The Square, o corazón da revolución exipcia | Xaquín Pastoriza

1383909863_w670_h377[Hai apenas un par de días, 20 periodistas de Al Jazeera eran xulgados en Exipto acusados de terrorismo por parte do goberno dos militares, o noso compañeiro Xaquín Pastoriza fai uns breves apuntamentos sobre o documental do cineasta Jehan Noujaim “The Square” que retrata os sucesos revolucionarios en Exipto. Pódese visionar ao completo pinchando aquí]

Yasiro Ozu no seu filme “Contos de Tokio” colocaba a cámara aos pes das personaxes para retratar o máis cerca posíbel a vida doméstica dunha familia do Xapón de postguerra. A cineasta exipcio-estadounidense Jehane Noujaim coloca a súa cámara ao pé da revolución para reflexar os avances e retrocesos da revolución exipcia nos últimos dous anos e medio. A cámara introdúcese no interior das tendas da acampada en Tahrir, combate nos enfrontamentos coa policía e o exército, pescuda nas discusións de café entre os revolucionarios. Seguir lendo

A crenza neoliberal / Manuel Garí

“Os tipos de agora non son financeiros, senón alquimistas, moi a miúdo charlatáns”. (Amparao Estrada e outros, Que facemos coa política económica)

1. O grao de decisión co que os capitalistas e os seus economistas, avogados, políticos, publicistas e capataces toman decisións que levan á miseria a millóns de seres humanos non é mera consecuencia da súa avaricia, senón que require unhas relacións sociais que o permitan, un ordenamento xurídico que o ampare e un cadro de pensamento que o xustifique. Hai avaricia? Si. Hai corrupción? Si. Pero ambas poden darse e desbocar porque o sistema económico as sustenta e alenta. E ese sistema require dun corpus de ideas e valores que o lexitime, polo menos ante os ollos do propio 1%, e do 9% que se beneficia como servidor e fiel gardián, e, se é posíbel, engane ao maior número de persoas do restante 90% da sociedade. Seguir lendo

“Mover ficha”: unha candidatura contra a débeda exterior e o réxime | John Brown

1522293_272953566194723_1892408863_n

[John Brown, escribe sobre a iniciativa Podemos, a proposta dunha candidatura popular para as eleccións europeas que xira entorno ao manifesto asinado por diversas activistas e intelectuais]

No panorama casposo da suposta “fin da crise” que proclama a ultradereita gobernante, non parecían posíbeis moitas sorpresas. Todo parecía atado e ben atado. As sondaxes electorais arroxaban resultados brillantes para o bipartidismo de réxime e os seus partidos rémora. O 15M, as Mareas, a PAH, pronto só serían malos soños esquecidos no resplandor dun poder por fin restaurado. Todo atado e ben atado entre dous bloques de poder liderados por senllas esfinxes. Estes bloques e estas esfinxes poden competir ou aliarse entre si con toda a cortesía dos que saben que non poden realmente criticar ao outro por malgoberno, corrupción ou autoritarismo, porque o outro se lle botaría encima con acusacións idénticas e igualmente sustanciadas. Xunto aos dous buques insignia, fóra das nacionalidades históricas só quedaban dúas forzas de complemento: IU e UPyD. Ningunha das dúas pasaba de ser máis que o Pepito Grilo da súa irmá maior de “esquerda” ou de dereita. Era até hai unhas horas desolador saber que por grande que fose a mobilización popular contra o saqueo, o empobrecimiento xeneralizado, a liquidación de dereitos e outras formas de violencia social das clases dominantes, non había ningunha posibilidade efectiva de expulsar ao malgoberno e ao seu igualmente mala oposición. A crise terminaría así en vitoria para as clases dominantes e os seus representantes políticos e os duros anos de loita desde o comezo da crise serían vans. Todo estaba atado e ben atado: o poder podía xa ir usando os seus aparellos represivos contra a resistencia e impor varias décadas máis de silencio enterrando o 15M e todo o que con este se asocia. Seguir lendo

Entrevista a Daniel Bensaïd: Actualidade do marxismo

Imaxe

Respostas de Daniel Bensaïd ás preguntas de mozos militantes da organización política marxista Vpered, tras o seu congreso levado a cabo en Moscú en novembro de 2006.

Vpered: Que partes da herdanza marxista pertencen claramente ao pasado, e cales che parece que conservan hoxe en día a vixencia de sempre ?

Daniel Bensaid: Gustaríame comezar por matizar ou precisar a idea mesma de herdanza. Non hai unha herdanza, senón moitas: un marxismo “ortodoxo” (de Estado ou de Partido) e marxismos “heterodoxos”; un marxismo cientifista (ou positivista) e un marxismo crítico (ou dialéctico); ou mellor aínda, o que o filósofo Ernst Bloch chamou as “correntes frías” e as “correntes cálidas” do marxismo. Non se trata de simples diferenzas de lecturas ou interpretacións, senón máis ben de discursos teóricos que, en ocasións, sustentan políticas antagónicas. Como a miúdo insistía Jacques Derrida, unha herdanza non é un ben que pode ser transmitido ou conservado. É o que fan con ela, así como o que farán, os herdeiros. Seguir lendo

Liberdade d@s detid@s en Burgos. Non ao bulevar!

Reproducimos a continuación o comunicado emitido este sábado pola Coordinadora Confederal de Izquierda Anticapitalista:

EL BARRIO BURGALÉS DE GAMONAL VUELVE A REGISTRAR GRAVES INCIDENTES

1. -A Coordinadora Confederal de Izquierda Anticapitalista manifesta o seu pleno apoio á loita cidadá que en Burgos se opón á Operación Bulevar imposta ao barrio Gamonal polo Concello presidido polo PP.
2. -Compartimos a denuncia dun proxecto faraónico, especulativo e esencialmente alleo ás prioridades dunha poboación afectada pola política austeritaria de recortes sociais, destrución do público e precarización do traballo, derivadas da trama gobernamental e as administracións ao seu servizo. Unha trama que non dubidamos en cualificar de mafiosa.
3. -Denunciamos a falta de atención municipal ás demandas populares e a crispación introducida pola ocupación policial do barrio, orixe dos enfrontamentos habidos o día de onte, 9 de xaneiro, e que se saldaron coa detención de 17 persoas e manifestamos:
A nosa plena solidariedade co combate veciñal contra o Bulevar.
A esixencia de liberdade inmediata dos detidos e a anulación de calquera procedemento xudicial na súa contra.A nosa defensa dunha solución que, paralizando de inmediato as obras, devolva a soberanía á poboación afectada e se manifeste mediante o exercicio dun referendum popular que obrigue o Concello a renunciar ao proxecto.

Madrid. 13-01-2014 Coordinadora Confederal de IA.

O movemento polo transporte gratuíto en Brasil / Michael Löwy

ImageA loita do Movemento Pase Libre (MPL) –movemento polo transporte público gratuíto– contra o aumento dos prezos dos billetes de transporte foi a que desencadeou a multitudinaria e impresionante mobilización popular en Brasil o pasado mes de xuño, que fixo saír á rúa a centenares de miles, senón millóns, de persoas nas principais cidades do país. O MPL foi a pequena chispa libertaria que provocou o incendio. Que leccións se poden sacar desta experiencia e cal é o alcance social, ecolóxico e político da loita polo transporte gratuíto? Seguir lendo