Aborto libre, gratuíto e fóra do Código Penal! Os nosos corpos, as nosas vidas, nós decidimos! | Comunicado

abortoface1Outro 28 de setembro conmemoramos o día internacional pola despenalización do aborto. Despois de tantos anos, saímos de novo á rúa, a loitar polo dereito a poder decidir sobre os nosos corpos. Unha vez máis o goberno do PP embiste frontalmente contra as mulleres. Este intento de control sobre os nosos corpos e as nosas vidas polo estado non é novo; este ataque súmase a todos os efectuados dende o estoupido da crise, destinados a recuperar os roles familiares e de xénero tradicionais. Seguir lendo

Advertisements

Contra a reforma das pensións do PP. Mobilización social ata a Folga Xeral! Abaixo o goberno dos de arriba!

Deuda GlzComunicado

O Goberno do Partido Popular prosegue na súa loita implacábel contra o mundo do traballo e as políticas sociais. Nesta ocasión puxo no punto de mira ás pensións, salario diferido que, en teoría, debe ser garantido polo Estado a través da Seguridade Social.
Tras buscarse un marco de suposta lexitimidade científica recorrendo a expertos de parte, e a outros con tendencias compracentes, o goberno afronta unha reforma dura do Sistema de Pensións que comportará unha erosión drástica nos próximos anos do poder adquisitivo das pensións actuais, e, a partir de 2019, un recorte sumamente duro das pensións vindeiras. Estas medidas recrúan a reforma das pensións de 2011 que xa emprenderon un severo recorte, contando co apoio dos sindicatos maioritarios, que dixeron aliviar as condicións do axuste.
Seguir lendo

Terrorismo galego | Santiago Alba Rico

santiago-alba-rico-01O pasado día 13 de setembro a Audiencia Nacional condenou a penas de entre 10 e 18 anos a catro mozos independentistas galegos por participación en “organización terrorista”, por falsificación de documento oficial “con fins terroristas” e -a dous deles- por tenza de explosivos “con fins terroristas”. O certo é que, máis aló das numerosas irregularidades rexistradas durante o proceso, o tribunal non puido probar a comisión de ningunha acción terrorista por parte dos acusados e, malia iso, impúxolles as penas máis altas contempladas no código penal. O asunto é que a única proba de que os mozos independentistas son “terroristas” é que pertencen a “unha organización terrorista”, pero a única proba de que pertencen a unha “organización terrorista” é que son “terroristas”: unha tautoloxía viciosa que suspende a racionalidade xurídica e aplica en Galiza, como antes no País Vasco, o principio de analoxía e o dereito penal do inimigo para criminalizar unha intención e un programa políticos. Se Resistencia Galega existe e é unha organización terrorista, todo o que fagan os catro activistas -xunto a outros compañeiros aínda libres ou á espera de xuízo- é potencialmente “terrorista”: mercar zapatos con “intencións terroristas”, lavar os dentes “con intencións terroristas” e ata condenar o terrorismo “con intencións terroristas”. Se a Audiencia Nacional decide que o club filatélico ao que pertenzo é unha “organización terrorista”, pegar selos nun álbum -esta é a lóxica- pódese converter nun delito condenado con 10 anos de prisión e ata con 18, se se proba que a cola coa que pego os selos admite un “dobre uso” criminal. Seguir lendo

Lexitimación do franquismo | Manuel Alonso

concello-cierraO noso compañeiro Manuel Alonso escribe en praza.com sobre a cruz do Castro en Vigo, o PSOE e o franquismo.

Preto da cima do monte do Castro, nun lugar privilexiado que domina parte da cidade de Vigo, levántase unha sinistra cruz de pedra, monumento de 12 metros levantado en 1961 en honor dos caídos do bando franquista durante a guerra de 1936, inaugurado polo propio Francisco Franco e que non pode evitar a comparación con outra cruz, esta vez de esperpénticas dimensións: a do Val dos Caídos. Os “monumentos aos caídos” proliferaron ao longo do Estado Español como elementos propagandísticos dunha ditadura que fusionaba deste xeito o político e o relixioso, fomentados desde as diferentes xefaturas de Falange e que representan perfectamente a idiosincrasia franquista: nacional-catolicismo, conmemoración da vitoria, xerarquía, obediencia e ánimo de imperialidade. A representación perfecta do triunfo da morte sobre a intelixencia. Seguir lendo