Marxistas sobre a folga xeral: Trotski e Mandel

[Co gallo da Folga Xeral, publicamos estes breves fragmentos de dous dos marxistas e revolucionarios máis importantes do pasado século: Leon Trotski e Ernest Mandel]


Trotski escribía o seguinte no seu A dónde va Francia?:

“La importancia fundamental de la huelga general, independientemente de los éxitos parciales que puede lograr (pero que también puede no lograr), radica en el hecho de que plantea la cuestión del poder de un modo revolucionario. Paralizando las fábricas, los transportes, todos los medios de comunicación en general, las centrales eléctricas, etc., el proletariado paraliza así no solo la producción sino también al gobierno. El poder del Estado queda suspendido en el aire. Debe, ya sea domar al proletariado mediante el hambre y la fuerza obligándolo a poner de nuevo en movimiento la maquinaria estatal burguesa, ya sea retroceder ante el proletariado.
Cualesquiera que sean las consignas y el motivo por los cuales haya surgido la huelga general, si ésta abarca realmente a las masas y si esas masas están decididas a luchar,. la huelga general plantea inevitablemente ante todas las clases de la nación la pregunta: ¿quién va a ser el dueño de la casa?”



E Mandel facía o propio no seu Leccións de maio do 68:

“¿Quién mandará sobre las máquinas? ¿Quién decidirá las inversiones, su orientación, su localización? ¿Quién determinará el ritmo de trabajo? ¿Quién elegirá el abanico de productos a fabricar? ¿Quién establecerá las prioridades en el empleo de los recursos productivos de que dispone la sociedad? Pese al intento de reducir la huelga general a un problema de retribución de la fuerza de trabajo, la realidad económica y social obliga y seguirá obligando a todo el mundo a discutir el problema fundamental, tal como Marx lo formuló: no sólo aumentos de salarios, sino supresión del salariado.”

Advertisements

Vídeo de Izquierda Anticapitalista cara o 29M

[Se ista batalla que hai que manter agora non se libra de xeito consecuente, cada vez será máis difícil defenderse e os nosos dereitos desaparecerán. Organicemos pois a loita e poñamos fin a unha Reforma Laboral que só serve aos banqueiros, grandes empresarios e políticos corruptos! Esta Folga Xeral do 29M, que Esquerda Anticapitalista impulsará con vocación unitaria con tódalas súas forzas… Será só o comezo!]


Comunicado de Esquerda Anticapitalista Galega de cara á folga xeral do 29M

A reforma laboral do PP é o ataque máis duro contra a clase traballadora e o movemento obreiro en moito tempo.  E isto non é unha política nova, senón que é un paso máis da dinámica neoliberal na que levamos imbuídos os últimos 30 anos. Esa dinámica neoliberal consiste en desregular o mercado laboral para facilitar os despedimentos e as baixadas salariais, aumentando os beneficios dos capitalistas a costa da clase traballadora.

Pero aínda que o interese económico sexa o motivo principal da reforma laboral do Partido Popular, tamén existe un interese político de fondo. A nivel político, estas contrarreformas teñen como obxecto destruír a capacidade de negociación colectiva da clase traballadora. A nova unidade básica de negociación dos convenios deixa de ser o sector ou a provincia para ser o centro de traballo. Iso ten como obxectivo atacar a capacidade dos traballadores de unírense fronte ao empresario, fomentando a competencia entre traballadores.
A reforma laboral non ten como obxecto xerar emprego, senón facilitar o despedimento. Calquera traballador poderá ser despedido por causas tan arbitrarias como “baixa produtividade” ou a “previsión de perda de beneficios da empresa”. Ademais, fomenta os contratos temporais e ataca aos empregados públicos, que xa levan décadas sufrindo unha campaña de calumnias que os converte en vagos e parasitos, abrindo o camiño a unha profunda reestructuración do emprego no sector publico.
En resumo, o obxectivo desta reforma non é outro que xerar un marco laboral precarizado, con baixos salarios, sen traballadores que protesten ou sindicatos que teñan capacidade de negociar nunha posición de forza.

Como chegamos ata aquí?

Os ataques contra os traballadores non son patrimonio do Partido Popular. O PSOE aprobou hai mais dun ano, xusto antes de perder as eleccións, unha reforma que abría o camiño ao que hoxe nos presenta o Partido Popular. Todo isto combinado con axudas multimillonarias á banca e o sector privado. Contra aquela reforma celebrouse unha folga unitaria o 29 de setembro que non tivo continuidade, agás na Galiza e en Euskal Herria, onde CIG LAB e ELA convocaron folgas xerais o 27 de xaneiro.

