VENCEU SYRIZA, PERDEU O MEDO [Comunicado]

O 25 de xaneiro de 2015 abriu unha nova etapa política en Grecia. A victoria electoral de Syriza cun amplísimo marxe, non deixa dúbidas sobre os profundos cambios que se teñen vivido e que poden chegar a producirse nos próximos anos no sur de Europa. Anticapitalistas celebra xunto co pobo grego a victoria de Syriza, sendo conscientes de que se trata dunha victoria inestábel, chea de dificultades e desafíos e, nun escenario internacional donde a correlación de forzas segue a ser favorábel ás forzas reaccionarias do neoliberalismo.
1.- Non pode explicarse o éxito de Syriza ó marxe do sucedido nos últimos cinco anos. Grecia foi vapuleada e saqueada pola Troika pero, a diferenza doutros países, a resposta do pobo e as clases traballadoras foitsipras constante. Trinta folgas xerais, experiencias numerosas de control de empresas e hospitais; autogxestión social na asistencia ós desfavorecidos… O triunfo de Syriza o 25 de xaneiro é froito deste proceso de mobilizacións sociais que botou ó goberno de Nova Democracia e curtou o paso da chegada ó poder do novo fascismo.
2.- Syriza representa unha esquerda non vinculada á socialdemocracia internacional; por iso a súa chegada ao goberno ten relevancia e levantou tantas expectativas. As mesmas que no seu día levantaron os eurocomunistas de Enrico Berlinguer en Italia ou a chegada ao poder da Unidade Popular en Chile na década dos setenta. Agora falta saber se todas esas expectativas non se verán fustradas a consecuencia das presións e o acoso que van recibir, tanto por parte das institucións supranacionais como o FMI, Banco Mundial e BCE, coma tamén dos Mercados internacionais que intentarán crear un clima de inestabilidade política e social.
3.- Fronte a todo tipo de presións por parte dos Mercados Financeiros, Anticapitalistas, sempre se situará ao lado das forzas sociais emancipadoras, dos traballadores e da propia Syriza. Para iso impulsaremos e participaremos da solidariedade internacional co pobo grego e cos seus representantes libremente elixidos. Respectaremos a súa vontade e o dereito lexítimo a decidir sobre os seus compromisos en materia económica e moi particularmente, o aprazamento, restructuración ou non pagamento da débeda aos bancos e toda a armazón baseada na especulación financeira.
4.- Pero o mellor xeito de frear o acoso dos Mercados e a Troika é afondar -e non parar- a “revolución” que supón a chegada de Syriza ao poder. O programa co que conquistou unha maioría social deberá poñerse en marcha o antes posible: medidas de urxencia social, rematar coa corrupción ou reverter as desigualdades sociais a favor dos desocupados, os traballadores e as clases medias pauperizadas. Pero para que o Goberno de Alexis Txipras poida poñelo en marcha, deberá vencer enormes resistencias e iso será máis facil afianzando, afondando e desenvolvendo a mobilización social, a auto-organización e as experiencias autoxestionarias que actuaron de acicate para a vitoria.
5.- Sen extrapolar a experiencia de Grecia ao Estado español faise evidente que existen coincidencias e diferenzas. Non nos deteremos nelas, senón en resaltar a oportunidade histórica e ilusionante que se está a abrir para millóns de traballadores, xente nova e afectados pola gran crise social. Non obstante, da mesma forma que os gregos fixeron os seus “deberes”, nós debemos facer os nosos: mantendo o pulso da mobilización social e sumando forzas ao cambio político necesario que se abrirá ao longo do 2015 coa celebración de eleccións á case totalidade das nosas institucións políticas. O reto aquí non é outro que rematar co goberno das elites políticas e económicas que representan o PP, PSOE, CiU e PNV como partidos do IBEX 35.
6.- Grecia é hoxe o laboratorio central do conflito social e político a escala europea. Todas as miradas se centran aí. Os esforzos do capitalismo internacional concéntranse en derrotar, dobregar ou humillar a Syriza. Se Syriza perde, perdemos todos; se Syriza gaña, gañamos as forzas sociais e políticas empeñadas en construír unha sociedade europea e internacional máis xusta, igual e solidaria.
7.- Menten os que din que Grecia lle debe aos “españois” 36.000 millóns de euros. Non é o pobo, senón os Bancos os que queren cobrar un diñeiro prestado baixo uns intereses e nunhas condicións de usura e espolio inadmisibles. Os traballadores do Estado español non facemos causa común cos “nosos” Bancos, senón coas vítimas das súas políticas. As clases traballadoras e populares de todo o Sur de Europa estamos dando pasos para crear lazos de solidariedade. Para avanzar espazos de traballo común de novas forzas políticas como Syriza e Podemos.
8.- Dende Anticapitalistas somos conscientes de que a chegada ao goberno de Syriza é un gran paso. Pero soamente un paso. E hai medidas como o pacto con Gregos Independentes e a exclusión de mulleres do gabinete ministerial que non entendemos. Pero os principais retos, perigos e desafíos están aínda por chegar. A historia ensínanos que non é o mesmo chegar ao goberno que tomar o poder. Hoxe, como todos e todas sabemos, o verdadeiro poder reside -cada vez máis- nunhas elites que gobernan o mundo. Queda un longo camiño por andar. A loita entra agora nun escenario máis difícil.
Non seremos alleos a este. Estaremos como sempre, ao lado dos e das de abaixo. Co pobo de Grecia. Cos traballadores e as traballadoras. Na nova etapa que se abriu o 25 de xaneiro.

Xaneiro, 2015

Advertisements