SYRIZA nas eleccións do 25 de xaneiro abre un novo escenario político. En Galiza moitas ollamos con entusiasmo e esperanza o cambio político en Grecia, que pode ser o preludio dun cambio político máis xeblogralizado a nivel europeo. Por iso dende Anticapitalistas Galiza organizamos estas xornadas para reflexionar e debater sobre a formulación de alternativas ao réxime da austeridade dende o Sur de Europa

O primeiro acto público, terá lugar en Vigo o venres 13 de Febreiro no café De Catro a Catro (rúa Girona 16) e contaremos con Katerina Sergidou, militante de SYRIZA e DEA (organización integrada na Plataforma de Esquerda de SYRIZA, que aglutinou no derradeiro congreso da formación o 30% dos apoios da militancia), para analizar as perspectivas que se abren trala vitoria desta organización.

O segundo acto público terá lugar o 20 de febreiro en Compostela e contaremos coa presenza de Jorge Costa, ex-deputado do Bloco de Esquerda de Portugal, David Rodriguez, militante de ANOVA e Jaime Pastor, impulsor de Podemos e de Anticapitalistas para debater sobre as actuais resistencias á austeridade que se están a dar no sur de Europa.

Construíndo Poder Popular!

Aquí tedes o evento en facebook

https://www.facebook.com/events/774059649342838/

Pola hexemonía social do galego

A lingua propia de Galicia é o galego; é dicir, que, fronte á demagoxia das precursoras de “Galicia bilingüe” (“tan gallego como el gallego”) galego só é o galego (por iso se chama así); e o castelán é castelán (por iso se chama así).
As linguas son produtos históricos de comunidades de falantes e non son produtos individuais. Polo tanto, todo tratamento debe ser social e non individual. Polo mesmo os dereitos lingüísticos son dereitos sociais, dereitos dunha comunidade de falantes.
A posición que ocupa o castelán na Galiza é resultado de decisións históricas de carácter político: da coroa de Castela primeiro e do nacionalismo español despois.
O proceso uniformizador español requiría dunha uniformización cultural e lingüística: requiría “crear” o pobo español: requiría crear a “unidade patriótica”: requiría crear un suxeito colectivo único e unido; e para iso non abondaba a unidade económica (ademais das súas debilidades), nin só política: cumpría a mencionada unidade cultural e lingüística: así se construía “o pobo español”.
A actual situación do galego é resultado dese proceso, nunca acabado, de uniformización española, de construción do pobo español, de realización do proxecto español polos poderes políticos e económicos do actual reino de España.
Falar galego e defender o monolingüísmo na Galiza é a coherente política de defensa das de “abaixo”; o castelán é a lingua dos de “arriba”, do capital, mentres que o galego é a lingua das clases populares, das traballadoras.
O conflito lingüístico é, pois, expresión do conflito social, sendo o uso dunha ou outra lingua e a súa defensa, a aposta polas de “arriba” ou polas de “abaixo”.
DEFENDER O GALEGO É DEFENDER ÁS TRABALLADORAS GALEGOS, DEFENDER ÁS DE “ABAIXO”

FAINO O DOMINGO EN COMPOSTELA: ÁS 12 NA ALAMEDA