Orgullo LGTBI 2013 | Comunicado

LGTBIUn día como hoxe hai 44 anos producíase a revolta de Stonewall. Hoxe queremos conmemorar e celebrar aquela protesta contra unha sociedade heteropatriarcal asfixiante e criminal que nos impide vivir a nosa sexualidade, a nosa identidade e os nosos corpos en liberdade. Pero sobre todo queremos deixar claro que esa loita segue de plena actualidade e que temos que continuar batallando por unha sociedade libre de opresións sexuais, que termine cun sistema sexual imposto que encadea as nosas vidas. As loitas LGTBI conseguiron nos últimos anos moitos avances, logrando dar visibilidade ao diferente, conquistando dereitos e espazos antes monopolizados pola heterosexualidade obrigatoria e por un modelo de xénero dicotómico e patriarcal. Pero queda moito camiño por percorrer. Seguir lendo

Comunicado de solidariedade cos independentistas galegos Eduardo Vigo, Mária Osorio, Roberto Rodrigues e Antom Santos.

fichero_74642_20120618

Quenes son os verdadeiros terroristas?

O que está a acontecer nestes últimos días ante o anacrónico Tribunal da Audiencia Nacional non é máis que o último intento do réxime de desprestixiar aos movementos de resposta política e social aos que se enfronta. E para iso vale todo, dende promover xuízos paralelos a través dos medios de comunicación ata inventarse tramas espectaculares baseadas en probas máis que discutibles.

Seguir lendo

Oskar baixo o euro: pros e contras. A esquerda alemá debate

1010927_10151429739115683_188667139_n[Os días 14, 15 e 16 de xuño celebrouse o 3º congreso de Die Linke en Dresde. Firma este artigo Jacopo Rosatelli no xornal italiano Il Manifesto]

Hai que acabar co euro? Lanzado por Oskar Lafontaine a finais de Abril, o debate na esquerda alemá está moi vivo. Nos días previos ao propio congreso lévao discutindo sobre todo Die Linke, o partido de quen Lafontaine é un dos seus fundadores e dos máis importantes exponentes, pero non faltan contribucións de académicos e activistas sociais. Seguir lendo

Pensións: un novo golpe de man | Manuel Garí

7-bragard-latil_big

En escasas horas o debate político sobre o sistema público de pensións reanimouse, caeron as caretas dos sabios e o sofisticado veo dos cálculos actuariais resultou ser un kleenex usado. Esa foi a única e gran virtude que ha ter o Informe do Comité de Expertos sobre o factor de sostenibilidade das pensións públicas encargado polo goberno do PP en consonancia co previsto na Lei 27/2011 (era pre Rajoy, final de época Zapatero). Seguir lendo

Formas “redes” e formas “partidos” | Pierre Rousset e Samuel Johsua

A discusión sobre as formas de organización dos que loitan contra o sistema capitalista é antiga (ver por exemplo o debate entre Marx e Bakunin), e sempre estivo presente. Toma con todo un novo vigor baixo o impacto do fracaso do “vello” movemento obreiro para cambiar o mundo, das iniciativas orixinais do movemento altermundialista do último decenio (e antes, dos debates que acompañaron aos combates zapatistas) e tamén da afirmación do individuo como figura social central. No momento en que un novo partido anticapitalista está en vías de creación, non é sorprendente que todos estes debates tomen un novo vigor. Seguir lendo

Que é a sociedade civil? Unha anotación dende Gramsci | Brais Fernández

-Der_Streik-_von_Robert_Koehler

[Detalle de “A folga” (Der Streik) de Robert Koehler

[Artigo do noso compañeiro Brais Fernández en Praza Pública]

No axitado e permanentemente cambiante mundo da esquerda galega, temos poucas veces tempo de debater sobre os conceptos que utilizamos para facer política. Os conceptos non son algo secundario: serven para performar a política, son continxentes (pois elixilos implica descartar outros), revelan onde se coloca o fío da ruptura antagonista. As palabras son algo máis que palabras: implican unha toma de partido. Por iso, no turbulento mundo da militancia transformadora, temos que intentar sacar tempo (e xerar espazos) que sirvan para reflexionar en torno a esas ferramentas conceptuais que manexamos.   Seguir lendo

IV Universidade de Verán anticapitalista | 20-25 de agosto en “La Granja” (Segovia)

IV Universidade De Veran PegPor cuarto ano consecutivo presentamos a Universidade de Verán de Izquierda Anticapitalista, Revolta Global-Esquerra Anticapitalista, Antikapitalistak e Esquerda Anticapitalista Galega. Un evento que, ano tras ano, vai consolidándose como un espazo central de debate, reflexión e encontro da esquerda. Un evento que reúne a centenares de activistas nunha contorna de confraternización, intercambio e rebeldía. Con todas as comodidades posibles, combinando distintas formas de participación, con servizo de guardería incluído e cunha ampla oferta de actividades, a Universidade de Verán é un encontro perfecto para un debate aberto e plural, para a articulación das loitas que están por vir e para a (auto)formación de quen estamos empeñados/as en cambiar o mundo de base. Seguir lendo

NO PASARÁN: nin en París nin en ningunha parte. | Comunicado

1370854368-thousands-antifascists-protest-in-paris-after-clement-merics-death_2133037

O pasado xoves, día 6, coñeciamos a triste noticia do falecemento do compañeiro Clément Méric, estudante e sindicalista de 18 anos, activista universitario e loitador polos dereitos das persoas LGTBQ. O compañeiro, en estado de morte cerebral durante horas trala brutal malleira asestada por un grupo de escuadristas de corte neonazi nunha tenda en París, morreu sendo a vítima dos covardes golpes de mozos ultradereitistas, que premeditadamente se levaron a súa vida.  Seguir lendo

“Terrorismo galego” e educación xuvenil | Santiago Alba Rico

santiago-alba-rico-01[Varias mozas e mozos independentistas galeg@s permancen en cárceres do Estado español en prisión preventiva á espera de xuízo, baixo acusacións de estar vinculados ao terrorismo nun contexto de criminalización do independentismo galego (e de todo o galego en sí) por parte do aparato do Estado, herdado do franquismo sen depurar. Coa inestimábel axuda da prensa burguesa, os procesos teñen adquirido tintes inquisitoriais. O artigo está tirado do blogue “De volta para Loureda” da Rede de apoio a Carlos Calvo, un dos mozos encarceados. http://devoltaparaloureda.wordpress.com]
Seguir lendo