O desafío catalán e o medo á democracia / Jaime Pastor

ImageSe xa desde polo menos o estoupido da crise sistémica en 2008 e a irrupción do 15M en 2011 estamos vivindo a crecente perda de credibilidade do relato dominante en torno ao “proxecto europeo” e, con el, da mitificada Transición española, é agora cando estamos comprobando as dificultades para traspasar o limiar necesario que axude a demostrar que é posíbel un proxecto alternativo e ilusionante tanto a escala europea como do Estado español. Seguir lendo

Advertisements

Ante a nova reforma da lei do aborto

1524906_426778350781887_329092455_nO NOSO CORPO, A NOSA DECISIÓN

Volvemos ter que explicar onde se sitúa o debate. De novo a Igrexa e os sectores máis conservadores volven sinalar a aquelas que facemos uso da nosa liberdade, criminalizándonos. Non se trata de cando empeza a vida. Para iso, a ciencia ten máis que dicir que a Igrexa.

Eles non defenden a vida. Non se preocupan das mulleres que morren por abortos clandestinos, daquelas que non poden permitirse quedar embarazadas por non ter traballo, nin do dereito á educación, á sanidade, a unha vivenda, a unha vida digna, dos que estamos no mundo. Calan fronte ás políticas de austeridade e de desmantelamento das conquistas sociais. Non é a vida o que lles preocupa: é o control do corpo da muller, da súa capacidade de reprodución. Trátase da posta en cuestión da capacidade de decisión das mulleres sobre o seu corpo e a súa sexualidade, da recuperación dos roles tradicionais nos que a muller ha de ser submisa, da imposición dun modelo de sexualidade ligado á reprodución, reducindo a sexualidade á heterosexual.

NON QUEREMOS VOLVER ATRÁS, TAMPOUCO CONTINUAR COMO ATA AGORA

Mentres o PP nos ameaza cunha nova lei, proposta dende o Ministerio de Xustiza e non polo de Sanidade, que eliminaría as 14 semanas de aborto libre e establecería un sistema de supostos, máis restritivo que o da lei anterior, do 85, encontrámonos nunha situación de despenalización parcial do aborto. O PSOE deu algúns pasos pero non se atreveu a plantarse fronte á presión da Igrexa nin rompeu coa lóxica de privatización. Seguir lendo

O proceso constituínte da dereita / Miguel Romero

1. O debate sobre que facer coa Constitución de 1978: defendela, reformala, derrogala por medio dun proceso constituínte… –comoveremos, algunhas forzas políticas tratan de xogar en dous campos á vez– están no centro do conflito político alimentado pola crise de réxime. Actúa como un síntoma desa crise e por isto agudizouse desde que o “dereito a decidir” se converteu nunha reivindicación actual e masiva en Catalunya, abrindo unha brecha irreparábel nos consensos da Transición. Pero hai que destacar que a identificación da crise de réxime e o proxecto dun proceso constituínte naceu do 15M, e é dentro da cultura rupturista que ten as súas raíces nese movemento onde poden conseguir un desenvolvemento social imprescindíbel e unha reposta ao complexísimo desafío de articular “procesos constituíntes” no Estado español.

O goberno do PP fíxose o abandeirado da Constitución, como base ideolóxica do patriotismo español e como artefacto institucional supremo fronte a calquera proposta ou proxecto que puidese afectar a “unidade de España”. Pero a política da dereita non se resume en izar bandeiras. Nos anos de goberno de Rajoy, ao que normalmente lle quedan outros dous, a chamada “política de reformas” equivale a un verdadeiro “proceso constituínte” que está transformando dunha maneira coherente bases da economía e da sociedade española. Este proceso non modificou, nin quere modificar a Constitución de 1978; pola contra, apóiase nela e nas institucións encargadas de interpretala, como o Tribunal Constitucional e, chegado o caso, impoñela, como as Forzas Armadas e o aparato de “seguridade” do Estado. O fundamento da política do goberno é a interpretación “natural” da Constitución como garante da orde capitalista, a Constitución material que quedou enmascarada polos consensos da Transición [1].

Seguir lendo

Liberdade sen cargos para as compañeiras detidas na protesta de Murcia (Comunicado Izquierda Anticapitalista Murcia)

A Policía Nacional detivo a dúas compañeiras, esta mañá, na concentración fronte ao pazo de Congresos de Murcia, nunha convocatoria que protestaba pola visita de Mariano Rajoy á cidade.

A protesta transcorría sen altercados cando, despois de que as manifestantes disolvesen a concentración de forma pacífica, as Forzas do Estado asediaron ás persoas asistentes, co obxectivo de identificar arbitrariamente a dúas delas. Foi nese momento cando as mesmas persoas que se manifestaban formaron un círculo, nun exercicio de solidariedade, para protexer ás compañeiras que pretendían identificar. Sen disposición a dialogar, a resposta da Policía foi a de tensar a situación rompendo o círculo violentamente. Foi nese intre cando detiveron a Daniel e Raquel, dous militantes de Izquierda Anticapitalista Murcia. Unha hora e media despois dos feitos, confírmase o seu paradoiro: a comisaría de San Andrés.
De novo, tristemente presenciamos un episodio de represión cuxo principal obxectivo é o de estender o medo entre as persoas que nos decidimos a cambiar o mundo, ese lugar que hai tempo decidiron arrebatarnos. Non obstante, experiencias como a de hoxe fortalecen a solidariedade entre as de abaixo: hoxe foron Daniel e Raquel, mañá poderiamos ser calquera de nós.