A estratexia das cúpulas sindicais de CCOO e UGT durante as ultimas décadas foi o dialogo e pacto social, combinados con mobilizacións puntuais, pero sen convicción nin alternativas ás políticas neoliberais. As estratexias das burocracias sindicais pódense cualificar de fracaso no obxectivo de defender á clase traballadora dos ataques da burguesía: máis de 5 millóns de parados, a taxa de paro xuvenil máis alta de Europa, baixos salarios, precariedade laboral….  A consecuencia é que moitos traballadores e traballadoras non confíen nos sindicatos, aínda que moitos deles seguen a telos como referencia ante a falta de alternativas.

A folga xeral do 29 de marzo na Galiza

A CIG, xunto aos sindicatos vascos ELA e LAB foi o primeiro sindicato en lanzar a convocatoria de folga contra a reforma laboral, combinando a convocatoria con asembleas informativas nas rúas. CCOO e UGT sumáronse máis tarde a esta convocatoria, pero só despois de fracasar os seus intentos de negociar co PP. Isto demostra que un sector moi importante da militancia activa da CIG comprendeu a gravidade desta reforma e tamén demostra o profundamente perdidas que están as direccións de CCOO e UGT.

A cuestión é que facer despois de que CCOO e UGT se sumaran á folga, unha vez convocada o mesmo dia. A unidade convértese nun eixe imprescindíbel. Por iso parécenos acertado que as centrais sindicais decidiran actuar unidas nos centros de traballo: é un paso previo moi necesario para animar á participación dos traballadores. O que non parece tan acertado é que as manifestacións sexan por separado. Nós estamos lonxe de simplificar o problema: é evidente que a existencia de tres convocatorias diferentes o dia 29 de marzo responde a dinámicas que veñen dándose durante moito tempo e tamén á existencia de formas diferentes de entender o sindicalismo. A CIG, a nivel xeral e con todos os seus defectos, mantivo durante estes últimos anos unha posición máis combativa, sen caer nunha espiral de pactos sociais favorábeis ao empresariado, como fixeron CCOO e UGT. Estas posicións diferentes xeran, evidentemente, posicións de rexeitamento entre os activistas sindicais da CIG, que non entenden nin comparten as posicións pactistas de CCOO e UGT.

Sen embargo, a estratexia sindical debe ver mais alá desas dinámicas: unha manifestación unitaria ,que inclua tamén a sindicatos minoritarios como CGT ou CUT, daría máis forza ás mobilizacións, xa que moitos traballadores e traballadoras non adscritos a ningún sindicato non entenden o porque de manifestacións separadas o día da folga. Ademais, permitiría aos traballadores contrastar dúas estratexias diferentes. Por outra banda, moitos traballadores vinculados a CCOO e UGT non comparten as posicións das súas cúpulas sindicais: a confluencia nas mobilizacións podería contribuír a xerar unha dinámica máis combativa dentro das bases de UGT e CCOO, así como reactivar a moitos afiliados da CIG que moitas veces non participan no seu sindicato. É moi importante para o éxito da mobilización que os sindicatos poñan os intereses da clase traballadora antes que os seus intereses como organización ou aparato.

Preparar a folga, baleirar os postos de traballo, encher as rúas ….   e logo? 

Esta mobilización debe estenderse moito máis alá dos traballadores que tradicionalmente se mobilizan. O núcleo das mobilizacións sindicais dos últimos anos está composto fundamentalmente por traballadores do sector publico ou de sectores como o metal-naval, moi estruturados polo modelo fordista ou pola súa seguridade laboral, sen lograr vincular os problemas dunha nova clase traballadora máis nova, subproduto da nova estrutura económica do capitalismo: son os traballadores de Telemarketing, dos centros comerciais, das cadeas de comida rápida, dos supermercados… Estes traballadores non coñecen mais que precariedade, pois nunca gozaron directamente das conquistas que outros sectores da clase traballadora si viviron. Se algo fai esta reforma laboral é precarizar a todos os traballadores e traballadoras, independentemente do seu sector produtivo, ou se traballan na función pública ou en empresas privadas. Cómpre, pois, informar e chegar a todos os sectores da clase traballadora.

