Os nosos corpos, as nosas vidas. Nos decidimos!

28s-feminismoO 28 de setembro é xa unha data importante nas convocatorias feministas que se dan a nivel mundial. Xa van case quince anos desde a primeira vez que celebramos este día. Pero este ano é especial e sumamente importante para o estado español: o PP retirou o que ía ser a nova lei do aborto, coa que nos ha ter ameazadas durante varios anos, e o seu impulsor, Alberto Ruiz Gallardón, dimitiu.

O seu intento de controlar o corpo e a vida das mulleres foi contestado por un movemento feminista que loitou e seguirá loitando polos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres. Pero tamén polo dereito á vida, fronte a aqueles que nos ditan que temos que facer; fronte a aqueles que pretenden que sexamos simples incubadoras; fronte a aqueles que queren que traiamos fill@s ao mundo para despois esquecerse de el@s. Polo dereito á vida a vida das miles de mulleres que morren en abortos clandestinos a diario.

Seguir lendo

Advertisements