Polo dereito a decidir do pobo catalán. Por un 9 de novembro desobediente

Comunicado de Izquierda Anticapitalista.

A decisión do Tribunal Constitucional de admitir a trámite os recursos presentados polo goberno contra a lei de consultas do Parlament e o decreto, asinado polo president da Generalitat, de convocatoria dunha consulta non vinculante o próximo 9 de novembro, abre unha nova etapa no proceso democrático-soberanista catalán. Non só paralízase a consulta senón tamén “as restantes actuacións de preparación para a convocatoria da devandita consulta ou vinculadas a ela”, tratando de curtocircuitar desesperadamente a posibilidade da cidadanía catalá de expresarse nas urnas, situando na ilegalidade a unha maioría social e política en Cataluña.

Os recursos do goberno, resumidos no discurso de Rajoy, seguen sendo os de sempre: que “a consulta que se pretende levar a cabo, nin polo seu obxecto, nin polo procedemento seguido, é compatible coa Constitución española” (seguro?: por que non aceptaron aplicar, por exemplo, o artigo 150.2 que tería permitido transferir a competencia de convocar referendo non vinculante á Generalitat?); que “a soberanía reside no pobo español no seu conxunto e unha parte del non pode tomar decisións sobre o que afecta a todos” (por que, entón, en Escocia si puideron votar unicamente os e as escoceses se se separaban ou non do Reino Unido e non o conxunto da cidadanía dese Estado?); que, en fin, xa en plan catastrofista, “esta consulta de autodeterminación (…) vai en contra da Lei, desborda a democracia, divide os cataláns, afástaos de Europa e do resto de España, e prexudica gravemente ao seu benestar” (non será, máis ben, o Estado español o que se afasta desa “Europa” que non dixo nada en contra do referendo escocés e, en cambio, asiste preocupada á inestabilidade política que pode provocar ao “choque de trens” que se anuncia?).

Seguir lendo

Advertisements