Comunicado de cara á manifestación internacional do 1 de xuño

MANISA crise global do capitalismo volveu poñer enriba da mesa a necesidade de refundar un internacionalismo de clase, dende abaixo e a esquerda. Esta mobilización do 1 de xuño, impulsada por diferentes movementos sociais contrarios ás políticas de recortes e austeridade, opostos ás políticas que atacan á clase traballadora, demostran que é posíbel avanzar por unha vía que expanda os marcos de loita máis alá das dinámicas nacionais, respectando e asumindo as particularidades propias de cada territorio.

Os retos son enormes: non só temos que combater os ataques unificados da Troika e do capital contra os servizos públicos, os dereitos democráticos e as conquistas históricas do movemento obreiro, senón tamén recompoñer a capacidade dos e das de abaixo de loitar unitariamente e con obxectivos concretos para construír unha alternativa a un sistema que sufre unha crise estrutural que arrasa os espazos de benestar previamente conquistados. Seguir lendo

30º Campamento Internacional de Moz@s Revolucionari@s | IV Internacional

Campas_2013_IA_PegUn ano máis e cada vez con máis motivos, teñen lugar os.campamentos internacionais de moz@s revolucionari@s, un marco de formación e debate organizado pol@s moz@s da IV internacional de todo o mundo. Cada edición é diferente, pero o seu espírito é similar: ofrecer un espazo de encontro e convivencia para todos aqueles e aquelas que queiran construír un mundo libre de opresións.

1 de Xuño Manifestación Internacional – Pobos de Europa contra a Troika | Datas e horas en Galiza

MANISO 1 de xuño sairemos á rúa para demostrarlle á Troika e aos seus gobernos que imos en serio. Nas rúas, @s que somos invisíbeis, verémonos as facianas sorprendid@s de ser tant@s, @s que somos maioría sinalaremos aos culpábeis do austericidio. Os pobos de Europa nos atopamos nunha encrucillada histórica, a clase dominante teno claro: sacrificará as nosas vidas para pagar a súa débeda. Só cunha mobilización coordinada das clases traballadoras de Europa, dende abaixo e dende a esquerda, poderemos comezar a camiñar cara unha ruptura radical cos réximes do neoliberalismo e co capitalismo, para recuperar as nosas vidas. Non queremos migallas, querémolo todo.

Non debemos, non pagamos! | Troika, go home!

O feminismo é proVida | Sandra Ezquerra

abortoface1A dereita recorre con frecuencia á mesma estratexia para neutralizar as críticas: no canto de dialogar directamente coas denuncias e esixencias suscitadas por un colectivo, altera o significado das mesmas opoñéndoas (falsamente) aos dereitos ou intereses doutro sector, distorsionando ou eliminando, deste xeito, a posibilidade dun debate aberto e transparente sobre as reivindicacións suscitadas. Divide e vencerás: é o mellor xeito de evadir responsabilidades. Algúns exemplos recentes son a culpabilización da cidadanía por “vivir por encima das súas posibilidades” ou a responsabilización, entre outros, da poboación migrante polas estratosféricas taxas de paro ou a decreciente disponibilidade de recursos públicos. No caso das reivindicacións específicamente feministas, os avances dos dereitos das mulleres son presentados como inherentemente antagónicos con outros intereses colectivos: se a muller se incorpora ao mercado laboral, os fillos medrarán sen valores e sen rumbo, se as traballadoras domésticas do fogar reivindican unha mellor regulación do seu emprego, os fogares de clase media verán violada a súa intimidade ou non poderán permitirse comprar os servizos, e se as mulleres poden decidir libremente sobre o seu propio corpo, millóns de fetos e futuros cidadáns serán asasinados. Seguir lendo

A ruína da fractura hidráulica

icon_ruina-bffe7[Publicamos este artigo aparecido na web de Ecoloxistas en Acción  http://www.ecologistasenaccion.org/]

A aposta polo gas natural non convencional extraído mediante fractura hidráulica é unha decisión enerxética, económica, ecolóxica e estratexicamente errónea. Cada vez hai máis indicios de que ao redor desta técnica extractiva, tamén chamada fracking, levantouse unha burbulla especulativa.