Os estudantes, as amas de casa, os traballadores desempregados, os autónomos: todos eles tamén están afectados polas consecuencias desta reforma laboral. É moi importante vincular a todos estes sectores para conformar unha maioría social capaz de presentar un pulso sostido no tempo ao goberno do PP. Unha estratexia de mobilización continuada, que tamén teña como obxectivo xerar unha “masa critica” ás políticas neoliberais do PP e do PSOE. 

Esta folga ten que ser un primeiro paso para conseguir xerar conciencia, fortalecer a organización dos traballadores e presentar modelos sindicais máis participativos e combativos. Os militantes de Esquerda Anticapitalista Galega están xa nas rúas, facendo propaganda da folga entre todos os sectores afectados polas políticas do PP.

Porque o 29M será só o comezo..


Fragmentos de Marx: sobre a alienación

[Con este fragmento da Ideoloxía Alemá iniciamos a publicación de fragmentos da obra de Marx. Neste texto, Marx esboza maxistralmente o concepto de alienación]

“Instrumentos de produción e formas de propiedade naturais e civilizados”
Resultados da concepción materialista da historia

1.

Atopámonos, pois, aquí ante dous feitos. En primeiro lugar, vemos que as forzas produtivas aparecen como forzas totalmente independentes e separadas dos individuos, como un mundo propio ao lado destes, o que ten a súa razón de ser no feito de que os individuos, cuxas forzas son aquelas, existen diseminados e en contraposición os uns cos outros, ao paso que estas forzas só son forzas reais e verdadeiras no intercambio e a cohesión entre estes individuos. Polo tanto, dunha parte, unha totalidade de forzas produtivas que adoptan, en certo modo, unha forma material e que para os mesmos individuos non son xa as súas propias forzas, senón as da propiedade privada e, polo tanto, só son as dos individuos en canto propietarios privados. En ningún outro período anterior chegaran as forzas produtivas a revestir esta forma indiferente para o intercambio dos individuos como tales individuos, porque o seu intercambio era aínda limitado. Por outra parte, a estas forzas produtivas enfróntase a maioría dos individuos, de quen se esgarraron estas forzas e que, polo tanto, despoxados de todo contido real de vida, convertéronse en individuos abstractos e, xa que logo mesmo, só entón se ven postos en condicións de relacionarse os uns cos outros como individuos.


2.

A única relación que aínda manteñen os individuos coas forzas produtivas e coa súa propia existencia, o traballo, perdeu neles toda aparencia de actividade propia e só conserva a súa vida empequenecéndoa. Mentres que nos períodos anteriores a propia actividade e a creación da vida material aparecían separadas polo feito de atribuírse a persoas distintas, e a creación da vida material, pola limitación dos individuos mesmos, considerábase como unha modalidade subordinada da propia actividade, agora estes dous aspectos desdóbranse de tal modo, que a vida material pasa a ser considerada como o fin, e a creación desta vida material, o traballo (agora, a única forma posíbel, pero forma negativa, como veremos, da propia actividade), revélase como medio.

3.

As cousas, polo tanto, foron tan lonxe, que os individuos necesitan apropiarse a totalidade das forzas produtivas existentes, non só para poder exercer a súa propia actividade, senón, en xeral, para asegurar a súa propia existencia. Esta apropiación áchase condicionada, ante todo, polo obxecto que se trata de apropiar, é dicir, polas forzas produtivas, desenvolvidas agora ata converterse nunha totalidade e que só existen dentro dun intercambio universal. Polo tanto, esta apropiación deberá necesariamente ter, xa desde este punto de vista, un carácter universal en consonancia coas forzas produtivas e co intercambio. A apropiación destas forzas non é, de seu, outra cousa que o desenvolvemento das capacidades individuais correspondentes aos instrumentos materiais de produción. A apropiación dunha totalidade de instrumentos de produción é xa de por si, conseguintemente, o desenvolvemento dunha totalidade de capacidades nos individuos mesmos. Esta apropiación áchase, ademais, condicionada polos individuos que se as apropian. Só os proletarios da época actual, totalmente excluídos do exercicio da súa propia actividade, áchanse en condicións de facer valer a súa propia actividade, íntegra e non limitada, consistente na apropiación dunha totalidade de forzas produtivas e no conseguinte desenvolvemento dunha totalidade de capacidades.

4.

