Un 1º de Maio para recomezar | Comunicado

debuxo-1FEWFEDO 1 de Maio é unha data emblemática do movemento obreiro: un día de demostración de forza, dignidade e organización dos traballadores e das traballadoras. Para nós non é nin un funeral nin un momento de folclore, senón unha oportunidade para comezar a reconstruír a conciencia de clase, a través da mobilización e do encontro nas rúas dos e das de abaixo. Por iso apostamos por un 1º de maio plural, unitario, onde conflúan as diferentes loitas que atravesan o mundo do traballo: dende as reivindicacións de loitas sectoriais de diferentes empresas ata as loitas contra a feminización da pobreza, pasando pola batalla por un emprego sostíbel dende un punto de visto ecolóxico e a defensa dos servizos públicos.

A clase traballadora estase a enfrontar a duros ataques polas políticas neoliberais dos sucesivos gobernos dos partidos do réxime. Tanto o PP como o PSOE aplican políticas que tratan de minar as conquistas históricas do movemento obreiro, que pretenden atomizar o mundo do traballo, relegándoo ao simple papel de man de obra. O que perseguen as contrarreformas non é tan só empobrecer á sociedade para que o capital recupere as súas taxas gananciais a costa dos salarios (que tamén) senón restarlle poder estratéxico a clase obreira, restándolle capacidade de confrontarse co capital. Seguir lendo

Advertisements

Demofobia | Jorge Moruno

21259_10151391909581769_1929468815_n-282x300Hai quen sofre dunha grave enfermidade, unha enfermidade que se chama demofobia: a fobia, o pánico ao demos, ao pobo e ás multitudes. Téñenlle alerxia á protesta cando se trata de ampliar dereitos sociais á poboación, mais non cando se busca restrinxilos. Para algúns a democracia está baleira de política e de xente, pero chea de mercado e de leis que raramente se aplican aos que máis o merecen. A democracia non é un animal disecado e petrificado nun ordenamento xurídico, a democracia móvese, porque dentro dela hai intereses opostos, identidades distintas e antagonismos. Un deles é a forma na que se reparte a riqueza, xa sexa pola vía dos salarios ou en dereitos sociais; báixanse, sóbense, amplíanse, restrínxense. A democracia non é un simple protocolo, é unha tensión continua en torno ao reparto do poder que xira fundamentalmente sobre dúas orientacións: o de todos para poucos ou o de todos para todos. Seguir lendo

Por que non aumentar os salarios? | Michel Husson

IWW abolition of the wage systemSería algo que melloraría o nivel de vida dos asalariados e relanzaría o consumo, por tanto a actividade económica e por tanto o emprego. Este razoamento ten fundamentos teóricos sólidos e a situación actual proporciona un contra exemplo concreto, posto que a austeridade orzamentaria e salarial afunde a Europa na recesión. Pero quizais pague a pena examinar as obxeccións expostas polos defensores do “rigor”. Seguir lendo

Perante a represión de estudantes en Somosaguas | Comunicado

arton28367-3abf7A mobilización social contra as políticas neoliberais do PP non deixa de medrar nos últimos meses. O actual goberno perdeu toda a lexitimidade que puideran terlle outorgado as últimas eleccións; non só porque está incumprindo día tras día o seu programa electoral, tamén debido a que a súa submisión á troika está levando a amplas capas da sociedade ao paro, a precariedade e a pobreza, como mostran os datos da última Enquisa de Poboación Activa (6.202.700, 27,16%). A esta situación súmase a deslexitimación dun sistema político construído sobre o bipartidismo PP-PSOE, que nas últimas enquisas non alcanzan, entre os dous, o 50% das estimacións de voto. Seguir lendo

Marx e a Comuna. O tempo do reloxo e o tempo das cereixas | Miguel Romero

miguel romeroMiguel Romero é editor de Viento Sur
e militante de Izquierda Anticapitalista

Jáimerai toujours le temps des cerises
Et le souvenir que je garde au coeur!
(…) Mais il est bien court le temps des cerises”

(Sempre amarei o tempo das cereixas
E a lembranza que gardo no meu corazón
(…) Pero é moi curto o tempo das cereixas).

