Os nosos corpos, as nosas vidas. Nos decidimos!

28s-feminismoO 28 de setembro é xa unha data importante nas convocatorias feministas que se dan a nivel mundial. Xa van case quince anos desde a primeira vez que celebramos este día. Pero este ano é especial e sumamente importante para o estado español: o PP retirou o que ía ser a nova lei do aborto, coa que nos ha ter ameazadas durante varios anos, e o seu impulsor, Alberto Ruiz Gallardón, dimitiu.

O seu intento de controlar o corpo e a vida das mulleres foi contestado por un movemento feminista que loitou e seguirá loitando polos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres. Pero tamén polo dereito á vida, fronte a aqueles que nos ditan que temos que facer; fronte a aqueles que pretenden que sexamos simples incubadoras; fronte a aqueles que queren que traiamos fill@s ao mundo para despois esquecerse de el@s. Polo dereito á vida a vida das miles de mulleres que morren en abortos clandestinos a diario.

Este intento de recuperar os roles familiares e de xénero tradicionais foi combatido por millóns de mulleres e homes feministas que se negan a retroceder nos dereitos das mulleres. Só estas poden decidir sobre o seu propio corpo e si queren/queremos ou non ser nais.

Pero non podemos esquecer que coa actual lei do PSOE o aborto tampouco é libre. Así que seguiremos saíndo á rúa e loitando polo dereito a decidir das mulleres. Non queremos a lei de Gallardón, pero tampouco a que temos. Esiximos unha nova lei que contemple as demandas do movemento feminista onde:

A IVE realícese en centros públicos, e non en centros concertados ou privados. Hoxe o 98% dos abortos realízanse fóra da pública.
Non se cuestione a nosa capacidade para tomar decisións, non queremos irnos a casa a repensar a nosa decisión. Esiximos a retirada do período de reflexión.
Se despenalice o aborto, retírese do código penal e déase o recoñecemento legal do dereito a interromper o embarazo de forma libre.
O dereito á reprodución asistida de calquera muller estea garantido de forma libre, gratuita e pola sanidade pública. Recoñecemento dos dereitos reprodutivos e sexuais para todas.
Se recolla unha educación afectivo-sexual que rompa cos roles de xénero tradicionais e coa heteronormatividade, que non só nos falen de anticonceptivos, enfermidades de transmisión sexual e os aspectos biolóxicos da reprodución. Queremos que se contemplen todas as preferencias sexuais en relacións de igualdade e respecto.
Por suposto, se poñan os medios económicos, materiais e humanos para poder desenvolver todas estas demandas nas mellores condicións.

Por estes motivos, desde Esquerda Anticapitalista sumámonos ás mobilizacións que se darán en todo o estado o 28 de setembro.

¡Educación sexual para decidir; anticonceptivos para non abortar; aborto libre, seguro e gratuito para non morrer!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s