Todas as anteriores apropiacións revolucionarias tiveron un carácter limitado; individuos cuxa propia actividade víase restrinxida por un instrumento de produción e un intercambio imlitado, apropiábanse este instrumento limitado de produción e, con iso, non facían, polo tanto, máis que limitalo novamente. O seu instrumento de produción pasaba a ser propiedade súa, pero eles mesmos víanse absorbidos pola división do traballo e polo seu propio instrumento de produción; en cambio, na apropiación polos proletarios é unha masa de instrumentos de produción a que ten necesariamente que verse absorbida por cada individuo e a propiedade sobre eles, por todos. O moderno intercambio universal só pode verse absorbido entre os individuos desde que se vexa absorbido por todos.

5.

A apropiación áchase, ademais, condicionada polo modo como ten que levarse a cabo. En efecto, só pode levarse a cabo mediante unha asociación, que, dado o carácter do proletariado mesmo, non pode ser tampouco máis que unha asociación universal, e por obra dunha revolución na que, dunha parte, se derroque o poder do modo de produción e de intercambio e a organización social correspondente e na que, doutra parte, se desenvolvan o carácter universal e a enerxía que o proletariado necesita para levar a cabo a apropiación, ao par que o mesmo proletariado, pola súa banda, despóxase de canto poida quedar nel da posición que ocupaba na anterior sociedade.

6.

Soamente ao chegar a esta fase coincide a propia actividade coa vida material, o que corresponde ao desenvolvemento dos individuos como individuos totais e á superación de canto hai neles de natural; e a iso corresponde a transformación do traballo en propia actividade e a do intercambio anterior condicionado en intercambio entre os individuos en canto tales. Coa apropiación da totalidade das forzas produtivas polos individuos asociados, termina a propiedade privada. Mentres que na historia anterior manifestábase sempre como fortuíta unha especial condición, agora pasa a ser fortuíta a disociación dos individuos mesmos, a adquisición privada particular de cada un.

7.

Os filósofos representáronse como un ideal, ao que chaman “o home”, aos individuos que non se ven xa absorbidos pola división do traballo, concibindo todo este proceso que nós acabamos de expoñer como o proceso de desenvolvemento “do home”, para o que baixo os individuos que ata agora vimos actuar en cada fase histórica deslízase o concepto “do home”, presentándoo como a forza propulsora da historia. Deste xeito, concíbese todo este proceso como o proceso de autoalienación “do home”, e a razón principal de iso está en que constantemente se atribúe por debaixo de corda o individuo medio da fase posterior á anterior e a conciencia posterior aos individuos anteriores. E este investimento, que de antemán fai caso omiso das condicións reais, é o que permite converter toda a historia nun proceso de desenvolvemento da conciencia.

8.

Resumindo, obtemos da concepción da historia que deixamos exposta os seguintes resultados: 1.° No desenvolvemento das forzas produtivas, chégase a unha fase na que xorden forzas produtivas e medios de intercambio que, baixo as relacións existentes, só poden ser fonte de males, que non son xa tales forzas de produción, senón máis ben forzas de destrución (maquinaria e diñeiro); e, o que se acha intimamente relacionado con iso, xorde unha clase condenada a soportar todos os inconvenientes da sociedade sen gozar das súas vantaxes, que se ve expulsada da sociedade e obrigada a colocarse na máis resolta contraposición a todas as demais clases; unha clase que forma a maioría de todos os membros da sociedade e da que nace a conciencia de que é necesaria unha revolución radical, a conciencia comunista, conciencia que, naturalmente, pode chegar a formarse tamén entre as outras clases, ao contemplar a posición na que se acha colocada esta; 2º que as condicións nas que poden empregarse determinadas forzas de produción son as condicións da dominación dunha determinada clase da sociedade, cuxo poder social, emanado da súa riqueza, atopa a súa expresión idealista-práctica na forma de Estado imperante en cada caso, razón pola cal toda loita revolucionaria está necesariamente dirixida contra unha clase, a que ata agora domina; 3º que todas as anteriores revolucións deixaron intacto o modo de actividade e só trataban de lograr outra distribución desta actividade, unha nova distribución do traballo entre outras persoas, ao paso que a revolución comunista está dirixida contra o modo anterior de actividade, elimina o traballo e suprime a dominación das clases ao acabar coas clases mesmas xa que esta revolución é levada a termo pola clase á que a sociedade non considera como tal, non recoñece como clase e que expresa xa de por si a disolución de todas as clases, nacionalidades, etc., dentro da actual sociedade; e 4º que, tanto para xerar en masa esta conciencia comunista como para levar adiante a cousa mesma, é necesaria unha transformación en masa dos homes, que só poderá conseguirse mediante un movemento práctico, mediante unha revolución; e que, polo tanto, a revolución non só é necesaria porque a clase dominante non pode ser derrocada doutro modo, senón tamén porque unicamente por medio dunha revolución logrará a clase que derruba saír da lama na que está afundida e volverse capaz de fundar a sociedade sobre novas bases.


