Contra a violencia machista Resistencia feminista!

images (1)Outro 25 de Novembro vólvense encher as redes sociais de lazos negros e as rúas de silencio recordando as mulleres mortas pola violencia machista. Unha vez mais tócanos recordar que a violencia contra as mulleres é un fenomeno cotián, que sufrimos en diferentes intensidades e en tódolos contextos: familiar, afectivo, sexual, laboral e social. Outro ano tócanos sinalar a hipocresía dos que gardan minutos de silencio polas mortas ao tempo que desmantelan as prestacións sociais que poderían amparar ás mulleres que sofren violencia extrema; dos cales nos falan de igualdade mentres aproban unha Lei de Educacion que nos fai retroceder á epoca franquista; dos que falan da liberdade das mulleres ao tempo que penalizan o dereito ao aborto, etc.

2013 foi un ano de ataques contra os dereitos das mulleres. A reforma do aborto de Gallardón empeora unha lei que xa era deficiente, e volve dubidar de se debemos ter dereito a autodeterminar o noso propio corpo; vólvese poñer en dúbida a nosa capacidade de decidir e atrévense a dicir que “velan pola vida”, cando parecen ter esquecido os milleiros de mulleres mortas en abortos clandestinos no Estado Español ata que se regulou a lei actual. Atrévense a dicir que “protexen a vida” mentres recortan as condicións básicas de supervivencia das mayorías sociais.

Seguir lendo

Advertisements

Ante a represión da manifestación contra a LOMCE en Vigo

20131120_133342Ante a represión da manifestación contra a LOMCE en Vigo de hoxe, que rematou coa detención de varias e varios estudantes, queremos salientar:

-Expresamos toda a nosa solidariedade coas detidas e detidos e pedimos a súa inmediata liberación.

-A policía, a súa actitude arrogante a as sucesivas cargas foron as principais responsábeis da violencia que se deu na manifestación, lembremos, na que participaban na súa meirande parte estudantes de instituto e bacharelato que sufriron porrazos e detencións, todo iso nun contexto de aumento da criminalización das protestas e da violencia policial.

-Lamentamos a actitude do Sindicato de Estudantes durante a manifestación, erixíndose como garante do orde nela impedíndolle o paso á asemblea de institutos polo túnel de Praza dos Cabalos co seu servizo de orde, e enfrontándose as compañeiras e compañeiros dos primeiros detidos namentres estes se encaraban coa policía, levando ata o final a manifestación e a parte dos manifestantes e deixando a correlación de forzas das que quedaban sentadas ou esixindo a liberación dos detidos de fronte a policía seriamente danada.

-Cremos que as diversas organizacións da cidade, asembleas e colectivos sociais deberían convocar unha concentración en solidariedade coas detidas e unha asemblea co obxectivo de demostrarlles que non están sós e continuar a loita en defensa dos dereitos de todas e todos. Tamén contribuiría a construír espazos democráticos en oposición a estruturas burocráticas que só tratan de preservarse.
Estudantes de Esquerda Anticapitalista.

Enerxías fósiles: os xigantes do sector exercen persión sobre os sindicatos

Imaxe

A prensa fixo eco da noticia: os presidentes dunha decena de empresas enerxéticas europeas esixen a fin dos subsidios para as… enerxías renovábeis. Declarárono publicamente nunha conferencia de prensa que tivo lugar a comezos de outubro. A francesa GDF-Suez, as alemás EON e RWE, as españolas Gas Natural Fenosa e Iberdrola, as italianas ENI e Enel, a neerlandesa Gas Terra e a sueca Vattenfallt representan aproximadamente a metade da capacidade instalada no conxunto da Unión. No nome de todas elas, Gérard Mestrallet, presidente de GDF-Suez, declarou: “Temos que reducir o ritmo ao que Europa instala parques eólicos e paneis solares. Isto é hoxe por hoxe insostible”. Seguir lendo

Contra a impunidade, que paguen os culpábeis!

