Siria: a intervención soñada | Santiago Alba Rico

santiago-alba-rico-01En relación coa máis que probábel “intervención” militar do goberno de EEUU en Siria, hai dúas posicións igualmente absurdas:

A dos que pretenden que Bachar Al-Assad non usou armas químicas. Un asasino que bombardea e lanza misiles á súa propia poboación, que tortura sistemáticamente ao seu pobo e degola mulleres e nenos, é sen dúbida capaz de arroxar gas sarín ou calquera outra sustancia letal sobre os seus cidadáns.

A dos que pretenden que EEUU non mente sobre o uso de armas químicas en Siria. Unha potencia capaz de invadir Iraq tras inventarse probas e falsificar documentos, que mantén aberto Guantánamo e que practica rutinariamente execucións extraxudiciais fóra das súas fronteiras e desde o aire, é perfectamente capaz de mentir tamén no caso de Siria, como tantas veces antes. Seguir lendo

Advertisements

Solidariedade co pobo sirio, non á intervención imperialista! | Comunicado

arton28797-c5523A historia repítese. Todo parece indicar que nos abocamos a unha inevitábel intervención de EEUU sobre Siria. Nunha desas amargas ironías ás que nos teñen afeito os gobernantes norteamericanos, o premio Nobel da Paz, Obama, planeaba a intervención da OTAN en Siria mentres conmemoraba cun discurso de paz e dereitos civís o cincuenta aniversario do asasinato de Martin Luther King.

Pouco queda daquel 15 de marzo de 2011 cando á calor das revolucións en Tunisia e Exipto, na cidade de Daraa, unha manifestación pacífica contra o réxime do dictador Bashar al-Assad foi reprimida a sangue e lume polas forzas gobernamentais. A partir de aí, Siria, por máis de 6 meses, foi escenario de constantes protestas e manifestacións pacíficas que ao grito de “abaixo o réxime!” ou “queremos paz, queremos liberdade!” foron reprimidas polo Exército e os aparellos represivos do réxime sirio ante a inacción da comunidade internacional. Seguir lendo

Ante a folga convocada no hospital Povisa (Vigo)

logo-povisaComunicado de Esquerda Anticapitalista Galega

A maioría social traballadora atravesa un proceso de pauperización masiva a través dos ataques ao salario, o paro e a precarización combinada co terror empresarial nos centros de traballo por unha banda, e por outra pola demolición do “estado do benestar” a través do desmantelamento das conquistas históricas da clase traballadora, sendo brancos centrais o ensino e a sanidade. O obxectivo: salvar (e incrementar) os beneficios da banca e das grandes empresas á costa da maioría social. A comarca de Vigo, cun 30% de paro, está a ser golpeada con especial virulencia. Neste contexto, o vindeiro 19 de agosto dará comezo unha folga indefinida no hospital Povisa convocada polo comité de empresa. Seguir lendo

Desvío ao líder | Miguel Romero

miguel romero1. A soada sentenza de Warren Buffet, “Claro que hai loita de clases. Pero é a miña clase, a dos ricos, a que empezou esta loita. E imos gañando”, expresa moi claramente quen ten a iniciativa e quen vai gañando. Pero, quen son, quen somos, os que imos perdendo? A dificultade para atopar unha expresión (“os de abaixo”, “o 99%”, “o pobo”…) capaz de facer que se recoñeza a toda esa maioría social, con identidades sociais fragmentadas (“clases medias” que non queren recoñecer o seu declive, traballadores activos, a maioría deles baixo o temor ao despedimento, parados, pensionistas, precarios…), con escalas de ingresos que van dende os que aínda son “consumidores solventes”, pero menos que onte e máis que mañá, ata quen están no bordo ou caeron xa no pozo da pobreza… reflícte un problema político fundamental, en realidade o problema político fundamental: a desarticulación social e política da maioría, que é o que en última instancia explica que “vaian gañando”.
Seguir lendo