Cuarto Informe sobre situación internacional | François Sabado

vvcv[Reproducimos aquí o informe introdutorio do debate sobre situación internacional, presentado na reunión do Buró Executivo da IV Internacional en xuño de 2013.]

Os últimos días estiveron marcados polos tremendos levantamentos da mocidade turca e brasileira. Tamén hai que engadir o movemento en Bosnia, que comezou ao redor da defensa do dereito dos nenos a ter unha identidade. Estas mobilizacións sociais e políticas forman parte dun movemento de resistencia social e política contra a austeridade, a desigualdade, os ataques ás liberdades democráticas. Xa se trate da defensa dun parque, a reacción ao aumento do custo dos transportes ou a defensa dos dereitos democráticos, estes movementos tamén teñen a súa especificidade. Son movementos que están xurdindo, como no caso de Turquía e do Brasil, en países emerxentes, que ata agora non se viron afectados pola crise. Isto dálle a estes movementos un alento do Maio do 68, cunha forte mobilización da mocidade seguida pola dos sectores do movemento obreiro. Seguir lendo

Comunicado de Esquerda Anticapitalista Galega ante a terríbel traxedia de Compostela.

accidente-santiago-efe-alvia--644x362O terríbel accidente de tren en Compostela cobrouse xa 78 mortos e deixou decenas de feridos. Dende Esquerda Anticapitalista Galega queremos mostrar a nosa solidariedade coas familias e cos feridos nestas horas tan difíciles para o pobo galego e tamén doutras nacionalidades. A dor polas mortes e o sufrimento do accidente non poden ser paliados con palabras. O único que podemos facer é respectar aos mortos, coidar aos feridos e apoiar ás familias.

Ese respecto consiste precisamente en delimitar as esferas do que é obxecto de debate público e o que non. Para nós os aspectos persoais, a forma e as expresións de dor dos directa ou indirectamente implicados na traxedia quedan fóra do debate público. Cremos que os que se dedican a furgar nas historias persoais e nas feridas tráxicas das familias son os que non saben onde están os límites da ética. A dor non pode ser unha mercadoría baixo ningún concepto. Seguir lendo

Polo dereito de autodeterminación. Pola Galiza do 99% | 25 de xullo

cartaz25Este 25 de xullo chega nun contexto de emerxencia social e democrática para a maioría traballadora do país. A crise económica capitalista golpea con particular dureza á nosa economía provocando paro, miseria, ferindo de morte a comarcas enteiras como Vigo ou Ferrolterra e acelerando a expulsión do noso país de milleiros de mozas e mozos (con e sen estudos), reabrindo con forza unha das feridas históricas do país. As que nos quedamos vemos cada vez máis esmorecidos os nosos dereitos democráticos: a reforma laboral abriulle a porta á doutrina do terror e do medo contra as asalariadas nos centros de traballo incrementando a explotación, a precariedade e a inseguridade laboral e vital; as mulleres vemos atacados os nosos dereitos sexuais e reprodutivos Seguir lendo

Derrubemos ao goberno da corrupción e dos recortes | Comunicado

1011978_10151732542012661_601277942_n

O “caso Bárcenas” converteuse no “caso Partido Popular”: parece que o escándalo afecta a amplos sectores da cúpula do partido gobernante. Lonxe de ser unha anécdota ou un individuo illado, a corrupción impregna toda a política do Réxime, converténdose nunha práctica común, na forma habitual de facer as cousas.

Corrupción combinada con austeridade, recortes e axudas á banca: a receita do goberno Rajoy enmárcase dentro dos plans do capital de aproveitar a crise para aumentar os seus beneficios a costa do benestar da clase traballadora. Por outra banda o “caso Bárcenas” tamén revela as dificultades que ten a dereita para manterse cohesionada nun momento onde a lexitimidade do réxime do 78 e os consensos da transición entran en crise. Seguir lendo

O naval ten solución: nacionalización baixo control obreiro | Comunicado

NAVAL

O naval afúndese e con el unha parte fundamental da economía galega. O resultado será o de sempre: máis paro e máis miseria para as familias traballadoras, mentres que os empresarios xa se forraron durante todo o período de bonanza.

Dende que estoupou a crise capitalista e o naval entrou en crise, os tres sindicatos maioritarios (CIG, CCOO e UXT) asumiron a estratexia de loitar a carón da patronal para solucionar a tráxica crise que asola o naval. A estratexia de aliarse cos explotadores non deu ningún tipo de resultado: o naval segue en descomposición, o tax lease demostrou ser un placebo que non soluciona os problemas estruturais dos estaleiros galegos. Seguir lendo

A revolución exipcia debe continuar sen tutelas do exército | Comunicado

Nin Morsi nin o exército representan as asipiracións á liberdade e á xustiza social

Nin Morsi nin o exército representan as aspiracións á liberdade e á xustiza social

As enormes mobilizacións en Exipto que precederon á caída de Morsi mostraron o crecente rexeitamento social ao seu proxecto neoliberal reaccionario e cada vez máis autoritario. Os Irmáns Musulmáns non estiveron na orixe da revolución exipcia, pero trala caída de Mubarak convertéronse na principal forza política do país ao ser a única organización opositora a Mubarak cunha forte implantación e arraigo social. O seu labor de goberno deixou claro que o seu proxecto político está lonxe das aspiracións populares que derribaron ao dictador en 2011. Seguir lendo