Marx, Engels, A Ideoloxía alemá, I, B, 3, 1845

Esquerda Anticapitalista: QUEN SOMOS

Comunicado post-congresual:

1) No II Congreso de Izquierda Anticapitalista o 82% da militancia aprobou as teses presentadas pola dirección saínte. Izquierda Anticapitalista abandona a forma xurídica de partido adoptando a forma legal de asociación, apostando por construír un movemento anticapitalista.

cropped-10358558_1408150529483598_3821729787987962451_n.png 2) Non nos disolvemos: mutamos. Pasamos a denominarnos movemento “Anticapitalistas”.

3) Seguimos apostando por construír Podemos como cando o fundamos xunto con outros compañeiros e compañeiras; un instrumento electoral útil para a maioría social traballadora, que ten como obxectivo ser a ferrame
nta que permita construír un goberno ó servizo d@s de abaixo, con moitos máis actores políticos e sociais. “Anticapitalistas” ten como obxectivo contribuir a esa victoria.

 4) Non é suficiente gañar las eleccións para conquistar o poder. Por iso traballamos por un programa rupturista coas políticas das elites económicas e políticas que nos gobernan, coa tarefa de repartir a riqueza entre @s que a crean. A creación dun poder popular e o fortalecemento de movementos sociais autónomos é fundamental para “Anticapitalistas” e imprescindible para botar ás elites: auto-organización dende abaixo, transferencia do poder de facer e decidir a institucións formadas pola xente.

5) Esquerda Anticapitalista Galega, como organización confederada dentro de Izquierda Anticapitalista, cambia o seu nome polo de “Anticapitalistas Galiza”, mantendo a súa total soberanía e o seu compromiso político e financeiro coas actividades, a liña estratéxica e a orientación politica de “Anticapitalistas”.

Entrevista a Tariq Alí: "A maioría da xente de Siria quere que o clan Assad se vaia"

[O escritor e activista dixo que unha intervención externa en Siria sería desastrosa e levaría a un baño de sangue. Afirma que China e Rusia están nunha posición forte para traer o cambio sen violencia.Transcrición da entrevista con Tariq Alí na Russia Today 15 de febreiro.]

O Presidente Assad parece estar agarrado ao poder en Siria. Pensas que hai alguna hipótese de que caia nun futuro próximo?


Parece improbable que saia voluntariamente. Debe ser empurrado. O pobo sirio está, obviamente, facendo todo o posible dentro do país. Aínda máis perigosas son as presións externas, especialmente de Estambul e da OTAN para intentar organizar unha intervención. Isto sería desastroso e levar a un baño de sangue masivo. Moito, moito peor que o que pasou en Libia.
A mellor forma sería a presión forte de países que non son vistos como hostís á Siria, Rusia e China, e outros. E que a presión interna se manteña. Cómpre dicirlle a-Assad, en termos claros que se ten que ir, que se seu pai derramou moito sangue en Siria, el está facendo o mesmo, que esta familia é inaceptable e que este país necesita un gobernó nacional non-sectario que prepare unha nova constitución.



Os líderes árabes están a defender o enviar a Siria unha forza de paz da Liga Árabe e da ONU. O presidente Assad xa rexeitou esta proposta. ¿Que pensas da idea?


Non creo que sexa unha boa idea a de enviar unha chamada “forza de mantemento da paz.” En primeiro lugar, necesitamos ver o que é a Liga Árabe. A Liga Árabe é esencialmente unha organizaciónmoribunda á que se lle dá vida cando Occidente precisa dela. Non tivo un papel activo nos últimos 25 anos, en calquera sentido positivo, na rexión. Non parou a guerra en Iraq, apoiou a guerra en Libia, e vai ser usada probablemente como un representante para tentar empurrar a intervención de tropas estranxeiras en Siria, á cal me opoño totalmente. Se hai unha cousa que penso que Siria non necesita é precisamente de exércitos estranxeiros. Vimos o que iso significou en Iraq, xa vimos o que pasou en Libia.