A fractura hidráulica ten se baseado sistematicamente en estimacións de reservas moi superiores ás que se puideron extraer finalmente. No caso de Estados Unidos, o único lugar do mundo onde se desenvolveu a técnica extractiva de forma masiva, até en 100-400%. Seguir lendo

O proceso bolivariano despois de Chávez. Chegou a hora | Marea Socialista

marea_socialista_sbado_04_agosto_2012_097[Asinan este artigo Carlos Carcione, Stalin Pérez Borges, Juan García, Zuleika Matamoros, Gonzalo Gómez, Alexander Marín, militantes de Marea Socialista, corrente do PSUV e sección venezolana da IV Internacional, da que Esquerda Anticapitalista Galega forma parte]

“Mirar a realidade cara a cara, non buscar a liña de menor resistencia, chamar ás cousas polo seu nome, dicir a verdade ás masas por amarga que sexa, non temer aos obstáculos, ser fiel nas pequenas e nas grandes cousas, ser audaz cando chegue a hora da acción…” León Trotsky. 

I. INTRODUCIÓN 

A dous meses do falecemento do Comandante Chávez, o ritmo político na Venezuela Bolivariana é de vertixe. A descrición do cadro actual non é de simple conxuntura. Están dispostas forzas sociais irreconciliábeis cuxa tendencia é ao choque e o resultado desa confrontación determinará o carácter da nova etapa aberta no país pola desaparición física do Comandante. A mínima marxe na elección presidencial do 14 de abril, que gañou Nicolás Maduro cos votos de Chávez, é o emerxente dun mar de fondo que anuncia que os tempos da definición chegaron.  Seguir lendo

DEREITOS VS DÉBEDA: A nosa saída da crise nin axusta, nin recorta, nin paga débedas ilexítimas.

 

 Deuda Glz#débedaVSdereitos 

  1. De continuar aplicándose as políticas de xestión da crise que agora mesmo se están executando no Sur de Europa e no Estado español, esta pode perfectamente prolongarse entre dez e quince anos máis.
  2. Pero o alargamento da crise non significará, desgraciadamente, que se manteña de xeito estábel unha situación penosa como a de agora; pola contra para a clase traballadora o transcorrer dos anos en crise supoñerá o progresivo empeoramento da súa situación.
  3. Perda de dereitos sociais, salariais e políticos; aumento do paro: incremento dos problemas de vivenda; desaparición de áreas enteiras dos servizos públicos como os de sanidade e educación; ascenso, ata, do fascismo e do nazismo desprovistos de máscaras; perigo, tamén, de guerras e hecatombes ecolóxicas planetarias…  Seguir lendo

As mozas traballadoras en China: buscar unha vida mellor | Jennifer Cheung

ResReaderUnha tarde, á saída do traballo nunha fábrica de propiedade xaponesa no Delta do Río Perla, unha muller nova entrou no Centro de Mulleres Traballadoras “Xirasol”  e recolleu varias copias do boletín de noticias do centro:

“Vouno a repartir entre as miñas irmás na fábrica”, dixo con orgullo.

Era vésperas do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, e o boletín ofrecía historias sobre a orixe do Día da Muller e porqué as mulleres traballadoras en China poden tomarse o día libre. Outras historias inclúen o diario de dúas mozas traballadoras industriais, unha interpretación pedagóxica da lexislación laboral, e a convocatoria dun seminario de formación sobre negociación colectiva.  Seguir lendo

Chamamento público a unhas xornadas para construír “alternativas dende abaixo” | Madrid 7 e 8 de xuño

Tras o 25-S: Manter a presión na rúa ata derrubar ao Goberno. Disolución inmediata do Corpo Antidisturbios da Policía.[Decenas de activistas sociais e políticos do 15-M, das Mareas e militantes de partidos como IU, EQUO ou Izquierda Anticapitalista puxéronse de acordo para impulsar unhas Xornadas públicas tituladas “Como construír a alternativa dende abaixo?”, que se celebrarán en Madrid os próximos 7 e 8 de xuño, nun lugar aínda por determinar. Tras varias reunións previas, as persoas impulsoras da iniciativa decidiron facer público hoxe un blog, onde aparece o texto do chamamento e as primeiras adhesións recibidas.

Nos próximos días, concretarase o programa destas Xornadas, actualmente en discusión, pero que probablemente constará dun acto inicial o venres 7 e obradoiros sobre os temas a debate propostos o sábado 8 pola mañá, para terminar cunha gran asemblea ese día pola tarde.

A continuación reproducimos o chamamento. (Nota do editor de Viento Sur | vientosur.info)] Seguir lendo