Letra de Jean-Baptiste Clément. Música de Antoine Renard (1866)

“O que temos que facer agora é a crítica despiadada de toda a orde establecida, despiadada no sentido de que a crítica non teme nin ás súas propias conclusións, nin ao conflito cos poderes existentes” (Marx, 1843)

Venerada en discursos e conmemoracións pero ignorada na práctica en tódalas revolucións do século XX, dende a revolución rusa á revolución cubana. A guerra civil en Francia é unha obra fundamental do marxismo. Se pode falarse dunha “política marxista”, a súa base teórica está na “triloxía francesa” que forma xunto con As loitas de clases en Francia e O 18 de Brumario de Luis Bonaparte, e da que constitúe a conclusión: para Marx, o proxecto revolucionario para a “emancipación do Traballo” encárnase na Comuna de París.

Artigo en PDF que podes ler pinchando aquí.

Desmontando unha Farsa Golpista | Sergio Pascual

O sistema electoral venezolano é impecábel. Non o din só os acompañantes electorais ou o Centro Carter, puidérono constatar o propio 14 de abril os máis de 14 millóns de venezolanos que puideron auditar o seu voto, contrastando o comprobante que emiten as máquinas de votación co sentido expresado por eles mesmos no exercicio do seu dereito ao sufraxio.

Até a data non hai nin unha soa denuncia de que o comprobante non coincidise co sentido do voto de cidadán algún e poden estar seguros que os medios de comunicación xa o atoparon se existise. Seguir lendo

Solidariedade co Pobo de Venezuela e con Maduro ante o intento pregolpista da dereita de Capriles.

149042_10151557040422661_2004329079_nTrala vitoria electoral do pasado 14 de abril en Venezuela por parte do candidado do PSUV, Nicolás Maduro -lexítima e limpa segundo os datos que chegan dos diferentes observadores internacionais presentes no proceso-, manifestamos desde a nosa alegría e satisfacción por este triunfo sobre o representante da dereita venezolana, Henrique Capriles, sempre fiel defensor dos intereses das oligarquías reaccionarias. Aínda que desde unha perspectiva revolucionaria cabe facer análises diversas sobre a escasa marxe obtida polo candidato sucesor do falecido presidente Chávez e da súa enorme sombra transformadora, que nestes anos xerou vitorias en cada cita electoral, nestes momentos convulsos o máis importante é denunciar con contundencia aos sectores reaccionarios que saíron con extrema violencia ás rúas de Venezuela para cuestionar os resultados lexítimos e xerar unha inestabilidade social e económica pregolpista próxima á historia de Chile en 1973. Seguir lendo

Precariedade ou Revolución? | Acto Público en Compostela

COMPOS[ O acto será o vindeiro luns 22 ás 19:30 na AULA 3 da facultade de Historia en Compostela]

Cinco anos despois do estoupido da crise económica capitalista, namentres o “estado de excepción” trócase paulatinamente en norma, a mocidade do sur de Europa atópase nunha encrucillada histórica, condenada a escoller entre precariedade ou un exilio non menos precario.

Vivimos nun contexto de austericidio xeneralizado, de destrución de conquistas sociais, de tentativas das clases dominantes de implantar o neoescravismo, de incapacidade (e imposibilidade) da lumpen-oligarquía do Estado Español para facer a menor concesión aos e ás de abaixo.

Seguir lendo

Comunicado de cara o 14 de abril

14abriliiHoxe, hai 82 anos, caía o vello e corrupto réxime monárquico da Restauración, provocando a fuxida de Alfonso XIII e proclamando a II República. Hoxe, o réxime borbónico do seu neto Juan Carlos se tambalea entre escándalos de corrupción e unha forte crise política que cuestiona a Constitución do 78, a 2ª Restauración. Avanza cada vez máis a desprestixio do Rei, herdeiro de Franco e por tanto, do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, á par que medra a deslexitimación de toda a institución monárquica. Nun contexto de crise democrática e de representación, de recorte de deritos sociais e libertades cidadás, acentúase o perfil antidemocrático e feudal da Casa Real. A fonte de lexitimidade da chamada Transición, que non foi outra cousa que o transformismo das elites franquistas baixo o paraugas da democracia formal, esgótase. Seguir lendo