Pero a implicación da Liga Árabe, que é unha especie de un grupo rexional, non sería mellor que a implicación da ONU ou da OTAN, que son organizacións externas?


É bo ter observadores, sempre que fagan o seu traballo correctamente. Pero tropas estranxeiras? Quen serán os soldados estranxeiros enviados pola Liga Árabe? Sauditas ou qataríes ¿? Son estes os grandes exemplos de democracia na rexión? Ridículo, non ten sentido. Eu creo que é necesario manter a presión externa sobre Assad. A presión non violenta permanente que diga que se ten que ir agora. Eu creo que chineses e rusos están agora nunha posición de forza para facelo, dicindo nós evitamos efectivamente unha intervención en Siria, pero Assad se ten que ir agora. E poner en pé un goberno nacional.
Os outros que, obviamente, son capaces de presionar a Assad son os iranianos e Hezbollah. Todas esas forzasteñen que ver agora que é imposible que Siria segua a estar rexida por esta familia, a camarilla sectaria gobernante. Canto máis cedo saian, mellor para Siria.


En termos de forzas externas, a Liga Árabe decidiu suspender todas as relacións económicas e políticas co goberno sirio. Pensa que iso terá algún efecto práctico?


Probablemente non. Porque outros países non o van facer, os iranianos non van facer o mesmo e son un importante socio comercial, e Líbano tampouco creo que se vaia implicar a ese nivel. Así, non vai ter un gran impacto. Eu creo queo único idioma entendido polo clan Assad e os militares que o rodean é unha postura moi firme de China e de Rusia. Eu creo que están nunha posición forte para traer o cambio sen violencia.


Ve a Siria quedándose cada vez máis illada na rexión, e que efecto terá ese illamento en Irán?


Eu creo que están quedando illados. Creo que os iranianos son un Estado independente, un dos poucos estados soberanos na rexión e que saben coidar de si mesmos. Non creo que a caída de Assad afectase a Irán, porque sería un interese do goberno sirio, se fose democrático e representativo, manter boas relacións con todos estes países.
Teño que dicir que cando miramos para o que Occidente fixo en relación ao levantamento e á crise en Iemen, onde a matanza continúa, o que está facendo en Siria non se sostén. O ex presidente iemení está a ter tratamento médico nos Estados Unidos. Este dobre estándar levanta moitas sospeitas sobre os motivos de Occidente. E os principais países que están presionando por unha intervención externa en Siria son Arabia Saudita e Qatar. Esencialmente, a eles lles gostaría ter unha versión siria dos Irmáns Musulmáns que gobernase o país. Ese é o novo acordo para a rexión árabe, e os Estados Unidos van a seguilo, como fixeron no pasado.


Di que China e Rusia están agora nunha posición negociadora moi forte. Con todo, a visita do Ministro Lavrov á Siria non parece haber tido ningún efecto até o de agora.


Creo que no caso de que sigan así, e o clan Assad e familia se negan a saír e abandoar o seu puño de ferro do país, máis tarde ou máis cedo alguna cousa desastrosa vai pasar. Posiblemente incluíndo algún tipo de intervención externa. E como vai acabar isto? Eu non creo que eles queiran acabar coma Gaddafi ou Saddam Hussein, linchado pola multitude ou por tropas estranxeiras. Ese é o futuro que teñen de fronte, non hai outro.


Imos falar sobre a complexidade de forzas en Siria neste momento. Tivemos información de que existen forzas británicas e de Qatar que operan clandestinamente en Siria. Pensas que isto pode ser verdade?


É perfectamente posible. As forzas británicas e de Qatar actuaron ilegalmente en Libia, moito antesde que iso foise feito publico, e agora o sabemos. Isto é o que eles fan, intervir neses conflitos para desvialos na dirección que eles queren. Non teño ningunha proba diso, pero non me sorprendería nada que o estivesen facendo.


E en canto aos iranianos? Houbo informacións, que foron desmentidas, que falan de 15 000 soldados iranianos camiño de Siria.