Por iso, dende Izquierda Anticapitalista Murcia, condenamos rotundamente os feitos que hoxe tiveron lugar, sinalando á policía como último elo dunha cadea represora que comeza nos intereses da clase dominante por perpetuar os seus privilexios. Pasa polo mesmo Rajoy que hoxe visitaba Murcia, como tamén o fai por Valcárcel, Botín, a Troika, etc. Esta cadea, que pretende converternos en maioría silenciosa pola forza, preténdese reforzar coa nova Lei de Seguridade Cidadá, fronte á que encontrarán máis protesta, máis contundente, máis solidaria e mellor organizada.

Se tocan a una, tócannos a todas. Liberdade inmediata e sen cargos para Raquel e Daniel.

 

In Memoriam Nelson Mandela

ImageALGÚNS NACEN GRANDES, ALGÚNS CONSEGUEN GRANDEZA E ALGÚNS TEÑEN A GRANDEZA PROXECTADA SOBRE ELES

Brian Ashley

Amandla! (poder na lingua xhosa da tribo orixinal de Mandela; palabra coa que se iniciaban as súas convocatorias) non cre nos milagres. Mandela non é inmortal. Viviu a máis plena das vidas. Amandla! está coa súa familia, o CNA (a organización pola que viviu e morreu), os seus camaradas máis achegados, especialmente os superviventes de Xuízos por Traizón e os prisioneiros de Robben Island, co pobo de Sudáfrica así como tamén millóns de persoas en todo o mundo conmemoran a morte dun gran home.

Porén, Mandela non era nin un deus nin un santo, senón un home do pobo. Con el confírmase que as persoas con orixes humildes poden elevarse e conseguir proezas extraordinarias. A vitoria é posíbel contra todas as probabilidades.

Mandela tiña todos os atributos de grandeza de Shakespeare. É neste sentido que a nación surafricana, tal e como é, coas súas divisións, polarizacións e desigualdades, rende tributo a un home que dedicou a súa vida á liberación do seu pobo. Seguir lendo

Manifestacións en defensa da sanidade pública

imageEste 10 de decembro, no medio dos dous días de folga xeral no sector, a Plataforma SOS Sanidade Pública.
Fronte a privatización e os recortes en sanidade, socialización baixo control da comunidade sanitaria e d@s usuari@s. Non hai espazo para o privado nos dereitos básicos. Todo para todas.

Listado de manifestacións:

O Barco: 20:00 h con saída do Hospital comarcal. Conde de Fenosa Ourense: Ás 20:00 h, con saída do Pavillón dos Remedios Burela: Ás 20:30 h, con saída do Hospital da Costa Vigo: Ás 20:00 h con saída do Hospital Xeral Ferrol: Ás 18:00 h, con saída da Praza de España. Lugo: Ás 20:00 h, con saída do edificio multiúsos da Xunta de Galicia Pontevedra: Ás 20:00 h, con saída da porta principal do Hospital provincial Santiago: Ás 20:00 h, con saída da Praza Roxa A Coruña: Ás 20:00 h, con saída da Casa do Mar Barbanza: Ás 20:00 h con saída do centro de Saúde Monforte: Concentración na Praza de España, ás 20:00 h Salnés: Concentración ás 14:00 h diante da porta principal do Hospital Cee: Concentración ás 12:00 h diante da porta principal do Hospital

A reforma da lei de seguridade cidadá (ou como crear unha maioría silenciada) / Gerardo Pisarello, Jaume Asens

ImageA “maioría silenciosa” converteuse nunha categoría central da política española actual. En mans do Goberno, é a arma contra calquera mobilización que cuestione as súas políticas. Os que protestan —contra os recortes, contra as privatizacións, esixindo maior democracia— son sempre unha minoría. Ruidosa, extremista, invariábelmente manipulada. A “maioría silenciosa”, en cambio, sería a expresión ontolóxica dunha sociedade civilizada. A que queda na casa, a que soporta estoicamente os axustes e as exhibicións da impunidade dos que mandan. O problema prodúcese cando as minorías ruidosas comezan a medrar. Ou cando ameazan con votar como non deberían. Nestes casos, a “maioría silenciosa”, ou mellor, “silenciada”, xa non é un concepto descritivo. É algo que convén crear. Aparatosamente, a través dunha maior represión directa. Ou de xeito sutil, a través de medidas que neutralicen ou desgasten aos que se resisten a entrar en razón e que dificulten o control xudicial. A reforma da Lei de Seguridade Cidadá ou a proposta de restrición do dereito de folga deben entenderse dentro desta última estratexia.

A idea de estreitar o cerco contra a protesta social estivo presente desde un primeiro momento nos plans do Partido Popular. O Goberno, de feito, acompañou cada mobilización na súa contra cun anuncio de restrición de liberdades e de endurecemento do marco de sancións existentes. Primeiro foi a reforma do Código Penal, pensada para erradicar as ocupacións pacíficas e reivindicativas de entidades bancarias, os bloqueos simbólicos de transportes públicos ou o ciberactivismo nas redes sociais. Unha ofensiva punitiva que permitía levar ao banco dos acusados a activistas do 15-M, Iaiofrautas, membros da Plataforma de Afectados polas Hipotecas (PAH) ou integrantes do Sindicato Andaluz de Traballadores (SAT).

Seguir lendo