Folla de cara ás manifestacións do 24O | Folga no ensino

Educacion241013GZpA Lei Wert apuntala a transformación das estudantes (aquelas que se poidan permitir selo) en mercadorías para o novo modelo social que nos ofrece a clase dominante: a precariedade absoluta, a falta de dereitos democráticos e económicos, a competición salvaxe entre as e os que non temos outra cousa que a nosa forza de traballo para vivir. Acompañada dunha forte carga españolista e nacional-católica que ataca á nosa língua e a nosa cultura, a Lei Wert é unha lei dos de arriba e para os de arriba. Para camiñar cara un ensino de todas e para todas, xestionado democraticamente polo conxunto da comunidade educativa e orientado a satisfacer as necesidades do 99%, comecemos derrubando a Wert. Entre todas e todos, dende abaixo e con democracia, pódese. Seguir lendo

Advertisements

Ante a sentenza de Estrasburgo contra a Doutrina Parot | Comunicado

dd.pngO tribunal de Estrasburgo acaba de derrogar a chamada “Doutrina Parot”, unha doutrina de “excepción” dentro da xurisprudencia que consistía en aplicar aos casos de terrorismo a redución de penas por beneficios, estudos, traballo, a cada unha das penas individualmente e non ao conxunto como se facía cos demais presos, cuxo obxectivo non disimulado era o de castigar e manter en prisión aos integrantes de ETA, e non a súa reinserción. Ao ser unha sentenza vinculante senta xurisprudencia nos estados europeos, e por iso o Estado Español comprometeuse a acatala. A sentenza debe producir a excarceración de decenas de presas vascas sen dilación. Seguir lendo

Cando estudar é un privilexio, desobedecer é un dereito: derrubemos a Wert | 24O FOLGA EDUCATIVA

Educacion241013GZpEmpeza un novo curso e continúan os ataques ao ensino público. Á LOMCE e a subida de taxas xeralizada do pasado ano súmase o endurecemento dos requisitos para poder acceder a unha bolsa -o seu discurso é que teñen que ser un premio e non un medio para asegurar o dereito a estudar das que menos teñen-, o aumento da nota media requirida (a un 6,5) e a esixencia dun maior número de créditos a aprobar cada curso. Meritocracia e competencia é o que nos ensinan agora nas aulas. Seguir lendo

Redada contra Herrira: a proba do algodón do nivel de democracia no Estado español

arton28906-2dfd5Comunicado de Antikapitalistak

[Reproducimos  a continuación de maneira íntegra o comunicado das nosas compañeiras de Antikapitalistak en Hego Euskal Herria sobre a represión contra Herrira. Dende Esquerda Anticapitalista Galega queremos expresar toda a nosa solidariedade cos detidos e co pobo vasco]

Nun país no que existen presas e presos políticos, cuxos dereitos son vulnerados de forma case continua, inflixíndolles castigos engadidos aos xa de por si rigorosos impostos polas sentenzas xudiciais, o lóxico é que exista un movemento social que os defenda. Se ese movemento traballa con seriedade e busca alianzas, tal e como Herrira vén facendo nos últimos anos, o lóxico é que gañase un prestixio e un apoio social considerábel. Seguir lendo