Iso non o sei. Penso que ante as presións que Irán está a sufrir neste momento, de Occidente, coa Unión Europea impoñendo sancións, os americanos facendo ameazas e os israelíes
querendo bombardear sería moi estrano que enviaran tropas ao exterior. Pero non temos probas, nin das tropas británicas e qataríes, nin das iranianas. Se digo que unha é posíble, a outra tamén podería ser posible, as dúas sería unha tolería.


Vimos a propagación da violencia dende a cidade de Homs a unha segunda cidade, Aleppo , e os Estados Unidos din que Al Qaeda está implicada niso.Se Siria está substancialmente infiltrada por terroristas, que pensa que vai a ocorrer? Dará a Occidente unha escusa para promover algún tipo de operación militar no país? Ou, por outra banda, deixarán aos terroristas facer o seu traballo de derrubar o presidente Assad?


Poden facelo, Al Qaeda está actualmente moi feble, úsase principalmente para asustar aos nenos da casa. Ten moi pouca forza militar. O seu líder, Zawahiri, difundiu un comunicado dicindo que el é parte da loita para derrubar a Assad. Pero ten moi pouca forza e non creo que debamos darlle moito crédito ás palabras de Al Qaeda ou esaxerar a ameaza que representa. O feito é que a esmagadora maioría do pobo sirio quere a familia Assad fora. Esa é a cuestión fundamental que necesitamos entender e que el ten que entender.


Moitos comentaristas, referíndose a primavera árabe en xeral, dixeron que a violencia e a incerteza dos seus resultados permitirán á Irmandade Musulmá aparecer como a única organización que é capaz de sacar proveito dela. Ten medo que isto ocorra en Siria?


Ben, eu non os apoio politicamente, non creo que sexa o interese de Siria ter un goberno islámico moderado ou extremista. Parece que o patrón é dicir agora que o modelo turco, o do goberno turco, é o mellor modelo para o mundo árabe. Disinto totalmente con iso. Ademais, eu non creo que sexa un bo modelo nin para Turquía. Pero o feito é que, si fose o único poder no país e houbera eleccións , van chegar ao poder, como na Tunisia e en Exipto. Temos que afrontar isto. Eu vexo estes grupos como partidos islámicos semellantes aos demócratas-cristiáns, organizacións socialmente conservadoras, pero perfectamente satisfeitas en seguir as tendencias económicas que dominan Occidente e por manter relacións con Estados Unidos. O fixeron antes, os turcos son un forte membro da OTAN e estes países probablemente seguirán o mesmo camiño. Agora, se isto é o que realmente quere o pobo árabe, isa é unha cuestión moi diferente.


Isto fai parecer aos Irmáns Musulmáns coma unha alternativa benigna. Pensas que as minorías cristiás e outras teñen algo que temer da parte deles?


Sempre hai no interior dos partidos islámicos moderados unha corrente que pensa que non poidendo ofrecer ao pobo o que realmente queren, que é un nivel de vida decente, unha rede de seguridade social, desvían a atención atacando minorías. Os Irmáns Musulmáns xa o fixeron en relación aos coptos en Exipto e non é imposible que, se aparecesen en Siria, rematasen facendo o mesmo. Iso non é de forma algunha unha cousa boa, pero temos que esperar e ver. Se fose o que a maioría do pobo realmente quere, entón vai acabar pasando.

Comunicado de Esquerda Anticapitalista ante a violencia policial no País Valencià

As violentas actuacións policiais que comezaron coa detención dun estudante do IES Luís Vives de Valencia o día anterior á Folga do pasado xoves 16 de febreiro . Onte. día 20, as forzas policiais entraron no IES Luis Vives e se produxeron novas agresións e detencións: ás 10 da noite continuaba a pugna entre policía e manifestantes fronte o mesmo instituto e á Estación del Norte da cidade, mentres o total de persoas detidas elevábase xa a vinte e unha.


As protestas estudantís tiveron como orixe a escalada de recortes no ensino público, cuxo último peldaño foi o decreto de medidas urxentes para a redución do déficit do Consell de la Generalitat Valenciana do 5 de xaneiro. O decreto veu seguido – con só un mes de distancias entre ambos- pola Reforma Laboral aprobada polo goberno estatal do PP.  No País Valencià producíronse xa unha cadea de accións de protestas masivas, comezando pola manifestación en defensa do ensino público do 21 de xaneiro, a do conxunto da Administración Pública do 26 dese mesmo mes, a manifestación estudantil do 16 de febreiro e as manifestacións contra a Reforma Laboral do pasado domingo 19.