images

A sentenza sobre a demanda presentada pola plataforma Nunca Máis contra os responsábeis da maior traxedia medioambiental da historia de Galiza, o verquido do Prestige, supón unha burla negra da xustiza, unha labazada sobre a maré de dignidade do noso pobo, que sinalou con claridade na rúa aos culpábeis da desfeita. Uns culpábeis que, na súa maioría, nunca estiveron sentados no banquillo dos acusados durante o longo xuízo, nunca declararon, nin fixeron frente ás súas responsabilidades. Seguir lendo

Neglixencia das clases posuidoras, urxencia da solidariedade / Pierre Rousset

Imaxe

O tifón Haiyan acaba de devastar as Visayas, no centro do arquipélago filipino, ao mesmo tempo que se abre en Varsovia a 19ª Conferencia Internacional sobre o Clima. O ano pasado, outro ciclón mortífero enloitara as Filipinas mentres a mencionada conferencia estábase a celebrar en Doha. Os delegados gobernamentais saudaran a memoria das vítimas, antes de concluír que era urxente non facer nada. É algo seguro que este ano ocorrerá o mesmo. Agora do que se trata é da avalancha polos gases de xisto. Os lobbies da enerxía ditan a súa lei. Así, para a Mesa Redonda dos Industriais Europeos, “a competitividade” debe ser considerada “tan importante” como os “obxectivos de redución de CO2”. Nada debe cuestionar os seus beneficios nin o seu poder. Seguir lendo

Dereito penal do inimigo ou estado de excepción permanente | Manuel A. Fortes

xuss[Artigo do noso compañeiro Manuel A. Fortes publicado en Praza Pública]

1, Dereito penal do inimigo

Con este tipo de Dereito Penal o lexislador non trata ou se refire aos cidadáns, senón que ameaza aos seus inimigos, aos que así considera, castigando os seus delictos con penas draconianas, recortando as garantías procesuais e ampliando as posibilidades de sancionar condutas moi afastadas da lesión dun ben xurídico[Pie de página]; deste modo, estase a lexitimar a creación dun Dereito policial no que rexe, non a evitación de resultados lesivos, senón a persecución da condición do autor, da “maldade” dos inimigos do ordenamento xurídico[Pie de página]. Así pois, articúlase a noción do Dereito penal do inimigo como unha categoría do Dereito que considera inimigo a todo aquel que fuxiu, ou se entende que fixo tal cousa, que se sitúa ben apartado, e de modo duradeiro, non circunstancial ou accidental, do Dereito, fronte a quen a sociedade reacciona, até o extremo de contrapoñer un Dereito para cidadáns e un Dereito para inimigos. Seguir lendo

EAG: “aprender e recuperar Outubro, fóra de dogmas e mitos”

060a[Publicamos a entrevista que nos fixeron as compañeiras de contrapoder.info co gallo do aniversario da Revolución de Outubro. Na súa web podedes ver as respostas de outras organizacións ás mesmas preguntas.]

1 – O 7 de novembro cúmprense 96 anos da Revolución de Outubro que deu orixe á primeira experiencia de Estado operario estendida no tempo. Que significa esta data para vós como organización? Marcou a Revolución de Outubro a historia da humanidade tan decisivamente como se ten dito?

Outubro fica como unha data chave na historia da empancipación e organización das masas de oprimidas e oprimidos, da súa capacidade de acción colectiva e consciente para tomar o poder e organizar as súas vidas de xeito colectivo. A pesar da dexeneración burocrática posterior e transformación da Revolución na ditadura staliniana, provocada por múltiples factores (principalmente o illamento que sufre polas derrotas revolucionarias no continente), abriu a fiestra a unha época na que a clase traballadora tivo na súa man cambiar o mundo de base. Aínda que como dicía Daniel Bensaïd, as experiencias emancipatorias saíron gravemente feridas do século XX, aprender e recuperar Outubro, da súa vitoria e da súa dexeneración, fóra de dogmas e mitos, é fundamental para as e os que queremos cambiar o mundo de base no século XXI. Seguir lendo